Praza da Quintana

Coordenadas: 42°52′50″N 08°32′37″O / 42.88056, -8.54361

Quintana Santiago050708peq
Vista da Praza: ó fondo a escalinata.

A praza da Quintana é unha praza simbólica de Santiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur da catedral de Santiago, a casa da Parra, o Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga.

Historia e características

Está dividida por unhas escalinatas, que separan a chamada Quintana de Vivos -a un nivel superior- da Quintana de Mortos. Foi construída no século XVI trala decisión do cabido compostelán de converter o cemiterio medieval da Quintana de Mortos en praza pública, cara 1611, polo mestre Francisco Fernández de Araújo e por encargo co cóengo fabriqueiro da Catedral José Vega y Verdugo. Nas mesmas obras aproveitouse para pechar a fachada oriental da catedral cun muro corrido, a modo de pantalla, que cubría a cabeceira e as capelas absidiais.

É moi utilizada en eventos públicos de carácter reivindicativo (manifestacións do día das letras galegas, día da Patria, manifestacións ou conmemoracións de Nunca Máis etc) ou lúdico, especialmente grandes concertos populares.

Heroes1020737
Placa na praza da Quintana.

Nos canzorros do alto da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.

Nela unha placa lembra a xesta do Batallón Literario durante a Guerra da Independencia Española co seguinte texto:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

Convento de San Paio de Antealtares

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Esquerda Nacionalista

Esquerda Nacionalista é un partido político galego formado en 1992. Conta con 9 membros no seu Consello Nacional e tiña arredor de 600 militantes no ano 2002[Cómpre referencia]. Estivo integrado no BNG desde a súa fundación até febreiro de 2012, o 14 de abril dese ano a organización acordou deixar de actuar como tal, quedando os seus militantes como membros de Máis Galiza, formación no que xa estaba integrada, con todo formalmente non se disolveu quedando en estado latente .

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Muralla de Santiago de Compostela

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos. Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Porta Santa

A Porta Santa ou Porta do Perdón é unha das sete portas menores de que constaba orixinalmente a Catedral de Santiago de Compostela. Ábrese ó leste na cabeceira e vai dar á Praza da Quintana.

Inicialmente estivo dedicada a San Paio (cuxo convento está xusto en fronte), polo que tamén se coñeceu como Porta de San Paio. Na descrición da Catedral que fixo Aimery Picaud no Libro V do Códice Calixtino, escrito entre 1135 e 1140, explica que a basílica ten tres pórticos principais e sete pequenos: "Dos sete pórticos pequenos, o primeiro chámase de Santa María [...] o terceiro, de San Paio [...]" (López Pereira, 1993, pp. 128–129).

Chámase Porta do Perdón porque por ela entran na basílica os peregrinos durante o Ano Santo para gañar a xubileu , é dicir, o perdón dos seus pecados grazas á indulxencia concedida polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni de 1179.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.