Preferente Galicia

A Preferente Galicia[1] é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Preferente Galicia
Fundación1940
RexiónGalicia
Equipos40
AscensoTerceira División
DescensoPrimeira Galicia
OrganizadorFGF
Sitio webfutgal.es
Soccerball current event.svg Preferente Autonómica 2018–19

Historia

Inicialmente, a Serie A era a máxima categoría do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol, ata que, en 1940, a Real Federación Española de Fútbol ordenou cun decreto a supresión de facto de tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia, excluíndo da participación nos mesmos aos clubs que xa militasen simultaneamente en categorías estatais[2] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que a partir de entón sería outorgada segundo a posición final acadada nas ligas estatais e non mediante os campionatos rexionais[3]. A decisión da RFEF transformou a Serie A na primeira categoría territorial de Galicia dentro do sistema de divisións estatal, facendo que os equipos galegos que militaban en divisións estatais xa non tomasen parte da Serie A. Denantes de 1940, os clubs galegos que xogaban en categorías estatais tamén participaban na Serie A do Campionato de Galicia ao mesmo tempo.

A pesar dos cambios, mantívose a denominación Serie A proveniente do campionato recentemente suprimido durante varias décadas ata que a competición trocou o seu nome polo de Preferente.

Sistema de competición

Preferente1011
Distribución xeográfica dos equipos que xogan na Preferente Galega, tempada 2010-11

A categoría está formada por 40 equipos repartidos en dous grupos de 20:

Aínda que esta é a norma xeral, na tempada 2010–11 a Preferente Norte contou con 21 equipos logo do descenso administrativo da SD Compostela e dado que os equipos con opcións de ascender no seu sitio, o CD Dorneda e o CD Choco, non puideron aboar a cantidade que lles esixía a Federación Galega de Fútbol para a compra da praza[4].

Ao finalizar a tempada, os primeiros e os segundos de cada grupo ascenden directamente ao grupo 1 da Terceira División. Os terceiros de cada grupo xogan unha promoción de ascenso entre si, pero o cambio de categoría depende do que suceda cos ascensos e descensos entre a Segunda B e a Terceira. Os tres últimos equipos descenden á Primeira Autonómica de Galicia.

Participantes

Preferente Norte

Equipo Lugar Estadio
Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol A Coruña Elviña Grande
Club Lemos Monforte de Lemos A Pinguela
Atlético Arteixo Arteixo Campo municipal de Arteixo
Club Deportivo Boiro Boiro A Barrana
Sociedade Deportiva Dubra Val do Dubra Municipal de Bembibre
Club Deportivo Foz Foz Martinez Otero
Sociedade Deportiva e Cultural Galicia Mugardos A Pedreira
Laracha Club de Fútbol A Laracha Municipal de Laracha
Club de Fútbol Noia Noia San Lázaro de Noia
Viveiro Club de Fútbol Viveiro A Cantarrana
Ribadeo Fútbol Club Ribadeo Pepe Barrera
San Tirso Sociedad Deportiva Abegondo O Monte
Puebla Club de Fútbol A Pobra do Caramiñal A Alta
Sociedade Deportiva Sarriana Sarria Estadio municipal de Ribela
Xallas Fútbol Club Santa Comba A Fontenla
Sociedade Deportiva Cultural Residencia Lugo A Cheda
Sociedad Deportiva Sofán Carballo O Carral
Boimorto Club de Fútbol Boimorto O Carballal
Sociedad Deportiva Fisterra Fisterra Ara Solis
Sigüeiro Fútbol Club Sigüeiro, Oroso, Oroso Lino Balado

Preferente Sur

Equipo Lugar Estadio
Villalonga Club de Fútbol Sanxenxo San Pedro
Club Deportivo Cultural Areas Ponteareas A Lomba
Pontevedra Club de Fútbol B Pontevedra A Xunqueira I
Porriño Industrial Club de Fútbol O Porriño O Lourambal 2
Portonovo Sociedade Deportiva Portonovo, Adina, Sanxenxo Baltar
Club Xuventude Sanxenxo Sanxenxo Baltar de arriba
Unión Deportiva Atios O Porriño O Carballo
Unión Deportiva Barbadás Barbadás Os Carrís
Céltiga Fútbol Club A Illa de Arousa Salvador Otero
Club Juventud Cambados Cambados Municipal de Burgans
Club deportivo ribadumia Ribadumia Novo A Senra
Club Deportivo Valladares Vigo A Gándara
Mondariz CF Mondariz A Lagoa
SD juvenil Ponteareas Ponteareas Pardellas
Club Deportivo Moaña Moaña O Casal
Atlético Arnoia A Arnoia A Queixeira
Polígono San Ciprian Club de Fútbol San Cibrao das Viñas Antonio Gonzalez Blanco
CD Beluso Beluso, Bueu As Laxes
CD Velle Ourense Santa Marta
Gran Peña Fútbol Club Vigo Barreiro

Historial

Tempada Campión Equipos que ascenderon a Terceira
1940-41 Vigués FC Vigués FC
1941-42 Club Coruña Non houbo ascensos
1942-43 Lugo Sporting UD Ourensana e Pontevedra CF
1943-44 Club Turista Club Turista
1944-45 Rápido de Bouzas Non houbo ascensos
1945-46 Deportivo Xuvenil Deportivo Xuvenil
1946-47 CD Coia Arousa
1947-48 Club Turista Non houbo ascensos
1948–49 Club Lemos Club Lemos
1949–50 Marín Non houbo ascensos
1950–51 Club Turista Non houbo ascensos
1951–52 Marín Marín
1952–53 Club Turista Club Turista
1953–54 Fabril Fabril
1954–55 Club Arenal Non houbo ascensos
1955–56 CD Santiago CD Santiago e Marín
1956–57 CD Cambados CD Cambados, Choco e Club Arenal
1957–58 SD Avenida Pontevedra CF e Viveiro
1958–59 Club Lemos Club Lemos e Coruxo
1959–60 Marín Marín e Choco
1960–61 Couto Couto e Alondras
1961–62 Foz Foz e Bueu SD
1962–63 SD Compostela SD Compostela e Choco
1963–64 As Pontes As Pontes e Arenteiro
1964–65 Rápido de Bouzas Rápido de Bouzas e Brigantium
1965–66 Arsenal CF Arsenal CF e As Pontes
1966–67 Atlético Pontevedrés Atlético Pontevedrés e Ordes
1967–68 Choco Non houbo ascensos
1968–69 Club Turista Club Turista
1969–70 Club Lemos Club Lemos
1970–71 SD Compostela SD Compostela e Fabril
1971–72 Gran Peña Gran Peña
1972–73 CD Lugo CD Lugo
1973–74 Gran Peña Gran Peña
1974–75 Arousa Arousa
1975–76 SD Compostela SD Compostela e Gran Peña
1976–77 Fabril Fabril, Sporting Celanova, Club Turista, CX Cambados e Noia SD
1977–78 Alondras Alondras
1978–79 Atlético de Ribeira Atlético de Ribeira e Noia SD
1979–80 Vista Alegre Vista Alegre, Club Lemos, Flavia, Boiro, Choco, Porriño Industrial, Arenteiro, San Martiño, Céltiga e Fisterra
1980–81 Viveiro Viveiro, Lalín e Verín
Tempada Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Equipos que ascenderon a Terceira
En amarelo, equipos que foron campións absolutos tras gañar a final entre os vencedores de ambos os dous grupos.
1981–82 Eume Deportivo Barco Eume Deportivo, Barco e Gondomar
1982–83 Noia SD Céltiga Noia SD, Céltiga e Tyde CF
1983–84 Boiro Coruxo Boiro, Coruxo e As Pontes
1984–85 Flavia Portonovo Flavia, Portonovo e Marín
1985–86 Bergantiños Gondomar Gondomar e Bergantiños
1986–87 Club Lemos Tyde CF Club Lemos, Tyde CF, Pobra FC, CX Cambados, Valadares e Sporting Sada
1987–88 Viveiro Vilalonga Viveiro, Vilalonga, Brigantium e Ponteareas
1988–89 Ordes Celta Turista Celta Turista, Ordes e Burela
1989–90 Sporting Sada Alondras Sporting Sada, Alondras e Meirás CF
1990–91 SD Mindoniense Estradense SD Mindoniense, Estradense, Flavia e Coruxo
1991–92 Racing Vilalbés Caselas Racing Vilalbés, Caselas, Portonovo e Xove Lago
1992–93 Betanzos CD Mosteiro Betanzos, CD Mosteiro e Somozas
1993–94 Cerceda Ponte Ourense Cerceda, Ponte Ourense e Gran Peña
1994–95 Ribadeo CD Mosteiro Ribadeo, CD Mosteiro, SD Mindoniense, Flavia e Coruxo
1995–96 Vista Alegre CX Cambados Vista Alegre, CX Cambados, Club Lemos e Gondomar
1996–97 Laracha Xuventú de Sanxenxo Laracha, Xuventú de Sanxenxo e Imperátor
1997–98 Atlético Arteixo Atlético Ourense Atlético Arteixo, Atlético Ourense e Alondras
1998–99 Racing Vilalbés Deportivo Grove Racing Vilalbés, Deportivo Grove e Rápido de Bouzas
1999–00 SCD Malpica Caselas SCD Malpica, Caselas, Sporting Pontenova e Verín
2000–01 Negreira Arousa Negreira, Arousa e Atlético Arteixo
2001–02 Bergantiños Portonovo Bergantiños, Portonovo e Sporting Guardés
2002–03 Narón Balompé Piñeiros Porriño Industrial Narón Balompé Piñeiros, Porriño Industrial e Coruxo
2003–04 O Val Vilalonga O Val, Vilalonga, Alondras e Viveiro
2004–05 Atlético Mineiro Céltiga Atlético Mineiro, Céltiga e Club Lemos
2005–06 Ordes Ourense B Ordes, Ourense B e Cruceiro do Hío
2006–07 Montañeros Pontevedra B Montañeros, Pontevedra B e Cidade de Santiago
2007–08 SD Compostela Gran Peña SD Compostela, Gran Peña e Somozas
2008–09 Racing Vilalbés Cultural Areas Racing Vilalbés, Cultural Areas e Bergantiños
2009–10 Mesón do Bento Portonovo Mesón do Bento, Portonovo, Estradense e As Pontes
2010–11 Betanzos Lalín Betanzos, Lalín, CD Dorneda e Xuventú de Sanxenxo
2011–12 SD Compostela Barbadás Compostela, Narón, Barbadás e Céltiga
2012–13 Boiro Cultural Areas Boiro, Grixoa, Bertamiráns, Cultural Areas, Choco e Arousa
2013–14 Ribadeo Ribadumia Ribadeo, Ribadumia, Bergantiños, Xuventú de Sanxenxo e Silva
2014–15 Negreira Barco Negreira, Barco, Galicia de Mugardos, Verín e Noia CF
2015–16 CD Castro Vilalonga CD Castro, Vilalonga, SD Dubra e Céltiga
2016–17 Noia CF Cultural Areas Noia CF, Cultural Areas, Laracha, Ourense CF e Arenteiro

Notas

  1. Circular nº7 Preferente Galicia Federación Galega de Fútbol
  2. "Deportes. Cuándo se jugará la Copa del Generalísimo y cómo se jugará la próxima competición de Liga". La Región nº 7.928 (en castelán). 24 de abril de 1940. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
  3. Copa del Generalísimo 1941 linguasport.com
  4. El Choco denunciará a la Federación si le niega el ascenso, Faro de Vigo, 4/8/2010

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arbitraxe de fútbol en Galicia

A arbitraxe de fútbol en Galicia é dirixida polo Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, subordinado ao mesmo tempo pola Real Federación Galega de Fútbol e polo Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol. É o encargado da organización, goberno, funcionamento, administración e representación do estamento arbitral galego.

A Organización Arbitral Galega está constituída por tódolos árbitros e árbitras titulados que formalizaron a súa colexiación e, ademais, por aquelas persoas que se integren nela para desenvolver funcións directivas, técnicas, administrativas e de asesoramento.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Club Deportivo Foz

O Club Deportivo Foz é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1960 no concello de Foz. Na tempada 2018-2019 xogará en Preferente Galicia.[Cómpre referencia]

Mugardos

Mugardos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2016 tiña 5335 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mugardés». Mugardos limita ao norte coa ría de Ferrol, ao leste con Fene e ao sur e oeste con Ares.

Preferente Autonómica de Galicia 2008/09

A tempada 2008–09 da Preferente Autonómica de Galicia empezou en agosto de 2008 e finalizou en maio de 2009.

Preferente Autonómica de Galicia 2009/10

A tempada 2009–10 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 30 de agosto de 2009 e finalizou o 23 de maio de 2010. O Sporting Celanova, Caselas e Tomiño víronse prexudicados polos descensos do Lalín, Céltiga e Verín de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica.

Preferente Autonómica de Galicia 2010/11

A tempada 2010–11 da Preferente Autonómica de Galicia iniciouse o 29 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. Resultaron campións o Betanzos CF (Grupo norte) e o CD Lalín (Grupo sur).

No Grupo Norte, o Lemos e o Flavia víronse prexudicados polos descensos do Santa Comba e o Narón de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica. No Grupo Sur, o Porriño Industrial e o Rápido Bahía víronse prexudicado polos descensos do Pontevedra B e o Portonovo de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica.

Preferente Autonómica de Galicia 2011/12

A tempada 2011–12 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 28 de agosto de 2011 e finalizou o 3 de xuño de 2012. O campión foi o Compostela.

Preferente Autonómica de Galicia 2012/13

A tempada 2012–13 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 26 de agosto de 2012 e finalizou o 19 de maio de 2013. O campión foi o Cultural Areas.

Preferente Autonómica de Galicia 2013/14

A tempada 2013–14 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 25 de agosto de 2013 e finalizou o 18 de maio de 2013. O campión foi o Ribadeo.

Preferente Autonómica de Galicia 2014/15

A tempada 2014–15 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 30 de agosto de 2014 e finalizou o 24 de maio de 2015.

Preferente Autonómica de Galicia 2015/16

A tempada 2015–16 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 23 de agosto de 2015 e finalizou o 22 de maio de 2016.

Preferente Autonómica de Galicia 2016/17

A tempada 2016–17 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 27 de agosto de 2016 e finalizou o 28 de maio de 2017.

Preferente Autonómica de Galicia 2017/18

A tempada 2017–18 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 27 de agosto de 2017 e finalizou o 27 de maio de 2018.

Primeira Galicia

A Primeira Galicia é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Preferente Galicia e por encima da Segunda Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol.

Real Federación Galega de Fútbol

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) é o organismo reitor do fútbol en Galicia. A RFGF organiza o Grupo 1 da Tercera División, coa axuda da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), como parte do sistema da liga española de fútbol. Tamén organiza diferentes competicións de categoría inferior á Terceira División. A FGF foi fundada en 1909 e ten sede na Coruña. En 2017 obtivo o título de Real.

Sociedade Deportiva Dubra

A Sociedade Deportiva Dubra é un equipo galego de fútbol do concello de Val do Dubra. Xoga en Bembibre no campo Municipal Juan Baleato. O equipo milita en Preferente Galicia no grupo norte. Na temporada 2015/16 facía historia, xa que por primeira vez alcanzaba a Terceira Divisón, e na temporada 2016/17 descendía outra vez a Preferente logrando unha 19ª praza. Actualmente está presidido por Mª Carmen Noya Iglesias e adestrado por Adrián Vázquez Forján.

Unión Deportiva Barbadás

A Unión Deportiva Barbadás-Bentraces é un equipo de fútbol de Barbadás. Na actualidade xoga en Preferente Galicia tras seis temporadas na Terceira División. O seu terreo de xogo é Os Carrís.

Unión Deportiva Ourense

A Unión Deportiva Ourense é un club de fútbol da cidade de Ourense. Naceu para substituír o baleiro que deixou a desaparición do CD Ourense. Actualmente conseguiu acadar a Terceira División, nivel máximo nesta altura do fútbol provincial, que compartirá co CD Barco, o CD Arenteiro e o Ourense CF. Este equipo xoga os seus partidos como local no Estadio do Couto.

Grupo Norte
Grupo Sur
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.