Praza do Obradoiro

A praza do Obradoiro é a praza máis senlleira de Santiago de Compostela. Está arrodeada polo Hospital Real, hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o colexio de San Xerome ao sur (hoxe reitoría da Universidade), o Pazo de Xelmírez e a catedral de Santiago de Compostela (coa fachada do Obradoiro e o museo da catedral) ao leste, e o pazo de Raxoi ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a administración.

A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da catedral, que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada románica. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción[1].

Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′45″O / 42.88056, -8.54583

Praza do Obradoiro
Praza do Obradorio
A praza do Obradoiro vista dende a varanda suroeste da catedral; ao fondo, á dereita: o Hospital dos Reis Católicos; á esquerda: o Pazo de Raxoi; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escalinatas que dá acceso á catedral.
Tipoloxíapraza
Ruta europeaCamiño de Santiago
Dimensións
Lonxitude65 m
Largura100 m
Áreamáis de 6 000 m2
Obradoiro facade - Cathedral of Santiago de Compostela (5)
A praza coa fachada da catedral.

Importancia social

É o punto de encontro dos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Na praza celébranse a queima da fachada nas Festas do Apóstolo Santiago a noite do 24 de xullo. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes papas.

Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 a prol da lingua galega.

Despois do accidente ferroviario de Angrois en 2013, turistas, cidadáns e peregrinos manifestaron a súa solidariedade con diferentes mostras reivindicativas na praza, como colocando flores e notas no enreixado da escalinata de entrada á catedral[2].

Galería de imaxes

Santiago concello GDFL050914 040

Vista do Pazo de Raxoi cara á praza do Obradoiro. Parte oeste da praza.

Santiago 1

Fachada do Obradoiro da catedral. Parte leste da praza.

Santiago fonseca GDFL050914 038

O Colexio de San Xerome. Parte sur da praza.

Night movement Praza do Obradoiro

Músico a tocar a arpa á noitiña á beira do Colexio de San Xerome.

Notas

  1. http://www.santiagoturismo.com/rutas/praza-do-obradoiro
  2. "Accidente en Santiago: «Este pobo non merecía isto»" La Voz de Galicia.

Véxase tamén

Outros artigos

Apóstolo

Segundo o Novo Testamento, os doce apóstolos elixidos directamente por Xesucristo foron:

Simón, alcuñado Pedro

André, irmán de Pedro

Santiago o de Zebedeo ou Santiago o Maior

Xoán, o menor dos Doce, tamén fillo de Zebedeo. Este foi evanxelista.

Filipe

Bertomeu

Tomé

Mateo, o publicano (recadador de impostos para os invasores romanos), tamén evanxelista

Santiago o Menor ou Santiago de Alfeo

Xudas Tadeo

Simón, o Celador ou celote

Xudas Iscariote, o que traizoou a Xesús Cristo.Despois da resurrección e ascensión de Xesús, e tralo suicidio de Xudas Iscariote, os once apóstolos restantes reuníronse e elixiron a Matías para completar novamente o número de doce. Ningún outro seguidor de Xesús, nin sequera da importancia de Paulo ("Apóstolo dos Xentís", ás veces considerado o verdadeiro fundador do cristianismo), se engadiría a este grupo.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela na rúa de San Francisco é a Facultade onde se imparte a docencia da Medicina na Universidade de Santiago de Compostela desde que se inaugurou o ano 1928 este edificio, construído a carón do Hospital Real (co que de comunicaba a través dunha galería cuberta), de xeito que ambos os edificios ocupaban todo un lado de dita rúa, desde a praza do Obradoiro até o covento de San Francisco, até que se acabe de construír o novo edificio da Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Galería de imaxes da Praza do Obradoiro

A praza do Obradoiro, localízase no centro histórico de Santiago de Compostela e está circundada por catro edificios emblemáticos: A catedral, o Hostal dos Reis Católicos, o pazo de Raxoi e o pazo de Fonseca

Igrexa de San Froitoso de Santiago de Compostela

A igrexa das Angustias de Abaixo, igrexa da Real Angustia ou igrexa de San Froitoso, é un templo de estilo churrigueresco localizado en Santiago de Compostela, a rentes da praza do Obradoiro, que foi proxectado por Lucas Ferro Caaveiro no século XVIII.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Catedralicio de Santiago de Compostela

O Museo da Catedral de Santiago de Compostela é unha institución que acolle e expón diversas obras artísticas e arqueolóxicas, propiedade da sé compostelá, que abarcan desde a época romana até a actualidade. Foi creado co obxectivo de conservar e expoñer ó público obxectos litúrxicos en desuso, doazóns de peregrinos nobres e os diferentes restos arqueolóxicos que se ían descubrindo nas diferentes intervencións na catedral e a súa contorna. Entre os seus fondos hai mostras arqueolóxicas, pintura, escultura, ourivería, tapices, alfombras, roupa litúrxica, cerámica e mobiliario.Foi fundado en 1928. Unha inscrición a lapis nun dos bancos do museo recolle a data de creación, 11 de xullo de 1928; o impulsor, o fabriqueiro Robustiano Sández; e o construtor, José Lerramendi Rey. O museo localízase na mesma catedral, distribuído en diversos espazos, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia. A cripta, tamén coñecida como catedral vella (aínda que nunca cumpriu tal función), foi unha obra comezada antes da intervención do Mestre Mateo, aínda que foi este quen a rematou como paso previo á construción do Pórtico. O Tesouro catedralicio exponse na capela de san Fernando, de estilo gótico, que ata 1677 foi capela de Reliquias. Na catedral románica levantouse tamén un claustro, ó sur da nave principal, cuxo comezo se data en 1124 e que é rematado a mediados do XIII, baixo a iniciativa do arcebispo Xoán Arias.

Pazo de Raxoi

O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés , sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.

Pazo de Xelmírez

O pazo de Xelmírez é o antigo palacio episcopal da catedral de Santiago de Compostela, situado no lado norte da catedral cara á praza do Obradoiro. Foi construído por Diego Xelmírez, arcebispo de Santiago entre 1120 e 1136 pero do edificio orixinal só se conservan as portas de comunicación coa basílica: a Porta de Gramáticos, a porta da Torre e a porta da tribuna.

Pazo do Espiño

O pazo do Espiño é unha edificación localizada en Santiago de Compostela de arquitectura modernista erixida entre 1910 e 1915 por Jesús López de Rego, por encargo de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga.

Plateresco

Plateresco, tamén chamado de gótico plateresco, Protorrenacenza, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estilo artístico, especialmente arquitectónico, que se desenvolveu en España e nos seus territorios no século XVI, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras. Apareceu entre o último gótico e a Rencenza, xa a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.

Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas mudéxares, do gótico flamexante e Arquitectura románica lombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixe toscana.

Exemplos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de Carlos I, especialmente en Salamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da península Ibérica como León e Burgos e no territorio de Nova España que hoxe é México. Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En Galicia salienta o Hospital Real de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.

O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións. A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo. En Nova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.No século XIX, co pulo dos historicismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de estilo Monterrey e estilo español.

Rúa de San Francisco (Santiago de Compostela)

A rúa de San Francisco é unha rúa do casco histórico de Santiago de Compostela que vai desde a praza do Obradoiro até a igrexa de San Francisco.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Zapatones

Juan Carlos Lema Balsas comunmente coñecido coma Zapatones, supostamente nado na Ponte do Porto, Camariñas en 1954 e falecido o 15 de maio de 2015 en Pontevedra, foi unha personalidade do espectáculo de Galicia, famoso pola súa presenza continuada na Praza do Obradoiro caracterizado coma peregrino.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.