Prefectura

O termo prefectura foi usado para denominar un órgano de goberno ou área territorial dende os tempos do emperador romano Constantino I, o cal dividiu o imperio en catro prefecturas, cada unha dividida en dioceses. De forma similar a un estado ou unha cidade, tiñan un amplo autogoberno, aínda que debían fidelidade a Roma. O prefecto era a cabeza da prefectura.

Hokkaido

Hokkaido (北海道, ほっかいどう Hokkaidō "provincia do mar do norte", ainu: Mosir), coñecida como Ezo ou Ezo-chi ata a época Meiji, é a segunda illa máis grande do Xapón que forma unha prefectura. O estreito de Tsugaru sepáraa da illa de Honshu. A cidade máis grande da illa é a capital, Sapporo. Nos seus 83.452'47 km² viven 5 602 437 habitantes distribuídos en 66 distritos e 212 concellos. O Monte Taisetsu-Zan é o punto máis elevado da illa (2.290 m)

Hokkaidō é o territorio tradicional dos ainus, aínda que moitos lugares levan aínda nomes ainus, a poboación aborixe é unha pequena minoría.

Honshu

Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, un parte de Hondo. Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.

A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Quioto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.

Lista de concellos do Xapón

A seguir vén unha lista de concellos do Xapón con diversos datos de interese sobre cada un deles.

Masatoshi Koshiba

Masatoshi Koshiba, 小柴 昌俊, こしば まさとし, nado o 19 de setembro de 1926 en Toyohashi (Prefectura de Aichi) é un físico xaponés.

Prefectura de Aichi

A Prefectura de Aichi (愛知県, あいちけん, Aichi-ken) é unha prefectura xaponesa, situad na parte de Tōkai na rexión de Chūbu , no Xapón. A súa capital é Nagoia. A prefectura fai fronteira coa prefectura de Mie, a prefectura de Gifu, a prefectura de Nagano e a prefectura de Shizuoka.

Prefectura de Chiba

A Prefectura de Chiba (千葉県, ちばけん, Chiba-ken) é unha prefectura de Xapón, atópase na zona sur-leste da rexión de Kanto, e ao centro-leste da illa de Honshu. A súa capital é Chiba-shi.

A prefectura fai fronteira coas prefecturas de Toquio, Saitama e Ibaraki.

A prefectura cobre 5.156,60 km² de superficie e habítana 6.155.514 persoas. Antes da Restauración de Meiji coñecíase como as provincias de Kazusa (上総国), Ximousa (下総国) e Awa (安房国).

Prefectura de Fukuoka

A Prefectura de Fukuoka (福岡県, ふくおかけん, Fukuoka-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū. A súa capital é Fukuoka-shi. A prefectura cobre 4.976,97 km² de superficie e habítana 5.062.830 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Saga, a prefectura de Kumamoto e a prefectura de Ōita. Antes da Revolución Meiji coñecíase como as provincias de Chikuzen (筑前国) e Chikugo (筑後国) e unha parte das provincia de Buzen (豊前国).

Prefectura de Gifu

A Prefectura de Gifu (岐阜県, ぎふけん, Gifu-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na rexión de Tōkai na rexión de Chūbu, na zona centro da illa de Honshu. A súa capital é Gifu-shi. A prefectura cobre 10.621,17 km² de superficie e habítana 2.095.825 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Mie, a prefectura de Shiga, a prefectura de Fukui, a prefectura de Ishikawa, a prefectura de Toyama, a prefectura de Nagano e a prefectura de Aichi. Antes da Revolución Meiji coñecíase como as provincias de Mino (美濃国) e Hida (飛騨国).

Prefectura de Gunma

A Prefectura de Gunma (群馬県, ぐんまけん, Gunma-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na zona norte da rexión de Kanto, e ao centro-leste da illa de Honshu. A súa capital é Maebaxi-shi. A prefectura cobre 6.363,16 km² de superficie e habítana 2.010.959 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Nagano, a prefectura de Niigata, a prefectura de Fukushima, a prefectura de Tochigi e a prefectura de Saitama. Antes da Revolución Meiji coñecíase como a provincia de Kouzuque (上野国). Tamén se di Jōshū (上州).

Prefectura de Hyōgo

A Prefectura de Hyōgo (兵庫県, ひょうごけん, Hyōgo-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na rexión de Kinki, parte centro-oeste da illa de Honshu. A súa capital é Kōbe-shi. A prefectura cobre 8.395,84 km² de superficie e habítana 5.596.404 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Tottori, a prefectura de Okayama, a prefectura de Osaca e a prefectura de Quioto. Antes da Revolución Meiji coñecíase como as provincias de Gharima (播磨国), Tallima (但馬国), Awalli (淡路国) e unhas partes de Settsu (摂津国) e Tanba (丹波国).

Prefectura de Ibaraki

A Prefectura de Ibaraki (茨城県, いばらきけん, Ibaraki-ken) é unha prefectura de Xapón e está localizada na rexión de Kanto na illa de Honshu, Xapón. A súa capital é Mito-shi. A prefectura cobre 6.095,69 km² de superficie e habítana 2.967.367 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Fukushima, a prefectura de Tochigi, a prefectura de Saitama e a prefectura de Chiba.

Antes da Restauración de Meiji coñecíase como a provincia de Ghitachi (常陸国).

Prefectura de Kanagawa

A Prefectura de Kanagawa (神奈川県, かながわけん, Kanagawa-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na zona sur-oeste da rexión de Kanto, e ao centro-leste da illa de Honshu. A súa capital é Yokohama-shi. A prefectura cobre 2.415,84 km² de superficie e habítana 8.964.892 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Shizuoka, a prefectura de Yamanashi e a prefectura de Toquio. Antes da Restauración de Meiji coñecíase como a provincia de Sagami (相模国) e unha parte da Musaxi (武蔵国).

Prefectura de Mie

A Prefectura de Mie (三重県, みえけん, Mie-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na rexión de Chūbu e rexión de Tōkai e na rexión de Kinki, parte centro da illa de Honshu. A súa capital é Tsu-shi. A prefectura cobre 5.777,19 km² de superficie e habítana 1.868.975 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Wakayama, a prefectura de Nara, a prefectura de Quioto, a prefectura de Shiga, a prefectura de Gifu e a prefectura de Aichi. Antes da Revolución Meiji coñecíase como as provincias de Ise (伊勢国), Xima (志摩国), Iga (伊賀国) e unha parte pequena de Quii (紀伊国).

Prefectura de Nagano

A Prefectura de Nagano (長野県, ながのけん, Nagano-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na zona central da rexión de Chūbu, e no centro da illa de Honshu. A súa capital é Nagano-shi.

A prefectura cobre 13.562,23 km² de superficie e habítana 2.168.968 persoas. A prefectura fai fronteira coa prefectura de Toyama, a prefectura de Gifu, a prefectura de Aichi, a prefectura de Shizuoka, a prefectura de Yamanashi, a prefectura de Saitama, a prefectura de Gunma e a prefectura de Niigata. Antes da Revolución Meiji coñecíase como a provincia de Shinano (信濃国). Tamén se di Shinshū (信州).

Prefectura de Okinawa

A Prefectura de Okinawa (en xaponés: 沖縄県, おきなわけん; okinawano: Uchinā) é a prefectura máis ao sur do Xapón. Consta de 169 illas que forman o arquipélago Ryukyu, nunha cadea de illas de 1000 km de lonxitude, que se estende de suroeste, de Kyūshū ata Taiwan, aínda que as illas máis ao norte fagan parte da prefectura de Kagoshima. A capital de Okinawa, Naha, está localizada na parte meridional da maior e máis poboada illa do arquipélago: Okinawa Honto. As disputadas illas Senkaku son, en teoría, administradas como parte da provincia.

Prefectura de Osaca

A prefectura de Osaca (大阪府, おおさかふ, Ōsaka-fu) é unha prefectura de Xapón, atópase na parte centro da rexión de Kinki, parte centro-oeste da illa de Honshu. A súa capital é Osaca. A prefectura cobre 1.897,85 km² de superficie e habítana 8.832.120 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Hyōgo, a prefectura de Quioto, a prefectura de Nara e a prefectura de Wakayama. Antes da Revolución Meiji coñecíase como as provincias de Izumi (和泉国), Kawachi (河内国) e parte leste da Settsu (摂津国).

Prefectura de Saitama

A Prefectura de Saitama (埼玉県, さいたまけん, Saitama-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na zona centro-oeste da rexión de Kanto, e ao centro-leste da illa de Honshu. A súa capital é Saitama-shi. A prefectura cobre 3.797,25 km² de superficie e habítana 7.145.323 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Yamanashi, a prefectura de Nagano, a prefectura de Gunma, a prefectura de Tochigi, a prefectura de Ibaraki, a prefectura de Chiba e a prefectura de Toquio. Antes da Restauración de Meiji coñecíase como a parte norte da provincia de Musaxi (武蔵国).

Prefectura de Shizuoka

A Prefectura de Shizuoka (静岡県, しずおかけん, Shizuoka-ken) é unha prefectura de Xapón, situada na zona sur-leste da rexión de Chūbu, e ao leste de rexión de Tōkai, no centro da illa de Honshu. A súa capital é Shizuoka-shi. A prefectura cobre 7.780,33 km² de superficie e habítana 3.795.306 persoas.

A prefectura fai fronteira coa prefectura de Aichi, a prefectura de Nagano, a prefectura de Yamanashi e a prefectura de Kanagawa. Antes da Revolución Meiji coñecíase como as provincias de Izu (伊豆国), Suruga (駿河国) e Tootoumi (遠江国).

Prefecturas do Xapón

O Xapón está subdividido en 47 prefecturas (de catro tipos: 都, to; 道, dō; 府, fu ou 県; ken, de aí o nome xenérico xaponés 都道府県 todōfuken). Toquio é a única metrópole ("to"), Hokkaido é un territorio ("dō"), ambas Quioto e mais Osaca son prefecturas urbanas ("fu"), e o resto son "ken", prefecturas rurais.

Esta división foi establecida polo goberno Meiji en 1871 no que se denomina a abolición do sistema Han. Aínda que inicialmente foron creadas unhas 300 prefecturas, este número foi diminuíndo ata un total de 47 no ano 1888. A Lei do Goberno Local de 1947 outorgou máis poder político ás prefecturas, provéndoas da capacidade de escoller gobernadores mediante eleccións locais.

Segundo a Lei antes mencionada cada prefectura subdivídese en cidades (市 shi), vilas (町 chō), e distritos rurais (郡 gun). Algunhas prefecturas teñen máis delegacións (支庁 shichō) que levan a cabo funcións administrativas da prefectura fóra da capital. En Hokkaido, estas delegacións chámanse subprefecturas.

Rexións do Xapón

As rexións do Xapón non son divisións administrativas oficiais, pero constitúen unha división do país tradicionalmente empregada en varios contextos. Cada unha destas rexións está composta por prefecturas, a excepción da rexión de Hokkaidō que se compón dunha única prefectura. As 8 rexións son:

Rexión de Hokkaidō - Composta pola illa de Hokkaido e outras illas pequenas. Sapporo é a principal cidade.

Rexión de Tōhoku - No norte da illa de Honshu. Sendai é a principal cidade.

Kanto - No leste da illa de Honshu. Toquio e Iocoama son as principais cidades.

Rexión de Chūbu - No centro de Honshu. Nagoia é a principal cidade.

Rexión de Kinki - No sur de Honshu. Osaca, Kobe e Quioto son as principais cidades.

Rexión de Chūgoku - No extremo oeste do sur de Honshu. Hiroxima é a principal cidade.

Shikoku - Composta pola illa de Shikoku. Matsuyama é a principal cidade.

Kyūshū - Composta pola illa de Kyūshū e polas illas Ryukyu. Fukuoka é a principal cidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.