Portomouro, Val do Dubra

San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 367 habitantes (195 mulleres e 172 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes, e 1999, con 482.

Portomouro
Tambre.Portomouro.Val do Dubra
O río Tambre ó seu paso por Portomouro.
ConcelloVal do Dubra
Área6,75 km²
Poboación367 hab. (2013)
Densidade54,37 hab./km²
Entidades de poboación5

Situación

Portomouro atópase no cruzamento de camiños que van dende Santiago de Compostela cara o norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404. (Entrepontes)[1].

Economía

Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún. Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.

Patrimonio

Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, amieiros, freixos etc.). Tamén cómpre destacar a "Pedra do Home", con tres sepulturas antropomorfas prehistóricas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Portomouro, Val do Dubra.
Pedra do Home, Portomouro, Val do Dubra

Pedra do Home

Portomouro Pedra do Home 01-05

Pedra do Home

Portomouro Pedra do Home 01-07

Pedra do Home

Portomouro-Río Tambre 2003GDFL 008

Río Tambre

Lugares e parroquias

Parroquias de Val do Dubra

Notas

  1. Mapa en Google Maps

Véxase tamén

Outros artigos

Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con

A Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con" (EHEC) é un centro de investigación científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. Foi inaugurada no ano 2004 Está situada á beira do encoro do Con, no lugar de Castro de Agudín, na parroquia de Cea (Vilagarcía de Arousa).

A EHEC persegue desde a súa orixe un triplo obxectivo: a investigación en materia de hidrobioloxía, a formación superior científico-técnica e a divulgación do avance científico como vía para solicitar dos cidadáns a súa cooperación na conservación do medio natural.

Galería de imaxes do río Tambre

O río Tambre nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano.

Jacinto Amigo Lera

Jacinto Amigo Lera, coñecido como Chinto, nado en Portomouro (Val do Dubra) e finado en Carballo o 5 de xullo de 1976, foi un político galego.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.