Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Coat of Arms of Leonor, Princess of Asturias

Orixe do título

As orixes do Principado de Asturias remóntanse aos primeiros anos do século XIV, cando, nas chamadas Asturias de Oviedo, constituír o primeiro gran señorío nobiliario para Rodrigo Álvarez, que pasou a chamarse Rodrigo Álvarez das Asturias (utilizando en ocasións o apelido "Álvarez-Nava", como equivalente ao "Álvarez das Asturias", por proceder Rodrigo do solar de Nava, vila do Principado de Asturias). Ao morrer sen sucesión, pasou a Enrique de Trastámara que, á súa vez, cedeuno a un fillo bastardo: Alonso Enríquez. Durante o reinado de Xoán I, o conde de Noreña protagonizou unha serie de revoltas que decidiron ao Rei a confiscar o señorío e incorporalo á Coroa.

En 1388, a raíz do matrimonio acordado polo rei Xoán I de Castela e por Xoán de Gante, duque de Lancaster entre os seus respectivos fillos, o Infante Henrique e Catalina (acordo de Baiona), para pór así fin ás pretensións dos Lancaster á coroa de Castela (como descendentes de Pedro I), decidiuse que, así como en Inglaterra o herdeiro do trono era titulado Príncipe de Gales e en Francia Delfín, en Castela sería Príncipe de Asturias.

O título de Príncipe de Asturias en diante sería ostentado polo herdeiro da Coroa de Castela e de España.

Nos primeiros tempos da institución de Príncipe de Asturias non foi un simple título de honra, pois o territorio asturiano pertencíalles como patrimonio. A persoa á que se lle outorgaba este título podía nomear xuíces, alcaldes etc., que gobernaban o Principado en representación do seu Señor. Esta situación cambiou cos Reis Católicos, que reduciron o título de Príncipe de Asturias a unha condición honorífica, carácter que se mantivo cos reis da Casa de Austria e coa dinastía dos Borbóns.

Lista dos príncipes de Asturias

Imaxe Príncipe de Asturias Herdeiro de Inicio Fin
Ano Causa
Segovia Alcazar stained glass 05 Henrique de Castela Xoán I 1388 1390 Accede ao trono como Henrique III
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries María de Castela Henrique III 1402 1405 Desprazada polo nacemento do seguinte
Burgos - Cartuja de Miraflores - Tumba de Juan II de Castilla Xoán de Castela Henrique III 1405 1406 Accede ao trono como Xoán II
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries Catalina de Castela Xoán II 1422 1424 Falecida
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries Leonor de Castela
(adoita omitirse das listas de Príncipes de Asturias)[1]
Xoán II 1424 1425 Desprazada polo nacemento do seguinte
ENRIQUEIV.jpeg Henrique IV Xoán II 1425 1454 Accede ao trono como Henrique IV
Juana la Beltraneja Xoana de Castela Henrique IV 1462 1464 Desherdada en favor do seguinte
Cartuja de Miraflores (Burgos) - Tumba de Alfonso de Castilla - Detalle Afonso de Castela Henrique IV 1464 1465[2] Proclamado rei por un grupo de nobres (farsa de Ávila)[2]
1468[2] Falecido[2]
IsabellaofCastile03 Isabel de Castela Henrique IV 1468[3] 1470[4] Desherdada en favor da seguinte[4]
1474[5] Autoproclamada raíña[5]
Juana la Beltraneja Xoana de Castela Henrique IV 1470[4] 1475[5] Autoproclamada raíña[5]
1479[5] Perde a Guerra contra Isabel[5]
Elisabet, reina de Portugal Isabel de Aragón Isabel I 1476 1480 Desprazada polo nacemento do seguinte
Xoán de Aragón Isabel I 1480 1497 Falecido
Elisabet, reina de Portugal Isabel de Aragón Isabel I 1498 1498 Falecida
Coat of Arms of the Heir of the Crown of Castile 13th-16th Centuries Miguel da Paz de Portugal Isabel I 1499 1500 Falecido
Juan de Flandes 003 Xoana de Aragón Isabel I 1502 1504 Accede ao trono como Xoana I
Charles V. - after Bernaerd van Orley - depot Louvre-Musée de Brou, Bourg-en-Bresse Carlos de Austria Xoana I 1506 1516 Accede ao trono como Carlos I
Philip II of Spain (young, French School) Filipe de Austria Carlos I 1528 1556 Accede ao trono como Filipe II
Alonso Sánchez Coello 005 Carlos de Austria Filipe II 1560 1568 Falecido
Philip II offering Fernando to Victory Fernando de Austria Filipe II 1573 1578 Falecido
DiegoSpanien Diego de Austria Filipe II 1580 1582 Falecido
Juan Pantoja de la Cruz 002 Filipe de Austria Filipe II 1584 1598 Accede ao trono como Filipe III
Philip IV of Spain as Prince of Asturias, Bartolome Gonzalez y Serrano 003 Filipe de Austria Filipe III 1608 1621 Accede ao trono como Filipe IV
Diego Velázquez 070 Baltasar Carlos de Austria Filipe IV 1632 1646 Falecido
Prince Philip Prospero by Diego Velázquez Filipe Próspero de Austria Filipe IV 1658 1661 Falecido
Retrato ecuestre de Carlos II niño Carlos de Austria Filipe IV 1661 1665 Accede ao trono como Carlos II
Luis I, príncipe de Asturias Luís de Borbón Filipe V 1709 1724 Accede ao trono como Luís I
Fernando6 Fernando de Borbón Filipe V 1724 1746 Accede ao trono como Fernando VI
Anton Raphael Mengs, Prince of Asturias, Future Charles IV of Spain (са 1765) - 02 Carlos de Borbón Carlos III 1760 1788 Accede ao trono como Carlos IV
Fernando de Borbón, príncipe de Asturias Fernando de Borbón Carlos IV 1789 1808 Accede ao trono como Fernando VII
Doña Isabel II, niña (anónimo) Isabel de Borbón Fernando VII 1830
(1833)[6]
1833 Accede ao trono como Isabel II
Isabella, Infanta of Spain and Princess of Asturias Isabel de Borbón Isabel II 1851 1857 Desprazada polo nacemento do seguinte
Alfonso XII de España, c. 1870 Afonso de Borbón Isabel II 1857 1870 Recibe os dereitos dinásticos da súa nai, a raíña Isabel II (no exilio)
2nd Duke of Aosta Manuel Filiberto de Savoia Amadeo I 1871 1873 Abdicación do seu pai, o rei Amadeo I
Infanta Isabella of Spain (1851–1931) Isabel de Borbón Afonso XII 1875 1880 Desprazada polo nacemento da seguinte
Mercedes princess of Asturias María das Mercedes de Borbón Afonso XII 1881 1904 Falecida
Afonso XIII
Afonso de Borbón-Dúas Sicilias
(Herdeiro da Coroa sen tratamento de Príncipe de Asturias)[7]
Afonso XIII 1904 1907 Desprazado polo nacemento do seguinte
Alfonso Prince of Asturias Afonso de Borbón Afonso XIII 1907 1933 Renuncia aos seus dereitos á Coroa
J. de Borbón Xoán de Borbón[8] Afonso XIII 1933 1941 Accede á Xefatura da Casa Real
Busto de Juan Carlos I de España (2009) Xoán Carlos de Borbón[9] Xoán de Borbón 1941 1975[10] Accede ao trono como Xoán Carlos I
Felipe, Prince of Asturias Filipe de Borbón Xoán Carlos I 1977 2014 Accede ao trono como Filipe VI
Imposición del Toisón de Oro a la princesa de Asturias 04 Leonor de Borbón Filipe VI 2014 Actualidade -

Notas

  1. Xurada como Princesa de Asturias unicamente por doce procuradores das Cortes de Castela. Adoita omitirse nas listas de Príncipes de Asturias ("A numeración dos Príncipes de Asturias" Arquivado 07 de abril de 2010 en Wayback Machine.)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 O 5 de xuño de 1465, no que se denominou "farsa de Ávila", un grupo de nobres proclamou rei ao Príncipe Afonso. O príncipe morreu por causas descoñecidas en 1468, deixando a Henrique IV como único rei
  3. Polo Pacto dos Toros de Guisando do 19 de setembro de 1468, Henrique IV recoñecía á súa medio irmán Isabel como Princesa de Asturias
  4. 4,0 4,1 4,2 Na Cerimonia da Val de Lozoya, celebrada o 26 de outubro de 1470, Henrique IV anulou o Pacto dos Toros de Guisando e proclamou Princesa de Asturias á súa filla Xoana
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Tras a morte en 1474 de Henrique IV desencadeouse unha guerra pola sucesión entre Isabel e Xoana. Isabel autoproclamouse raíña o 13 de decembro de 1474 e Xoana o 30 de maio de 1475. O 4 de setembro de 1479, o Tratado de Alcáçovas puxo fin á contenda, quedando Isabel como única raíña
  6. Proclamada Princesa de Asturias mediante o Real Decreto do 13 de outubro de 1830 e xurada como Herdeira da Coroa o 20 de xuño de 1833
  7. Por Real Decreto do 17 de outubro de 1904, gozou de todas as honras que lle correspondían como Herdeiro da Coroa, pero nunca ostentou o título de Príncipe de Asturias
  8. Príncipe titular de Asturias por nomeamento do seu pai, o Rei Afonso XIII (no exilio)
  9. Príncipe titular de Asturias polo nomeamento do seu pai, o Xefe da Casa Real
  10. Desde 1969, en virtude da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado ostentaba o título de Príncipe de España

Véxase tamén

Ligazóns externas

El País

El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.

Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.

No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la Times New Roman.

As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.

El País pertenece ó maior grupo mediático español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable;Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).

François Englert

O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932, é un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén é Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel, e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.

Günter Grass

Günter Grass ou Günter Graß, nado en Danzig (a actual Gdansk, en Polonia) o 16 de outubro de 1927 e finado en Lübeck o 13 de abril de 2015, foi un autor e intelectual alemán, premio Nobel de Literatura en 1999.

José Ángel Valente

José Ángel Valente Docasar, nado en Ourense o 25 de abril do 1929 e finado en Xenebra (Suíza) o 18 de xullo do 2000, foi un poeta e ensaísta galego. A inmensa maioría da súa obra poética escribiuna en castelán, estando a súa produción en lingua galega restrinxida a dous libros: Sete cántigas de alén (1981) e Cántigas de alén (1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1988) e o Premio Nacional de Poesía de España (1993 e, a título póstumo, no 2001).

Michael Haneke

Michael Haneke, nado o 23 de marzo de 1942 en Múnic, Alemaña é un director e guionista de nacionalidade austríaca coñecido polo seu estilo cinematográfico sombrío e perturbador. Os seus filmes acostuman documentar os problemas e os fracasos na sociedade moderna.

Mikhail Gorbachev

Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931, é un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.

Nature

Nature é unha das máis antigas e famosas revistas científicas. O seu primeiro número foi publicado o 4 de novembro de 1869. A diferenza doutras non está especializada en ningún campo en concreto, publicando artigos nunha ampla variedade de temas, aínda que a súa principal área é a bioloxía. O seu principal competidor é a revista Science.

Organización Mundial da Saúde

A Organización Mundial da Saúde (OMS, ou WHO, nas súas siglas en inglés), é o organismo das Nacións Unidas especializado en saúde, foi creado o 7 de abril de 1948, institución dependente das Nacións Unidas.

Premio Princesa de Asturias da Concordia

O Premio Príncipe de Asturias da Concordia é concedido a aquela persoa, grupo de persoas, ou institución cuxo labor contribuíra de forma exemplar e relevante ó entendemento e á convivencia en paz entre os homes, á loita contra a inxustiza, a pobreza, a enfermidade, a ignorancia ou a defensa da liberdade, que abrira novos horizontes ó coñecemento ou se destacara, tamén de maneira extraordinaria, na conservación e protección do patrimonio da Humanidade.

Premio Princesa de Asturias das Artes

O Premio Princesa de Asturias das Artes é concedido á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións cuxa labor na arquitectura, cinematografía, danza, escultura, música, pintura e demais expresións artísticas, constitúa unha achega relevante ó patrimonio cultural da humanidade.

Premio Princesa de Asturias das Letras

O Premio Príncipe de Asturias das Letras, é concedido desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación represente unha contribución relevante á cultura universal nos campos da Literatura ou da Lingüística.

Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais

O Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais é concedido, desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación nos campos da Antropoloxía, Dereito, Economía, Xeografía, Historia, Psicoloxía, Socioloxía e demais Ciencias Sociais represente unha contribución relevante ó desenvolvemento das mesmas en beneficio da Humanidade.

Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades

O Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades é concedido, desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creadora ou de investigación represente unha achega relevante á cultura universal neses campos.

Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional

O Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional é concedido desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor contribuíran de forma exemplar e relevante ó mutuo coñecemento, ó progreso ou á fraternidade entre os pobos.

Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica

O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica é concedido desde 1981, á persoa, persoas, equipo de traballo ou institución cuxos descubrimentos ou labor de investigación representen unha contribución relevante para o progreso da Humanidade nos campos das Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Medicina, Ciencias da Terra e do Espazo, así coma técnicas e tecnoloxías relacionadas con elas.

Premio Princesa de Asturias dos Deportes

O Premio Príncipe de Asturias de los Deportes é concedido dende 1981, á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións que, ademais da exemplaridade da súa vida e obra, conseguiran novas metas na loita do home por superarse a si mesmo e contribuíran co seu esforzo, de maneira extraordinaria, ó perfeccionamento, cultivo, promoción ou difusión dos deportes.

Premios Princesa de Asturias

Os Premios Princesa de Asturias (Premios Príncipe de Asturias ata o 2014) nacen en 1981, convocados pola Fundación Princesa de Asturias, e son entregados anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias. En outubro de 2014, o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse «Princesa de Asturias», en alusión á herdeira da Coroa, a princesa Leonor de Borbón.

Cada premio consta dun diploma, unha escultura de Joan Miró representativa do galardón, unha insignia con escudo da Fundación Príncipe de Asturias, e unha dotación en económica de 50 000 euros.

Os premiados poden ser persoas individuais, institucións ou grupos de traballo de todo o mundo que destacaran na súa traxectoria nalgunha das oito categorías dos galardóns: Artes, Deportes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Concordia, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica ou Letras. Ademais de todos estes, concédese tamén un galardón especial ó Pueblo Ejemplar de Asturias, concedido á vila asturiana que realizara ó longo do ano o labor máis meritorio en pro do seu desenvolvemento.

As deliberacións dos distintos xurados (un por cada premio) comezan no mes de maio, prolongándose ata o de setembro, cando se adoita fallar o Premio dos Deportes. As reunións dos xurados lévanse a cabo durante dous días no Hotel da Reconquista, situado en pleno centro da capital asturiana. O segundo día de deliberacións, o presidente do xurado fai público o fallo.

Os premios entréganse no Teatro Campoamor nunha cerimonia que foi presidida entre os anos 1981 e 2013 polo príncipe Felipe de Borbón que só faltou á cita 1984 por mor dos estudos. En 2014 volve presidir Felipe de Borbón e Grecia pero xa convertido en rei Felipe VI, en nome da princesa de Asturias, Leonor de Borbón.

En 2006 a Fundación Príncipe de Asturias celebrou o XXV Aniversario dos Premios cun intenso programa de actividades no que participaron personalidades e institucións que ó longo destes anos foron galardoadas cos Premios nalgunha das súas categorías. Dito programa incluíu a celebración de conferencias, debates, concertos e encontros, e foi inaugurada no mes de abril de 2005 cun acto no que o científico británico e Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1989, Stephen Hawking, pronunciou unha conferencia maxistral.

En 2015, Wikipedia levou o premio categoría Cooperación Internacional. Tamén foron declarados de "excepcional achega ao patrimonio cultural da Humanidade" pola Unesco en 2005.

Rafael Moneo

José Rafael Moneo Vallés, nado en Tudela o 9 de maio de 1937, é un arquitecto navarro. Foi mestre de arquitectura en diversos lugares do mundo. Gañou o Premio Pritzker no ano 1996 e o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 2012.

Science

Science (en galego, ciencia) é a revista científica e órgano de expresión da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (American Association for the Advancement of Science, AAAS).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.