Prata

A prata é un elemento químico de número atómico 47 situado no grupo 11 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ag. É un metal de transición branco e brillante, e posúe unha alta ductilidade e maleabilidade.

Presenta as maiores condutividades térmica e eléctrica de tódolos metais, e atópase formando parte de distintos minerais (xeralmente en forma de sulfuro) ou como prata libre.

Prata
Silver crystal
Cu
  Cubic, face-centered.png
 
47
Ag
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Ag
Au
PaladioPrataCadmio
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Prata, Ag, 47
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 11, 5, d
Densidade 10490 kg/m3
Aparencia Prateado
N° CAS 7440-22-4
Propiedades atómicas
Masa atómica 107,8682(2)[1] u
Raio medio 160 pm
Raio atómico (calc) 165 pm
Raio covalente 153 pm
Raio de van der Waals 172 pm
Configuración electrónica [Kr]4d10 5s1
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 18, 1
Estado(s) de oxidación 1 (anfótero)
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido (__)
Punto de fusión 1234,93 K
Punto de ebulición 2435 K
Entalpía de vaporización 250,58 kJ/mol
Entalpía de fusión 11,3 kJ/mol
Presión de vapor 0,34 Pa a 1234 K
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,93
Calor específica 232 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 63 × 106 m-1 S/m
Condutividade térmica 429 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 731 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 2070 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3361 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
107Ag51,839%estable con 60 neutróns
108AgSintético418 aε
TI
2,027
0,109
108Paladio
 
109Ag48,161%estable con 62 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Etimoloxía

O seu nome é unha evolución do termo latino platus que significaba orixinariamente plano e posteriormente lámina metálica.

O nome do símbolo provén do latín argentum e do grego ἄργυρος,[2] nomes do metal nesas linguas (derivados dunha raíz indo-europea que significa brillante).[3]

Historia

A prata empregouse desde a antigüidade para a elaboración de armas de guerra e logo na elaboración de utensilios e ornamentos, de onde se estendeu ao comercio ao cuñarse as primeiras moedas de prata, chegando a constituír a base do sistema monetario de numerosos países.

En 1516 Juan Díaz de Solís descubriu en Sudamérica o mar Doce que posteriormente Sebastián Caboto denominou Río da Prata, crendo que alí abundaba o metal, e de onde tomará o nome Arxentina. Anos máis tarde, o achado de grandes reservas de prata no Novo Mundo en Zacatecas e Potosí e a súa importación cara Europa provocou un longo período de inflación no continente europeo.

Propiedades

A prata é un metal moi empregado na cuñaxe de moedas xa que é moi dúctil e maleable, aínda que presenta maior dureza que o ouro. Ten un brillo branco metálico susceptible ao pulimento, que se mantén na auga e no aire, aínda que a súa superficie se empaña en presenza de ozono, sulfuro de hidróxeno ou aire que conteña xofre.

Abundancia e obtención

A prata atópase na natureza combinada con xofre (arxentita, Ag2S), arsénico, antimonio ou cloro (AgCl). Obtense principalmente de minas de cobre, cobre-níquel, ouro, chumbo e chumbo-cinc en Canadá, México, Perú e Estados Unidos.

Principais produtores

Argento - Ontario, Canada
Prata na súa matriz

A produción mundial de prata durante o 2011 acadou un total de 23.800 toneladas métricas de prata. Os principais países produtores de prata son México e Perú que representan por si sós 1/3 da produción mundial de prata.[4]

Rango Estado Produción en 2011
(mineral)
(en toneladas/ano)
1 México 4.500
2 Perú 4.000
3 China 4.000
4 Australia 1.900
5 Chile 1.400
6 Rusia 1.400
7 Bolivia 1.350
8 Polonia 1.200
9 Estados Unidos 1.160
10 Canadá 700
Fonte: United States Geological Survey (USGS) - 2011

Reservas

De acordo coa información entregada no informe anual do United States Geological Survey (USGS), as estimacións sinalan que as reservas coñecidas de prata no 2011 a nivel mundial acadarían 530.000 toneladas métricas de prata fina. Segundo as estimacións de USGS, en Perú existirían arredor de 120.000 toneladas métricas económicamente explotables, equivalentes ó 23% do total de reservas mundiais do mineral; seguido de Polonia con 85.000 toneladas métricas económicamente explotables, equivalentes ó 16% do total de reservas mundiais do mineral.[4]

Rango Estado Reservas mundiais
de prata en 2011
(en toneladas/ano)
Porcentaje
del total
(aprox)
1 Perú 120.000 23 %
2 Polonia 85.000 16 %
3 Chile 70.000 13 %
4 Australia 69.000 13 %
5 China 43.000 8 %
6 México 37.000 7 %
7 Estados Unidos 25.000 5 %
8 Bolivia 22.000 4 %
9 Canadá 7.000 1 %
Fonte: United States Geological Survey (USGS) - 2011

Aplicacións

Do total da produción mundial de prata, aproximadamente o 70% emprégase con fins monetarios, mentres que a outra parte emprégase na ourivaría, e en menores cantidades na fotografía, química e electricidade.

Exemplos de uso

Isótopos

A prata natural componse de dous isótopos estables, Ag-107 e Ag-109, sendo o primeiro lixeiramente máis abundante (51,839%) que o segundo. Caracterizáronse vinte e oito radioisótopos, dos cales os máis estables son os Ag-105, Ag-111 e Ag-112, con períodos de semidesintegración de 41,29 días, 7,45 días e 3,13 horas respectivamente. Os demais isótopos teñen períodos de semidesintegración máis curtos que unha hora, e a maioría menores que tres minutos. Identificáronse numerosos estados metastables entre os que os máis estables son Agm-108 (418 anos), Agm-110 (249,79 días) e Agm-107 (8,28 días).

Os isótopos da prata teñen pesos atómicos que varían entre as 93,943 uma da Ag-94 e as 123,929 uma da Ag-124. A principal forma de desintegración dos isótopos máis lixeiros que o estable máis abundante é a captura electrónica resultando isótopos de paladio, mentres que os isótopos máis pesados que o estable máis abundante desintégranse sobre todo mediante emisión beta, dando lugar a isótopos de cadmio.

Precaucións

A prata non é tóxica pero a maioría das súas sales son velenosas. Os compostos que conteñen prata poden entrar ao corpo humano polo sistema circulatorio e depositarse en diversos tecidos provocando arxiria, unha afección que provoca a coloración agrisada da pel e as mucosas.

Notas

  1. CIAAW
  2. Les Poinçons de garantie internationaux pour l'argent (Tardy ed.). p. 6. ISBN 2901622178.
  3. A. Ernout; A. Meillet (1939). Dictionnaire Étymologique de la langue latine. Histoire des mots (Librarie C. Klicksieck ed.). París. pp. s.v.
  4. 4,0 4,1 United States Geological Survey (USGS) (xaneiro de 2012). "Silver" (PDF). Mineral Commodity Summaries 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Bronce

O bronce é o nome co que se denominan toda unha serie de aliaxes metálicas que teñen como base o cobre e outro metal, xeralmente estaño (entre un 3-20%) e proporcións variables doutros elementos como zinc, aluminio, antimonio, fósforo, prata. Outros elementos con características de dureza superiores ao cobre fan mellorar as súas propiedades mecánicas.

Buenos Aires

Buenos Aires, ás veces escrito en galego Bos Aires, é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños ou bonaerenses. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Lestedo, Boqueixón

Santa María de Lestedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 955 habitantes (475 homes e 480 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación.

Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Moeda da Antiga Roma

A moeda da Antiga Roma é, de entre todas as moedas da Idade Antiga, a que coñeceu a máis ampla expansión xeográfica, ata se converter durante varios séculos na moeda común de todo o mundo occidental e o Mediterráneo.

Particularmente durante a maior parte da República Romana e na metade occidental do Imperio Romano, baseouse nun sistema constituído polo áureo (lat. aureus, "ouro"), o denario (lat. denarius) e o sestercio (lat. sestertius), de prata, e o dupondio (lat. dupondius) e o ás, de bronce, nunha aliaxe máis ou menos rica en cobre en función das épocas.

O áureo, que, por mor do seu alto valor, funcionaba máis como unidade de conta que como moeda efectiva, valía 25 denarios (estímase que cara á fin da República un denario equivalía ao salario diario dun traballador). Un denario valía 5 dupondios ou 10 ases (en 118 a. C., o valor do denario foi reaxustado a 16 ases). Un dupondio valía 2 ases, e 1 sestercio valía 4 ases. Estas moedas usáronse desde mediados do século III a. C. ata mediados do século III d. C. Nese século, a reforma de Caracalla substituíu o denario polo denario dobre, máis coñecido como antoniniano (lat. antoninianus), o cal, pola súa vez, desapareceu na reforma do sistema monetario de Diocleciano, que creou denominacións como o arxénteo (lat. argenteus), de prata, e o follis, de bronce prateado. Posteriores reformas, como a de Constantino de 324 d. C., estableceron o sólido (lat. solidus), de ouro, dividido en 3 tremis (gr. Τρεμίσσης -tremissis-; lat. tremis) ou en 24 siliquas (lat. siliqua), o miliarense (lat. miliarensis), de prata, e algunhas denominacións menores de bronze. Estas últimas moedas son as que estiveron en circulación ata a fin do Imperio Romano de Occidente.

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Ouro

O ouro é un elemento químico de número atómico 79 situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia. O metal atópase normalmente en estado puro e en forma de pebidas e depósitos aluviais e é un dos metais tradicionalmente empregados para cuñar moedas. O ouro utilízase na ourivaría, a industria e a electrónica.

Peseta

A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro.

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que a termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça, nome co que se coñecían dende o século XV a algunhas moedas de prata.

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869.

A peseta abréviase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta. O 1 de marzo de 2002 a peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 pta, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.

Podio

Un podio é unha plataforma usada para elevar a unha persoa por riba de quen o rodea. Deriva do grego πόδι (pé). En arquitectura, un edificio pode descansar sobre un gran podio. Os podios tamén poden ser usados para destacar persoas, como os directores dunha orquestra ou os oradores.

No deporte, unha especie de podio é empregado para honrar os tres primeiros competidores en eventos como os Xogos Olímpicos. Nos xogos emprégase un podio con tres niveis, sendo o máis alto para o medalla de ouro, un pouco máis baixo pola dereita o medalla de prata, e a terceira para o medalla de bronce. Nalgúns deportes, os tres mellores resultados dunha competición son chamados podios.

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Río da Prata

O río da Prata, en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico. Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. Posúe un rumbo xeral noroeste-sueste, vertendo no mar Arxentino a escorrentía da súa cunca hidrográfica máis a dos seus afluentes, que suma unha área de arredor de 3 200 000 km². Considérase tradicionalmente, en especial nos dous países das súas ribeiras, como o río máis ancho do mundo, con 220 km de ancho na súa foz.

Selección de fútbol de España

A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica. España gañou na final a Países Baixos cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da segunda parte da prórroga.

Os recoñecementos máis destacados pola conquista mundialista foron o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes e o Premio Laureus, considerado o Oscar do deporte, ao mellor equipo internacional do ano. Ademais foi nomeada en 2010 por terceira vez consecutiva, Mellor Equipo do Ano pola FIFA.Tamén participou en oito fases finais da Eurocopa, proclamándose campioa en tres ocasións, sendo a selección con máis títulos xunto con Alemaña. Destacou por primeira vez na edición de 1964, celebrada en España, onde se proclamou campioa como local ao derrotar na final á Unión Soviética por 2-1. Na Eurocopa de 1984, celebrada en Francia, alcanzou o subcampionato, perdendo a final por 2-0 ante o país anfitrión. Na Eurocopa 2008, España logrou o segundo título gañando na final ante Alemaña por 1-0. Esta vitoria en 2008 supúxolle encabezar por vez primeira a clasificación mundial da FIFA, sendo o sexto equipo que lograba liderar devandito ranking, e o primeiro que non gañara ningunha Copa do Mundo en facelo. En 2012 converteuse na única selección de fútbol en gañar dúas Eurocopas consecutivas, despois de vencer a Italia por 4-0, a máxima goleada nunha final desta competición, con goles de David Silva, Jordi Alba, Fernando Torres e Juan Mata. Con esta vitoria converteuse tamén na primeira selección nacional que consegue o triplete, con Eurocopa (2008), Mundial (2010) e Eurocopa (2012) consecutivos.

O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos foi en 1992, en Barcelona, cando gañou a medalla de ouro ao derrotar a Polonia por 3 a 2 na final disputada no Estadio do Camp Nou de Barcelona.

Nos Xogos Olímpicos de 2000, en Sidney, logrou a medalla de prata ao chegar á final, que perdeu ante Camerún. Tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen.

Noutras categorías, España conseguiu gañar a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 en 1999 xogado en Nixeria, ao derrotar por 4-0 a Xapón.

Shaka Samvat

O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

Uruguai

O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico.

O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.

Segundo as Nacións Unidas é o país de Latinoamérica co nivel de alfabetización máis alto.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), é o terceiro país de Latinoamérica (despois da Arxentina e de Chile), que posúe o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Tamén é o país de Latinoamérica (xunto con Costa Rica), coa distribución de ingreso máis equitativa, tomando a relación entre o ingreso do 10% máis rico e o do 10% máis pobre da poboación; o quinto, (despois de Cuba, Costa Rica, Chile e Ecuador, coa esperanza de vida máis alta, respectivamente; e o terceiro, despois da Arxentina e Chile, co PIB per cápita máis alto, e o décimo país de Latinoamérica co PIB máis alto.

Segundo o informe do ano 2009 de "Reporteiros sen fronteiras", o Uruguai é o país onde máis liberdade de prensa hai en Sudamérica. Así mesmo é o país máis democrático de toda Latinoamérica, segundo o "Índice de Democracia" de The Economist, sendo xunto a Costa Rica os únicos países latinoamericanos considerados como unha 'democracia completa'. O Uruguai foi o primeiro país latinoamericano, e o segundo en todo o continente americano, en recoñecer e legalizar a unión civil, incluíndo parellas homosexuais.

Xosé Ramón Gayoso

Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.