Praza.gal

Praza.gal[1] é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012[2]. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial[3].

praza.gal
O xornal da Galicia que vén
Praza-gal
TipoDixital
Fundación1 de febreiro de 2012
Empresa editoraFundación Praza Pública
DirectorDavid Lombao
TendenciaProgresista
Linguagalego
LocalidadeA Coruña
ÁmbitoGalicia
Na rede
Web
Twitter @prazapublica
Facebook

Traxectoria

Equipo de Praza.gal
Miguel Pardo
Miguel Pardo
Marcos Pérez Pena
Miguel Pardo

É editado pola Fundación Praza Pública, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público[4] e cuxo financiamento depende das achegas periódicas ou puntuais da cidadanía e da publicidade inserida no xornal. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[2].

O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberou todo o código fonte das ferramentas para a súa creación e soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[5]

No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.

Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.[6]

En decembro de 2018 lanzou a reformulación do seu deseño, coa creación dunha área privada para as socias e edicións locais das sete cidades. Nese momento tamén se estreou baixo a súa plataforma a revista dixital Vinte.

Redes sociais e comunidade

Tractorada-Santiago-2015-Praza Pública.jpeg
Pola licenza libre que usan, CC BY-SA, moitas das imaxes que publica poden reutilizarse, coma esta das protestas leiteiras do 2015.

Desde a súa creación, o diario Praza.gal apostou polas redes sociais. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre Facebook, Twitter e YouTube. Na portada mantén a sección Fálase de..., dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como eldiario.es, Nós televisión ou outros.

Notas

  1. Fundación Praza Pública
  2. 2,0 2,1 Ponse en marcha Praza Pública apostando por dous conceptos clave: a transparencia e a lingua galega
  3. "Top 50 de webs en galego". Código Cero. Consultado o 08/03/2018.
  4. "Achegas - Que sustenta Praza?". Consultado o 08/03/2018. É unha fundación sen ánimo de lucro [...]. Constituíuse en maio de 2012 está rexistrada como fundación de interese galego.
  5. "O código fonte de Praza, liberado". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2012.
  6. Informes de transparencia en Praza.gal

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Arriva

Arriva é unha empresa multinacional do sector do transporte, de orixe inglesa, propiedade de Deutsche Banh. En Galicia opera como Arriva Noroeste e na Comunidade de Madrid con empresas filiais como DeBlas e Esfera.

Associaçom Galega da Língua

A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en 1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

A AGAL busca e incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional é portugués.

Bernardo Máiz

Bernardo Máiz Vázquez, nado en Ferrol o 12 de maio de 1950, é un historiador galego.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Deputación de Lugo

A Deputación provincial de Lugo, unha das catro deputacións de Galiza, é o órgano institucional propio da provincia de Lugo e ao que corresponden diversas tarefas tanto administrativas como executivas. Traballa en prol da totalidade dos municipios lugueses e ocúpase de traballos de coordinación entre concellos e máis de dotación de infraestruturas, control destas e supervisión en xeral de calquera movemento administrativo da provincia de Lugo.

Eleccións municipais en Santiago de Compostela

Corporacións democráticas en Santiago de Compostela desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Antonio Souto Paz — UCD. Renuncia, sendo substituído por Marcial Castro Guerra o 7 de setembro de 1981.Modelo:Santiago de Compostela 1979

1983 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Tras unha moción de censura o 5 de maio de 1986 toma posesión como alcalde Ernesto Viéitez Cortizo de Alianza Popular (AP).Modelo:Santiago de Compostela 1983

1987 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Renuncia, sendo substituído por Xosé Antonio Sánchez Bugallo o 19 de decembro de 1998.

1999 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Xerardo Conde Roa — PPdeG. Dimite en abril de 2012 trala súa imputación por fraude fiscal, sendo substituído polo seu compañeiro de partido Ángel Currás Fernández. O 9 de xuño de 2014, dimite Currás trala inhabilitación de sete dos seus concelleiros condeados por prevaricación, xunto coa súa imputación e a doutros dous concelleiros na Operación Pokemon. O seu substituto foi o ex-conselleiro Agustín Hernández, que fora na lista do PP ao concello no último posto.

2015 Alcalde: Martiño Noriega — Compostela AbertaCandidatos: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PP), Francisco Reyes Santiás (PSdeG-PSOE), Rubén Cela Díaz (BNG), Javier Sánchez-Agustino Mariño (C's), Xosé Antón López Fernández (CxG-CCTT), Cristina Bandín Potel (SAIn) e Antonio Asorey Cacheda (Converxencia 21).

2019 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Fernando Blanco Álvarez

Fernando Xavier Blanco Álvarez, nado en Lugo en 1959, é un político galego do BNG.

Froxán, Vilacova, Lousame

Froxán e un lugar da parroquia de Vilacova no concello coruñés de Lousame na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 26 habitantes (12 homes e 14 mulleres).

O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville Araújo, nado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1974, é un profesor e escritor galego.

Marea Atlántica

Marea Atlántica é un movemento cidadán e político de esquerdas creado na cidade da Coruña cuxo primeiro obxectivo foi construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.

Gobernou en solitario o concello da Coruña entre xuño de 2015 e xuño de 2019, con Xulio Ferreiro como alcalde.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Premios Mestre Mateo

Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.

Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.

O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co Mestre Mateo.

Santiago de Covelo, Covelo

Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.

O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

Xosé Luís Barreiro Rivas

Xosé Luís Barreiro Rivas, nado en Forcarei o 5 de xuño de 1949, é un político, politicólogo e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.