Praza de Cervantes

A Praza de Cervantes é unha praza da zona vella de Santiago de Compostela, o seu primeiro nome foi Praza do Campo, cara ao século XII pasou a ser coñecida como Praza do Foro, e posteriormente Praza do Pan.

Coordenadas: 42°52′52″N 08°32′33″O / 42.88111, -8.54250

Cervantes. Praza do Pan (Santiago de Compostela)
Busto de Cervantes
Busto de Cervantes na praza.

Historia e características

O seu actual nome débese ao emprazamento dun monumento dedicado da Miguel de Cervantes sobre a fonte da praza.

Nela celebrábase o mercado da cidade durante a Idade Media e era o lugar onde o pregoeiro oficial lía as ordenanzas arcebispais e do concello. Ata 1782 a Casa do Concello estivo nesta praza, no edificio que alberga na actualidade a Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica[1], e nela tamén está a Igrexa de San Bieito do Campo.

Notas

  1. "Páxina do concello". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 04 de marzo de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Alcalá de Henares

Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.

O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.

A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Muralla de Santiago de Compostela

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos. Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Santiago Black Ravens

O Club Deportivo Black Ravens Fútbol Americano, tamén coñecido como Santiago Black Ravens (corvos negros de Santiago), é o equipo de fútbol americano de Santiago de Compostela.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.