Príncipe de Gales

O Príncipe de Gales é, dende 1301, o título do herdeiro dos monarcas británicos. A tradición iniciouna Eduardo I de Inglaterra en 1301 quen lle deu este título ó seu fillo, o príncipe Eduardo (posteriormente Eduardo II de Inglaterra) despois da anexión do País de Gales por Inglaterra, a través do Estatuto de Rhuddlan.

Lenda

Segundo unha famosa lenda, o rei prometeulles aos galeses que conquistara que nomearía "un príncipe nado en Gales, que non falara unha palabra de inglés" e despois nomeou o seu fillo como príncipe para sorpresa dos galeses. Eduardo II realmente naceu en Caernarfon, Gales, mentres que o seu pai loitaba alí, e como moitos infantes é probable que naquel tempo non falara inglés (en realidade, ó crecer na corte é probable que o seu primeiro idioma fose o francés normando e non o inglés).

Ó contrario que os títulos de Duque de Cornualles e Duque de Rothesay que os adquire ó nacer o herdeiro da coroa ou pola ascensión do seu proxenitor á coroa, a creación dun título de Príncipe de Gales depende da vontade do soberano.

O lema do Príncipe de Gales é Ich dien (eu sirvo en alemán).

Listaxe dos príncipes de Gales

Nota: as datas fan referencia ó período en que a persoa en cuestión foi Príncipe de Gales.

20 de setembro

O 20 de setembro é o 263º día do ano do calendario gregoriano e o 264º nos anos bisestos. Quedan 102 días para finalizar o ano.

7 de febreiro

O 7 de febreiro é o 38º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 327 días para finalizar o ano, 328 nos anos bisestos.

9 de abril

O 9 de abril é o 99º día do ano do calendario gregoriano e o 100º nos anos bisestos. Quedan 266 días para finalizar o ano.

Artur Tudor

Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.

Carlos de Inglaterra

Charles Philip Arthur George Windsor máis coñecido como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é un aristócrata inglés, herdeiro ao trono do Reino Unido e da Commonwealth.

É o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibe o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. En caso de reinar, usaría o nome real de Carlos III (Charles III), aínda que afirmou en varias ocasións que elixiría o nome do seu avó para reinar, neste caso sería Xurxo VII (George VII).

Casou con Diana Frances Spencer o 29 de xullo de 1981, coa que tivo dous fillos, Guillerme de Cambridge e Henrique de Sussex. O 28 de agosto de 1996 firmaron o divorcio, un ano antes da morte de Diana o 31 de agosto de 1997.

Casou de novo con Camila de Cornualles, con quen tivo relacións antes e durante o seu primeiro matrimonio, o 9 de abril de 2005.

Conferencia Leste (NHL)

A Conferencia Leste (en inglés Eastern Conference, e en francés Conférence de l'Est) é unha das dúas conferencias nas que se dividen os equipos da National Hockey League (NHL). A Conferencia Leste foi creada en 1974 baixo o nome de Conferencia Príncipe de Gales, e dende o realiñamento de 2013 está formada por 16 equipos agrupados en dúas divisións de oito equipos cada unha: a Atlantic Division e a Metropolitan Division. O campión da conferencia recibe o Prince of Wales Trophy.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Dafydd Benfras

Dafydd Benfras (fl. 1230-1260) foi un poeta cortesán galés a quen autores como Sauders Lewis considera un dos meirandes entre os Poetas dos Príncipes (Beirdd y Tywysogion).

Dafydd Benfras foi un poeta da corte do reino de Gwynedd e a maioría dos poemas que chegaron ata nós son elexías e poemas de loor aos seus príncipes. Compuxo unha oda a Llywelyn o grande onde celebra as súas batallas e vitorias sobre o rei Xoán I de Inglaterra, e escribiu unha elexía ao fillo de Llywelyn, succesor como Príncipe de Gales, Dafydd ap Llywelyn, cando morreu en 1246.

Estreito de Bering

O estreito de Bering (ruso: Берингов пролив, Béringov proliv) é un brazo de mar localizado entre o extremo oriental de Asia (Siberia) (Uelen) e o extremo norte occidental de América (Alasca) (Tin City). As súas augas comunican o mar de Chukchi, ao norte, co mar de Bering, ao sur. A súa anchura é de 82 km entre as inmediaciones do Cabo Dezhnev na península de Chukchi, en Rusia, que constitúe o punto máis oriental (169° 39' W) do continente de Asia, e as proximidades do Cabo Príncipe de Gales, en Alasca, Estados Unidos, que é o punto máis occidental (168° 07' W) do subcontinente de Norteamérica.

O nome foi posto en honor a Vitus Bering, o explorador danés ao servizo de Imperio ruso que o cruzou en 1728.

Desde polo menos 1562 os xeógrafos europeos sospeitaban que existía un Estreito de Anián entre Asia e Norteamérica. En 1648 Semión Dezhniov probablemente pasou a través do estreito, pero o seu relato non chegou a Europa. A rexión en que se atopa denomínase Berinxia.

Segundo a teoría máis aceptada, o ser humano migrou desde Asia ata América pasando por este estreito, posiblemente aproveitando un período glaciar e a conxelación do mar así como o nivel máis baixo das augas.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Illa Príncipe de Gales

A illa Príncipe de Gales (en inglés: Prince of Wales Island) é a terceira maior illa dos Estados Unidos, logo de Hawai e a illa Kodiak. É unha das illas do arquipélago Alexander, en Alasca.

Illa do Príncipe de Gales, Canadá

A Illa do Príncipe de Gales é unha illa Ártica en Nunavut, Canadá, entre a Illa Victoria e Illa Somerset e ó sur das Illas da Raíña Isabel. É unha das máis grandes das Illas Árticas do Canadá.

A efectos administrativos, divídese entre as rexións Qikiqtaaluk e Kitikmeot. Non hai establecementos habitados permanentes.

Monarquía

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Wallis Simpson

Wallis, duquesa de Windsor, rexistrada ao nacer como Bessie Wallis Warfield e máis tarde, por matrimonio, chamada Wallis Spencer e despois Wallis Simpson, nada en Blue Ridge Summit (Pensilvania) o 19 de xuño de 1896 e finada en París o 24 de abril de 1986, foi unha socialite estadounidense que, despois de divorciarse dúas veces, casou en terceiras nupcias, o 3 de xuño de 1937, co príncipe Eduardo, duque de Windsor, quen antes do seu matrimonio fora Eduardo VIII, rei do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e Emperador da India.

O pai de Wallis morreu pouco despois do seu nacemento, e Wallis, xunto á súa nai viúva, recibiu o apoio dalgúns parentes ricos. O seu primeiro matrimonio, cun oficial da Armada dos Estados Unidos, caracterizouse por varios períodos de separación e finalmente terminou en divorcio. En 1934, durante o transcurso do seu segundo matrimonio, supostamente fíxose amante de Eduardo, por entón príncipe de Gales. Dous anos máis tarde, despois da morte de Xurxo V e o ascenso ao trono de Eduardo VIII, Wallis divorciouse do seu segundo marido e Eduardo propúxolle matrimonio. O desexo do rei de contraer nupcias cunha muller que tiña dous ex-maridos vivos provocou unha crise constitucional no Reino Unido e os seus dominios, o que finalmente conduciu a que abdicase ao trono en decembro de 1936 e casase, segundo as súas propias palabras, coa "muller que amo". Despois da abdicación, o antigo rei foi nomeado duque de Windsor polo seu irmán, o rei Xurxo VI. Eduardo casou con Wallis seis meses máis tarde, despois do cal ela foi coñecida formalmente como a duquesa de Windsor, sen o tratamento de A Súa Alteza Real.

Antes, durante e despois da segunda guerra mundial, moitas persoas do goberno e da sociedade sospeitaban que o duque e a duquesa de Windsor simpatizaban cos nazis. No transcurso das décadas de 1950 e 1960, a parella viviu entre Europa e os Estados Unidos, gozando dunha vida de lecer como celebridades sociais. Ao morrer o duque en 1972, a duquesa recluíuse e só de cando en vez volveu ser vista en público. A súa vida privada foi fonte de múltiples especulacións e aínda segue a ser unha figura controvertida na historia británica.

Xurxo III do Reino Unido

Xurxo III do Reino Unido, nado co nome de George William Frederic de Hannover o 4 de xuño de 1738 e finado o 29 de xaneiro de 1820, foi Rei da Gran Bretaña desde 1760 ata 1801. A partir da Acta de Unión de 1800, Xurxo III pasou a ser Rei do Reino Unido. Foi tamén Duque de Brunswick-Lüneburg e, a partir de 1814, Rei de Hannover. Xurxo III é coñecido como o Louco debido a demencia mental causada pola doenza crónica que sufría (porfiria). Era fillo de Federico, Príncipe de Gales e da princesa Augusta de Saxe-Gotha, e sucedeu ao avó Xurxo II

No reinado de Xurxo III produciuse a independencia dos Estados Unidos de América, ata entón unha colonia británica.

Casou o 8 de setembro de 1761 coa princesa xermana Sofia Carlota de Mecklenburg-Strelitz. O matrimonio tivo os seguintes fillos:

Xurxo IV do Reino Unido, Rei do Reino Unido (12 de agosto de 1762 - 26 de xuño de 1830) casou con Carolina de Brunswick-Wolfenbüttel; sucedeu ao pai.

Federico, Duque de York (16 de agosto de 1763 - 5 de xaneiro de 1827) casou con Federica, Princesa da Prusia.

Guillerme IV do Reino Unido (21 de agosto de 1765 - 20 de xuño de 1837) casou con Adelaide de Saxe-Meiningen; sucedeu ao seu irmán.

Carlota, Princesa Real (29 de setembro de 1766 - 6 de outubro de 1828) casou co Federico, Rei de Württemberg.

Eduardo Augusto, Duque de Kent e Strathearn (2 de novembro de 1767 - 23 de xaneiro de 1820) casou coa Princesa Vitoria de Saxe-Coburg-Saalfeld; pai da Raíña Vitoria

Augusta Sofia (8 de novembro de 1768 - 22 de setembro de 1840)

Isabel (22 de maio de 1770 - 10 de xaneiro de 1840) casou con Federico, Landgrave de Hesse-Homburg.

Ernesto Augusto I de Hannover, Rei de Hannover (5 de xuño de 1771 - 18 de novembro de 1851) casou coa Princesa Federica de Mecklenburg-Strelitz.

Augusto Federico, Duque de Sussex (27 de xaneiro de 1773 - 21 de abril de 1843) casou primeiro con Lady Augusta Murray, coa que tivo fillos; após da anulación deste casamento, casou con Lady Cecilia Buggins.

Adolfo, 1º Duque de Cambridge (24 de febreiro de 1774 - 8 de xullo de 1850) casou con Augusta de Hesse-Cassel.

Maria (25 de abril de 1776 - 30 de abril de 1857) casou co Príncipe Guillerme, Duque de Gloucester

Sofia (3 de novembro de 1777 - 27 de maio de 1848) nunca casou; tivo un fillo ilexítimo do General Sir Thomas Garth.

Octávio (23 de febreiro de 1779 - 3 de maio de 1783)

Alfredo (22 de setembro de 1780 - 20 de agosto de 1782)

Amélia (7 de agosto de 1783 - 2 de novembro de 1810)

Xurxo II de Gran Bretaña

Xurxo II de Gran Bretaña e Hannover (en alemán Georg Augustus von Hannover), nado no Schloss Herrenhausen, en Hannover, o 10 de novembro de 1683 e falecido no castelo de Kensington o 25 de outubro de 1760, foi rei de Gran Bretaña e de Irlanda, duque de Brünswick-Luneburgo (en Hannover) e Príncipe elector do Sacro Imperio Romano Xermánico desde o 11 de xuño de 1727 ata a súa morte. Foi o segundo soberano da Casa de Hannover e o último monarca británico que dirixiu persoalmente as súas tropas nunha batalla (en Dettingen en 1743). Así mesmo, foi o último soberano inglés en nacer fóra de Gran Bretaña.

Xurxo II foi famoso polos seus múltiples conflitos co seu pai e posteriormente co seu fillo (algo moi común entre os soberanos da casa de Hannover). As súas relacións coa súa muller foron moito mellores, a pesar das numerosas amantes que tivo. Xurxo II exerceu pouco control sobre a política durante o principio do seu reinado, o goberno estaba dirixido polo primeiro (non-oficial) "Primeiro Ministro" Sir Robert Walpole.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.