Praza da Ferrería

A praza da Ferrería é un enclave da cidade de Pontevedra situado no límite da zona vella da cidade. Ten unha superficie duns 2.000 m².

Coordenadas: 42°25′53″N 08°38′39″O / 42.43139, -8.64417

Castañeiro, praza da Herrería, Pontevedra
Un home vendendo castañas na praza da Ferrería.

Historia e características

Nela celebrábase antigamente o mercado da vila. Na actualidade celébrase nel o mercado das flores a véspera do día de defuntos, así como diversos mercados populares, en días como a Feira Franca ou o día do libro, ademais de celebrarse nela a maioría dos concertos gratuítos de verán e a queima do Loro Ravachol.

A ela van dar as rúas dos Soportais da Ferrería, do Conde de San Román, Pasantería, Benito Corbal, Figueroa, e a antiga Porta de Trabancas, pola que discorre o camiño portugués do camiño de Santiago. Preto dela está a capela da Virxe Peregrina.

Os seus baixos son na súa maioría establecementos téxtiles ou de hostalería. A praza atópase a carón do Convento de San Francisco. Anexas a ela están as prazas da Estrela (duns 700 m²), e a de Ourense (duns 700 m²), ademais dos Xardíns de Casto Sampedro, de 1.000 m².

Neste xardín hai unha fonte do século XVI que até 1930 estivo na Ferrería. Financiada en 1537 por Carlos V[1] e rematada 15 anos despois[2], foi construída segundo o estilo das chafarices portuguesas. É mencionada na cantiga popular:

Galería de imaxes

Pontevedra 06

Fotografías da Praza da Ferrería

Praza da Ferrería
Pontevedra fonte ferreria 05-02

Fonte

Notas

  1. VILLARES, R.: Historia de Galicia. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2004 (páx. 192).
  2. "Un museo para valorar el agua", artigo no Faro de Vigo, 21 de marzo de 2009 (en castelán).
Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra

A basílica de Santa María a Maior é unha das igrexas parroquiais de Pontevedra. Foi consagrada como basílica o 10 de xaneiro de 1962 por Xoán XXIII.

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra

A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.

Casa das Campás

A Casa das Campás é unha das tres construcións máis antigas que se conservan da cidade de Pontevedra, e posiblemente a máis vella das civís. Localízase na rúa Don Filiberto, 11, no casco histórico.

Casa dos Fonseca

A Casa dos Fonseca é unha construción situada no Paseo de Colón na cidade de Pontevedra. É un dos edificios históricos máis impactantes da cidade, que salienta pola súa arquitectura neoclásica e por dúas esfinxes de pedra e dúas altas palmeiras canarias que flanquean a súa entrada. Na actualidade é a sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra.

Castaña

Este artigo trata sobre a castaña europea (xénero "Castanea"), para a castaña brasileira véxase o artigo castiñeiro de Pará.

A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das fagaceae, nativa de climas cálidos do hemisferio norte. Preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contén de 2 a 7 castañas.

As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes da praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de soutos e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.

As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Galicia ademais de asadas (ver magosto), adoitan comerse cocidas con sal e herbas, coma fiúncho e nébeda, para seren máis dixeríbeis. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé, así como a crema de castañas. Un xeito sinxelo de asalas é cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda é evitar que estouren mentres se asan.

Outro importante uso das castañas é a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.

As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais, especialmente en Italia.

As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para o home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.

Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra

O cemiterio municipal de Santo Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. Foi proxectado en 1879 polo arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurado o 29 de setembro de 1882. O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.En 2012 o concello puxo en marcha un programa de visitas guiadas polo camposanto.

Convento de San Francisco de Pontevedra

O convento de San Francisco é un convento franciscano de Pontevedra, situado no centro da vila. Na actualidade está ocupado por catro frades.

Ferrería

Unha ferrería é un lugar onde se traballa o ferro. Como topónimo, Ferrería pode referirse a:

Ferrería, lugar da parroquia de Santa María Maior, no concello de Mondoñedo;

Ferrería, lugar da parroquia de Francos, no concello de Paradela;

A Ferrería, lugar da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo;

A Ferrería, lugar da parroquia de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros;

A Ferrería, lugar da parroquia de Agüeira, no concello de Becerreá;

A Ferrería, lugar da parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá;

A Ferrería, lugar da parroquia de Montoxo, no concello de Cedeira;

A Ferrería, lugar da parroquia de Castromao, no concello de Celanova;

A Ferrería, lugar da parroquia de Noceda, no concello do Incio;

A Ferrería, lugar da parroquia de Trascastro, no concello do Incio;

A Ferrería, lugar da parroquia de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Ferrería, lugar da parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo;

A Ferrería, lugar da parroquia de Gabín, no concello de Montederramo.

A Ferrería, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais;

A Ferrería, lugar da parroquia de Couzadoiro, no concello de Ortigueira;

A Ferrería, lugar da parroquia de Mera de Abaixo, no concello de Ortigueira;

A Ferrería, lugar da parroquia de Cadavedo, no concello da Pastoriza;

A Ferrería, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello de Pontes de García Rodríguez;

A Ferrería, lugar da parroquia de Gonzar, no concello de Portomarín;

A Ferrería, lugar da parroquia do Araño, no concello de Rianxo.

A Ferrería, lugar da parroquia de Gundriz, no concello de Samos;

A Ferrería, lugar da parroquia de Samos, no concello de Samos;

A Ferrería, lugar da parroquia de Reiriz, no concello do Saviñao.

Ferrería Vella, lugar da parroquia de Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel;

Galería de imaxes de prazas de Pontevedra

Prazas de Pontevedra

Hospital Provincial de Pontevedra

O Hospital Provincial de Pontevedra, de titularidade pública, que entrou en servizo no ano 1897, pertence ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e está situado no barrio da Eiriña.

Illa das Esculturas

A illa do Covo, denominada popularmente como illa das Esculturas, é unha insua situada preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten uns 70.000 m², e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes.

Mosteiro de San Salvador de Celanova

San Salvador de Celanova é un mosteiro medieval beneditino fundado por San Rosendo a mediados do século IX en Celanova.Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e premio Europa Nostra no ano 1984.

Muralla de Pontevedra

A muralla de Pontevedra foi unha fortificación da cidade de Pontevedra, que desapareceu na súa maior parte cara a finais do século XIX, aínda que no século XXI consérvanse algúns restos, sendo o maior o pano con ameas na rúa Arcebispo Malvar. Este pano completo ten aproximadamente 40 metros de lonxitude e pódese acceder a el desde os xardíns dos dous edificios do lado oeste da avenida de Santa María.

Existen, así mesmo, algunhas partes que forman parte de edificacións posteriores e que saíron á luz no decurso de traballos de rehabilitación dos inmobles, como o pano á beira da antiga porta de Trabancas, incorporado na rehabilitación do café Savoy.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Palacete das Mendoza

O Palacete das Mendoza é un edificio histórico situado na zona vella da vila de Pontevedra, entre a avenida de Santa María e a rúa Arcebispo Malvar. É a sede do Padroado de Turismo Rías Baixas.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Shemekia Copeland

Shemekia Copeland, nada o 10 de abril de 1979 en Harlem, Nova York, é unha cantante estadounidense de blues eléctrico, gospel e rhythm and blues. Estivo en Galicia polo XXI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra o 19 de xullo de 2013 na Praza da Ferrería.

Suso Vaamonde

Xesús Vaamonde Polo, nado en Rego do Vargo (A Insua, Ponte Caldelas) o 20 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 16 de febreiro de 2000, foi un cantautor galego, coñecido como Suso Vaamonde, .

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Onomástica do rueiro de Pontevedra
De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.