Praia da Lanzada

A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos. Pertencente á parroquia San Vicente do Grove, está situada no tramo de costa entre os concellos de Sanxenxo e O Grove.

É unha praia aberta con máis de 2.700 m de lonxitude. Tivo concedida a Bandeira Azul pero, en 2017, o concello do Grove renunciou ás bandeiras azuis en todo o seu término, manténdose o galardón para o tramo de Sanxenxo.[Cómpre referencia] Dispón de multitude de servizos.

Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada, todos eles xa en terreos do concello de Sanxenxo.

Coordenadas: 42°27′03.44″N 8°52′42.25″O / 42.4509556, -8.8784028

Praia da Lanzada
A Lanzada desde A Siradella
A praia da Lanzada desde o alto do Siradella.
Blue Flag Logo.svg Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
Lonxitude2.700 m
Largo medio20 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónNingún
Paseo marítimoSi
Características específicas
Tipo de areaGrosa
Aspectos medioambientais
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosSi
Tipo de accesoRamplas de madeira

Galería de imaxes

Véxase tamén: Galería de imaxes do Grove#Praia da Lanzada.
Castro da Lanzada, Noalla, Sanxenxo

Castro da Lanzada.

Lanzada
Lanzada Galicia - España
Panorámica da Lanzada dende Punta Lapa 15XI2013

Panorámica da Lanzada dende Punta Lapa

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

A Lanzada

O topónimo galego A Lanzada pode referirse a:

A Lanzada, lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello do Grove;

A Lanzada, lugar da parroquia de Noalla no concello de Sanxenxo;

Praia da Lanzada, que se estende entre Sanxenxo e O Grove;

Castro da Lanzada, asentamento da época castrexa e romana, no concello de Sanxenxo;

Torre da Lanzada, resto dunha construción defensiva medieval, inmediato ó castro anterior.

Ermida da Nosa Señora da Lanzada, ermida románica do século XIII.

A Lanzada, San Vicente do Grove, O Grove

A Lanzada é un lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 41 habitantes (18 mulleres e 23 homes), o que representa unha redución con respecto ó ano 2010, cando tiña 48 veciños, para case alcanzar a poboación que tiña en 2004, 40 veciños.

O lugar sitúase no extremo norte da praia da Lanzada. Nel érguese un antigo sanatorio antituberculoso, hoxe dedicado a campamento vacacional da Deputación de Pontevedra.

O areal da Lanzada tamén puido desenvolver un rol importante durante a Segunda Guerra Mundial coa preparación dun aeródromo alemán encuberto que non consta se chegou a ser empregado .

A muller na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da muller na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Cómpre advertir que a literatura oral, tanto a galega como a universal, está impregnada dunha clara misoxinia que reflicte o sentir popular das épocas nas que aquela foi xurdindo. Debe interpretarse, xa que logo, cunha perspectiva histórica sen translación a valores actuais.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Galería de imaxes da praia da Lanzada, O Grove

A praia da Lanzada está situada nos concellos do Grove e de Sanxenxo

Galería de imaxes da praia da Lanzada, Sanxenxo

A praia da Lanzada está situada nos concellos do Grove e de Sanxenxo

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes do Grove

Galería de imaxes do concello do Grove na provincia de Pontevedra.

Monte Siradella

O monte Siradella, con 166 metros é o punto máis alto da península do Grove desde onde se domina coa vista a praia da Lanzada e todo o concello, xunto co Complexo Intermareal existente na zona.

No alto do monte sitúase un Centro de Interpretación da Natureza. No cumio, o mirador da Siradella, cunha plataforma sobre a pedra de numerosos penedos desgastados entre o que destaca a coñecida como "Pedra Cabaleira"

Nas inmediacións atópase un antigo castro fortificado.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 700 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «grovense», «groveiro» ou popularmente «meco».

O Vinquiño, Padriñán, Sanxenxo

O Vinquiño é un lugar da parroquia de Padriñán do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 104 habitantes en 2016 (51 mulleres e 53 homes), o que representa un marcado descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 140 veciños, e ó ano 2004, cando eran 120.

No lugar do Vinquiño remata a autovía galega AG-41, que continúa cara ó Grove transformada no corredor galego VG-4.1 ata a praia da Lanzada.

PO-550

A PO-550 é a estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que vai de Cambados á Lanzada, no norte do concello de Sanxenxo. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. Forma parte da rede primaria básica, sendo unha peza fundamental da mobilidade da zona.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Surf

O surf é un deporte consistente en deslizarse sobre as ondas do mar erguido sobre unha táboa, dirixíndoa cunha ou varias quillas situadas na parte inferior da mesma.

Torre da Lanzada

A Torre da Lanzada, é o resto dunha torre-castelo de orixe medieval construída polos meiriños de Iria Flavia no Salnés para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

VG-4.1

A VG-4.1 ou Corredor do Salnés é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Orixinariamente formaba parte dun corredor máis longo, coñecido como Vía Rápida do Salnés, que foi desdobrada e convertida na autoestrada AG-41. Une a propia AG-41 na altura do concello de Sanxenxo coa praia da Lanzada, onde conecta coa PO-308 de acceso ao Grove.

En 2008 a entón conselleira de Política Territorial, OO. PP. e Transporte, María Xosé Caride, deixaba a porta aberta á posibilidade de prolongar o desdobramento até o concello do Grove.

Vao

Un vao é un lugar natural por onde poder pasar un obstáculo, normalmente cruzar unha corrente de auga ou un anaco de mar. Como topónimo pode referirse a:

Vao, lugar da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz;

Vao, lugar da parroquia de San Martiño de Mondoñedo no concello de Foz;

Vao, lugar da parroquia de Vedro no concello de Portomarín;

Vao, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro no concello do Valadouro;

O Vao, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo;

O Vao, lugar da parroquia de Tuxe, no concello do Bolo;

O Vao, lugar da parroquia de Riobó, no concello de Cabana de Bergantiños;

O Vao, lugar da parroquia de Temes, no concello de Carballedo;

O Vao, lugar da parroquia de Rabiño, no concello de Cortegada;

O Vao, lugar da parroquia de Cospeito, no concello de Cospeito;

O Vao, lugar da parroquia de Cereixido, no concello da Fonsagrada;

O Vao, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa;

O Vao, lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios;

O Vao, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Manzaneda;

O Vao, lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio;

O Vao, lugar da parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra;

O Vao, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Salvaterra de Miño;

O Vao, lugar da parroquia de Pascais, no concello de Samos;

O Vao, lugar da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra;

O Vao, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo;

O Vao, lugar da parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar;

O Vao, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar;

Cruceiro de Vao, lugar da parroquia de Boiro no concello de Boiro;

Ponte do Vao, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz;

Ponte do Vao, lugar da parroquia de Coeo, no concello de Lugo;

A Ponte do Vao, lugar da parroquia de Laxosa, no concello do Corgo;

Porto do Vao, lugar da parroquia de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro de Rei;

O río Vao, afluente no río Anllóns, na provincia da Coruña;

O río Vao, afluente no río Calvar, na provincia da Coruña;

Istmo do Vao, na península entre O Grove e a praia da Lanzada;

Encoro do Vao, no río Bibei;

Praia do Vao, ó carón da praia da Lavanqueira, na illa de Arousa;

Praia do Vao, entre a illa de Toralla e Canido, concello de Vigo.

Campo do Vao, campo de fútbol do Coruxo Club de Fútbol, en Coruxo, concello de Vigo.Isto aconteceu tamén na toponimia doutros territorios (Hondarribia, Atarrabia, Frankfurt, Oxford). Noutras linguas, Vao ten outros significados:

Vao, illa na provincia de Malampa, en Vanuatu;

Vao, poboación de Costa do Marfil;Vao ou VAO tamén é a abreviatura de Valle d'Aosta.

Cómpre non confundilo con van, que é o "espazo aberto por debaixo dun muro, ponte ou estrutura de sustentación".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.