Portos de Galicia

Portos de Galicia é un ente público adscrito á Consellería do Mar que administra os portos dependentes da Xunta de Galicia.

Comezou as súas actividades en 1996 e xestiona, conserva e explota o desenvolvemento dos 122 portos e instalacións portuarias de Galicia, nos que se desenvolven actividades pesqueiras, marisqueiras, comerciais e náutico-deportivas. O presidente do consello de administración de Portos de Galicia é José Manuel Álvarez-Campana.

En Galicia existen seis portos de interese xeral que son xestionados polas súas respectivas autoridades portuarias: porto de Ferrol-San Cibrao, porto da Coruña, porto de Vilagarcía, porto de Marín e porto de Vigo.

Vista Muxía
Porto de Muxía

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-526

A AC-526 ou Acceso ao Porto de Lorbé da Vía Ártabra é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia. Considerado como o "treito III" da Vía Ártabra, foi aberto ao tráfico o 3 de abril de 2017, logo de que as obras fosen adxudicadas en 2009.

Este vieiro ten 1,1 quilómetros. Consta dunha sección de dous carrís de 3,5 metros de largo e beiravías de 1,5 m. A obra foi executada grazas a un convenio asinado en 2008 por Portos de Galicia e as Consellarías de Mar e Infraestruturas e tivo un investimento de 1,689,881.11 euros .

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Con sede en Muelle Curuxeiras, s/n, 15401, Ferrol, é unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal Puertos del Estado. Dela dependen o porto de Ferrol e o porto de San Cibrao (porto de Alúmina-Aluminio, Alcoa), a máis de diversas outras instalacións, como os faros de illa Pancha (Ribadeo) e da Atalaia (San Cibrao).

O seu presidente é nomeado pola Xunta de Galicia. En 2013 foi nomeado José Manuel Vilariño Anca.

Autoridade Portuaria de Vigo

A Autoridade Portuaria de Vigo é o organismo responsábel do porto de Vigo. Ten a súa sede na praza da Estrela de Vigo. Antes de ter a denominación actual foi coñecido como Xunta de Obras do Porto de Vigo e mais como Xunta do Porto e Ría de Vigo.

É unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal: Puertos del Estado. A maioría das infraestruturas portuarias dedícanse ao transporte marítimo e pesca. Á parte do dominio público hai tamén unha parte dedicada ás empresas conserveiras e estaleiros.

Castelo de Monterreal

O castelo de Monterreal é un castelo da vila de Baiona, configurado por elementos construtivos do século XII ao XVI, tamén coñecido como Fortaleza de Monte do Boi. Dende 1966, é o Parador de turismo Conde de Gondomar. Atópase na península de Monterreal.

Consellería do Mar

A Consellería de Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa titular é Rosa Quintana.

Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Porto comercial de Ribadeo

O porto comercial de Ribadeo, sobre a ría do mesmo nome,coñecido como Porto de Mirasol, é un dos de movemento principal dependentes de Portos de Galicia. Os principais produtos embarcados son madeira e pasta de papel procedente da factoría de ENCE de Navia. Move preto de medio millón de toneladas anuais de mercadorías.

A finais da década de 2000, a aposta de ENCE polo Musel (porto de Xixón) para o embarque da pasta, causou alarma e produxo o comezo de obras para o seu traslado por ferrocarril a dito porto. A comezo de 2019, o goberno do Principado de Asturias, que puxera 2,8 millóns de euros, reclámaos a FEVE ante o abandono do proxecto.A canle de acceso ó porto necesita ser dragado periodicamente: en 2019 presupóstanse medio millón de euros para facer o dragado, coa retirada duns 43 000 m3 de area.

Porto da Coruña

O porto da Coruña, matrícula das embarcacións CO, é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da comarca, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Está integrado na provincia marítima da Coruña.

O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da Península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas).

Porto de Celeiro

O porto de Celeiro é un peirao de pesca situado na parroquia de Celeiro, ao norte do núcleo urbano de Viveiro, e abrigado pola ría de Viveiro.

Porto de Ferrol

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Consiste nunhas instalacións no interior da ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría.

É un porto moi especializado nas mercadorías a granel: carbón para a térmica das Pontes, chatarra para Megasa, madeira e derivados, exportación de maquinaria como aeroxeradores e pezas para os mesmos ou papel prensa transportado en tren. Existe unha lonxa de peixe en fresco cunha frota pesqueira de baixura. Tamén hai porto deportivo en Curuxeiras e nos meses de verán chegan ao porto cruceiros turísticos. O porto tamén ten terminal propia de carga ferroviaria.

Porto de Lorbé

O Porto de Lorbé é un porto galego do concello de Oleiros adicado principalmente ao marisqueo e pesca. O porto está situado na ría de Ares, no lugar de Lorbé, no límite do concello de Oleiros co de Sada. A principal actividade do porto é dar servizo ao cultivo e explotación do mexillón.

Nos anos 1950 iniciouse a instalación de bateas para o cultivo de mexillóns na zona, chegando a ter máis dun cento de bateas fronte ao porto na zona das augas interiores. Preto do porto está o acceso á Vía ártabra.

Porto de San Cibrao

Dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, está situado nos concellos de Cervo e Xove, servindo á actividade industrial da factoría Alcoa, que é concesionaria da súa xestión administrativa.

S. Cibrao ten asemade un porto pesqueiro, dependente de Portos de Galicia.

Porto de Vigo

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Porto deportivo de Pontevedra

O Porto deportivo de Pontevedra encóntrase na foz do río Lérez, na súa desembocadura na ría de Pontevedra. A súa carta náutica é 4162-IHM. Está xestionado polo Club Naval de Pontevedra, por concesión do ente público de Portos de Galicia–Zona Sur.

Porto deportivo de Ribadeo

O porto deportivo de Ribadeo, coñecido historicamente como porto de Porcillán, é un porto deportivo da vila de Ribadeo, na Mariña lucense. Atópase localizado en Porcillán, no interior da ría de Ribadeo, na cara sur da ponte dos Santos da autovía A-8. É un dos dous portos deportivos con Bandeira Azul que existen na provincia de Lugo.

Se ben Porcillán foi o tradicional porto de Ribadeo, coa construción do Porto de Mirasol para adicalo a actividades comerciais, o peirao quedou adicado á pesca. Despois, coa creación do porto deportivo e as súas sucesivas ampliacións, a actividade pesqueira tamén foi trasladada a outra zona, o porto pesqueiro, quedando Porcillán só adicado a actividades deportivas e como atraque das lanchas que atravesan a ría con pasaxeiros.

Ten 622 amarres e pertence ao ente público Portos de Galicia. Está xestionado polo Real Club Náutico de Ribadeo, fundado en 1974 e que ten a súa sede xunto ao porto.

A canle de acceso ós portos de Ribadeo necesita ser dragado periódicamente. en 2019 presupostanse medio millón de euros para facer o dragado, coa retirada duns 43 000 m3 de area cara a Mirasol e uns 4 300 na dársena do porto deportivo.

Punta Langosteira

Punta Langosteira é un promontorio localizado no concello de Arteixo a 7 km da cidade da Coruña e limítrofe co polígono de Sabón que formaba unha costa esgrevia, contaba cun pequeno desembarcadoiro no suroeste. É o lugar elixido para situar o Porto Exterior da Coruña que se está a construír e que está previsto rematar en 2012.

Na zona do monte onde se está a construír o Porto Exterior da Coruña existía un castro costeiro chamado Cociñadoiro. Foi escavado antes da súa destrución. Alí atopouse un castro que era empregado como fundición e diversos achados que están a ser estudados. Os resultados da escavación están pendentes de ser feitos públicos. A autoridade portuaria da Coruña comprometeuse a expoñer no lugar o atopado nun museo ou centro de interpretación cando as obras rematen.

En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque de Monticaño como o lugar onde se exporían os achados do Castro de Cociñadoiro alí construirase o centro de interpretación de Langosteira.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Vicente Irisarri

Vicente Luis Irisarri Castro, nado en Vigo en 1951, é un enxeñeiro e político galego, alcalde de Ferrol dende 2007 ata 2011, polo PSdeG-PSOE. É ademais irmán do arquitecto Jesús Irisarri.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.