Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Entrega premio Losada Diéguez 2009
Acto de entrega do Premio Losada Diéguez 2009

Gañadores

Véxase tamén

Outros artigos

Antón Losada

O nome de Antón Losada pode referirse a:

Antón Losada Diéguez, escritor e investigador galego, membro da xeración Nós (1884 - 1929).O Premio Antón Losada Diéguez, que ten dúas categorías, creación literaria e investigación.Antón Losada Trabada, xornalista, escritor e político galego (n. 1966).

Claudio Rodríguez Fer

Claudio Rodríguez Fernández, coñecido como Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais.

Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras Novelle, nado en Lausana o 5 de novembro de 1976, pero criado en Ourense, é un xornalista e escritor galego.

Domingo Villar

Domingo Villar, nado en Vigo en 1971, é un escritor galego de novela negra. Os seus libros foron traducidos a nove linguas.

Francisco Calo Lourido

Francisco Calo Lourido, nado en Porto do Son en 1948, é un antropólogo e arqueólogo galego.

Francisco Fernández Rei

Francisco Fernández Rei, nado en Fefiñáns (Cambados) o 30 de novembro de 1952, é un filólogo galego. Exerce a docencia na USC, sendo catedrático de Filoloxía Románica desde 1992.

Historia da literatura galega (Xerais)

A Historia da literatura galega é unha obra en catro tomos escrita por Xosé Ramón Pena e publicada por Edicións Xerais de Galicia en 2013, 2014, 2016 e 2019, respectivamente. O tomo IV chega ata 1975 e está prevista a continuación. A edición correu a cargo de Anaír Rodríguez. Os libros, que non levan ilustración interior ningunha, carecen, tamén, de índice onomástico, a diferenza dalgún dos outros títulos da mesma temática, que si o teñen. A obra recibiu un Premio Fervenzas Literarias (2014), un Premio da Crítica Galicia (2015) e un Premio Antón Losada Diéguez (2017).

Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un profesor e escritor galego.

Inma López Silva

Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.

Manuel Caamaño Suárez

Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936, é un aparellador e escritor galego.

Morgana en Esmelle

Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.

Na maleta

Na maleta é unha novela de Xurxo Borrazás, publicada por Sotelo Blanco en 2000. Recibiu o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2001.

Pablo Carpintero Arias

Pablo Carpintero Arias, nado en Castro (Carballedo) o 20 de abril de 1969, é un músico, artesán e investigador galego. É doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela onde foi profesor de bioquímica. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupos de recuperación de tradicións musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia.

O seu traballo como investigador abrangue principalmente a evolución da morfoloxía e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así como o estudo dos diversos instrumentos musicais tradicionais galegos, temas sobre os que ten varios libros publicados. En 2009 recibiu o premio Antón Losada Diéguez de investigación e ensaio polo seu libro Os instrumentos musicais na tradición galega. Recibiu tamén o premio Marqués de Lozoya 2013 polo seu traballo de investigación sobre a requinta da Ulla (frauta traveseira tradicional).

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.

Xosé Benito Reza

Xosé Benito Reza Rodríguez, nado en Celanova o 16 de abril de 1956, é un enxeñeiro de montes e escritor galego.

Xosé Fernández Ferreiro

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.

Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Xulia Alonso Díaz

Xulia Alonso Díaz, nada na Rúa o 12 de decembro de 1961, é unha escritora galega.

Xurxo Borrazás

Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.