Praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha grande variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigoso a deterioración ecolóxica á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo o boletín de novas rentalia.com, nunha sondaxe na que contaron máis de dúas mil opinións, sitúaa entre as tres mellores de Galicia.[1]

Coordenadas: 42°50′06″N 09°06′23″O / 42.83500, -9.10639

Carnota 004
Praia de Carnota

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da praia de Carnota.
Carnota 003eue
Boca do río da praia de Carnota

Boca do río da praia de Carnota

Carnota, Galiza. Praia
Boca do río, Praia de Carnota, Galicia (Spain)

Notas

  1. Carnota, a praia galega máis recomendada no mundo
Carnota

Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 4.376 habitantes (4.938 no 2009, 5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carnotán.

Carnota (homónimos)

O topónimo galego Carnota pode referirse a:

Carnota, concello da provincia da Coruña;

San Mamede de Carnota, parroquia de dito concello;

Santa Comba de Carnota, parroquia de dito concello;

Carnota, lugar desta última parroquia;

Praia de Carnota, areal situado en dito concello;

Condado de Carnota, forma de organización territorial durante o antigo réxime do territorio situado entre os ríos Tambre e Xallas.

Carnota - Monte Pindo

Carnota-Monte Pindo é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que ocupa unha área de 4674 ha. dos Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos.Nel están as praias de Carnota e Caldebarcos entre as cales hai un sistema de marisma-lagoon, a lagoa de Caldebarcos. Na súa parte posterior existe un sistema de dunas móbiles e semimóbiles. Ao fondo do litoral están as penedas do macizo granítico que é o Monte Pindo. As marismas teñen especies como as xunqueiras Juncus maritimus e a Scirpus maritimus e son un lugar onde se crían aves como Charadrius alexandrinus, dándolle valor de conservación. Ademais do sistema costeiro e vexetación holítica, ou as dunas, destacan especialmente as turbeiras altas e activas que ten este espazo natural. No espazo están a a fervenza do Ézaro e as illas de Lobeira grande e Lobeira chica e as augas que as rodean.

Castro de Mallou

O Castro de Mallou é un poboado castrexo situado no concello de Carnota, nun outeiro preto da praia de Carnota.

Galería de imaxes da praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota.

Galería de imaxes de Carnota

Galería de imaxes do concello de Carnota na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de praias de Carnota

Praias de Carnota

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Panchés, San Mamede de Carnota, Carnota

Panchés é unha aldea da parroquia de San Mamede de Carnota no concello coruñés de Carnota.Segundo datos do IGE do 2009 ten 118 habitantes (51 homes e 67 mulleres). Limita ao norte co lugar da Curra e ao sur co lugar de Caldebarcos.

Praia

Unha praia é unha forma xeolóxica consistente na acumulación de sedimentos, por efecto da dinámica local das ondadas. Estes sedimentos son normalmente areas pero tamén hai praias de gravas ou grixos e de croios, seixos ou bolos, chamadas coídos. Existen moitas clases de praias podendo existir varios tipos sobre un mesmo banco de sedimentos, por mor a que nuns metros o tipo de rompente pode variar dando orixe a un tipo de praia distinta.

Unha praia fórmase cando as ondas e as correntes do mar propician a chegada de sedimento á beiramar. Logo unha praia fórmase baixo dous supostos: o primeiro, que a forma da costa sexa tal que haxa unha zona onde se deposite unha determinada cantidade de sedimento e que sexa estábel cos diferentes estados do clima marítimo. O segundo, que exista unha zona na que se ben o sedimento vaise perdendo por algures, haxa unha achega de sedimento por outro que o poida compensar. Unha vez que foron depositados os sedimentos, a praia é modelada segundo o tipo de rompente que lle afecta.

A praia é unha xeoforma dinámica pola cal está en permanente cambio, suxeita en todo momento a acción que cada onda, cada marea e cada temporal lle provoca, con grandes e importantes transportes de propio sedimento que a compoñen.

O termo "praia" tamén ten unha acepción a miúdo empregada nos textos de xeografía e xeoloxía para designar os bordos flutuantes de lagos salobres, salinos ou de "salgares" propiamente ditos. Estes lagos salinos ou "salgares" acostuman presentarse en cuncas endorreicas ou depresións de escasa profundidade onde a evaporación é moi intensa, polo que se van acumulando os sales, ao precipitarse, no fondo das mesmas.

Praia de Caldebarcos

A praia de Caldebarcos é un pequeno areal situado no litoral do lugar da Gándara de Caldebarcos, na parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota. Está preto da praia de Carnota.

Praias da provincia da Coruña

Esta é unha lista parcial das máis de 360 praias da provincia da Coruña dos concellos litorais de: Ares, Arteixo, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, A Coruña, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Sada e Valdoviño.

Ría de Corcubión

A ría de Corcubión, atópase na provincia da Coruña, en Galiza.

San Mamede de Carnota, Carnota

San Mamede de Carnota é unha parroquia do concello coruñés de Carnota, situado entre Santa Comba e O Pindo. En 2010 tiña 1.320 habitantes (600 homes e 720 mulleres).

Santa Comba de Carnota, Carnota

Santa Comba de Carnota é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.018 habitantes (542 mulleres e 476 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.299 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.