Prado, Lalín

San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.

Coordenadas: 42°40′54″N 8°12′08″O / 42.681557, -8.2021475

Prado
Igrexa de Prado
Igrexa parroquial
ConcelloLalín
Poboación222 hab. (2017)
Entidades de poboación7

Economía

Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcorre ao longo da parroquia. Conta tamén con farmacia, carnicerías, algunhas industrias e un restaurante e dous bares. A industria máis coñecida é a de Toimil, unha fábrica de grúas principalmente pero tamén fabricou remolques para coches.[Cómpre referencia]

Historia

En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial,pero dende fai anos deixouse de celebrar esta feira tan popular. Nesta parroquia naceu o político Xosé Cuíña. Xosé Cuíña fundou un muíño na parroquia de Prado o cal se chamou Muíño de Cuíña, e hoxe en día segue en funcionamente.

Patrimonio

  • Ponte Taboada.
  • Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga. O cal se reformou completamente entre os anos 2015 e 2017.[Cómpre referencia]
  • A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.
  • Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría. Pegada a parte exterior dunha das paredes atópase unha fonte da cal se dí que a súa auga pode curar problemas oculares.
  • Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.

Educación e cultura

En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio.O pavillón de dito colexio foi renovado interiormente no ano 2016.

En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado (como presidente Antonio Costa) que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.

Festas

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Prado, Lalín.
Igrexa de Prado, vista posteiror

Vista posterior da igrexa parroquial.

Estatua de Joaquín Loriga

Estatua de Joaquín Loriga.

Lugares e parroquias

Parroquias de Lalín

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Borralla, Prado, Lalín

A Borralla é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 36 habitantes (17 homes e 19 mulleres).

A Carballeira, Prado, Lalín

A Carballeira é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

A Eirexe, Prado, Lalín

A Eirexe é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 9 habitantes (7 homes e 2 mulleres).

A Ponte Taboada, Taboada, Silleda

A Ponte Taboada é un lugar da parroquia de Taboada no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2007 tiña 6 habitantes, deles 2 eran homes e 4 eran mulleres. Isto supón un aumento no número de habitantes con respecto ao a ano 2000.

Toma o seu nome da ponte medieval que serve de paso entre Prado (Lalín) e Taboada sobre o río Deza, situada a escasos metros do lugar.

Banda de música A Lira de Prado

A Banda de Música "A Lira" de Prado é unha agrupación musical con sede na parroquia lalinense de Prado. Tras unha efémera existencia na década de 1930, en novembro de 2009 foi refundada e posta a andar coa colaboración de músicos de outras agrupacións.

Eladio Cuíña

Eladio Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) en 1952, é un empresario galego

Galería de imaxes de Lalín

Galería de imaxes do concello de Lalín na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Prado, Lalín

San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

Guía de Galicia

Co título de Guía de Galicia escribíronse diversas obras relativas á xeografía e historia de Galicia:

Guía de Galicia, de Cesáreo Rivera Abraldes e Víctor María Vázquez Rodríguez (Madrid, 1883);

Guía de Galicia, de Jacinto del Prado (Lalín, 1909);

Guía de Galicia, de Ramón Otero Pedrayo (Madrid, 1926);

Guía de Galicia, de Xavier Costa Clavell (Barcelona, 1984);

Guía de Galicia, de Luis Varasa Sobrino (Santiago de Compostela, 1990);

Guía de Galicia do A ó Z, de Xosé Luís Laredo Verdejo e Efrén Vázquez Vázquez (Vilaboa, 1991).

Liñares, Prado, Lalín

Liñares é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres).

O Alto da Pena, Prado, Lalín

O Alto da Pena é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

Outeiro, Prado, Lalín

Outeiro (do latín altarium, "parte alta ou elevación do terreo") é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres).

Padruxao, Prado, Lalín

Praduxao é un lugar da parroquia de Prado, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres).

Pazo de Liñares

O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín), é estilo barroco. É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosqueira, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada.

Foi fundado a finais do século XVII por Álvaro Núñez Taboada, da Casa de Bendoiro. No pazo pasou a súa infancia o pioneiro da aviación Joaquín Loriga.

Foi adquirido polo concello de Lalín a finais do ano 2002. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento por Decreto 334/2009 de 4 de xuño da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. As obras de rehabilitación comezaron o día 14 de abril de 2011, e asinouse a recepción das mesmas o 28 de febreiro de 2013.

Perfecto Pereiro Castro

Perfecto Pereiro Castro, nado en Xonxil (Noceda, Lalín) o 5 de decembro de 1871 e falecido na vila de Silleda o 6 de agosto de 1947, foi un empresario galego.

Ponte Taboada

A ponte Taboada é unha ponte románica do século X, sobre o río Deza, situada entre as parroquias de Prado (Lalín) e Taboada (Silleda), dálle nome ao lugar da Ponte Taboada.

Construída en 912 (segundo unha inscrición que figura na ponte), cun só arco de medio punto apuntado. Pertence ao itinerario da antiga Vía da Prata, sendo o histórico paso sobre o río Deza.

Xosé Cuíña

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.