Portomourisco

San Vítor de Portomourisco é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Rúa da diocese de Astorga. Os seus terreos e vivendas están repartidos entre dous concellos, o de Larouco e o de Petín, e ten unicamente dúas entidades de poboación, aínda que oficialmente constan tres: Portomourisco e A Portela de Portomourisco, este último formado polos lugares homónimos dos concellos de Larouco, A Portela de Portomourisco (Larouco) e Petín, A Portela de Portomourisco (Petín).

Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 137 habitantes, deles 72 homes e 65 mulleres, e dos que 119 estaban censados en Petín e 18 en Larouco. A poboación diminuíu, pois no censo de 1999 tiñan 182 habitantes (22 en Larouco e 160 en Petín).

Situada ao pé do curso fluvial do río Xares, que realiza un acusado meandro nos arredores do núcleo. O río atravésao unha ponte, construída no século XVIII, que se acompaña dunha pequena ermida ao carón.

Portomourisco
Diocese: Astorga
Arciprestado: A Rúa
Área: - km²
Poboación: 137 hab. (2015)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 3
1 Portomourisco (3)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Portela de Portomourisco, Portomourisco, Larouco

A Portela de Portomourisco é un lugar da parroquia de Portomourisco no concello ourensán de Larouco na comarca de Valdeorras. Tiña 18 habitantes no ano 2015 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 10 eran homes e 8 mulleres.

A Portela de Portomourisco, Portomourisco, Petín

A Portela de Portomourisco é un lugar da parroquia de Portomourisco, no concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE, en 2016 tiña 76 habitantes (43 homes e 33 mulleres).

Freixido, Petín

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Petín na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (27 homes e 35 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Larouco.

Larouco

Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).

Lugares de Larouco

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Larouco

Lugares de Petín

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Petín

Mones, Petín

San Miguel de Mones é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 72 habitantes (31 homes e 41 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 108 habitantes.

Mourisco

O topónimo galego Mourisco pode referirse a:

Mourisco, lugar da parroquia de Pacios, no concello da Fonsagrada;

O Mourisco, lugar da parroquia de Castrelo de Cima, no concello de Riós;

San Salvador de Mourisco, parroquia do concello de Paderne de Allariz;San Salvador de Mourisco, lugar de dita parroquia.

OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

Petín

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2014 era de 961 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Petín, Petín

Santiago de Petín é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 644 habitantes (313 homes e 331 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes.

Porto

Porto pódese referir a:

Porto, lugar disposto para o atraque de naves.

Porto ou vao, lugar natural por onde cruzar unha corrente de auga ou un anaco de mar, normalmente co chan empedrado.

Porto, punto de menor altitude situado entre montañas a través do cal é doado atravesalas.

Porto (informática), unha conexión a través da que se envían ou reciben datos.

Porto serie, unha interface de comunicacións entre ordenadores e periféricos.

Porto y Cía. Editores, unha editorial santiaguesa fundada por Ángel Porto Anido.

Portomourisco, Larouco

San Víctor de Portomourisco é unha parroquia do concello ourensán de Larouco na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos dous lugares da parroquia homónima do concello de Petín, forma a parroquia eclesiástica de Portomourisco.

Portomourisco, Petín

San Víctor de Portomourisco é unha parroquia do concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres) establecidos en dúas entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co único lugar da parroquia homónima do concello de Larouco, forma a parroquia eclesiástica de Portomourisco.

Portomourisco, Portomourisco, Petín

Portomourisco é un lugar da parroquia de Portomourisco, no concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE, en 2016 tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres).

Portomourisco (homónimos)

O topónimo galego Portomourisco pode referirse a:Portomourisco, parroquia eclesiástica do arciprestado da Rúa, da diocese de Astorga;Portomourisco, parroquia do concello de Larouco;

A Portela de Portomourisco, lugar de dita parroquia;

Portomourisco, parroquia do concello de Petín;

Portomourisco, lugar de dita parroquia;

A Portela de Portomourisco, lugar de dita parroquia.

Santoalla do Monte, Petín

Santoalla do Monte é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o IGE, en 2016 tiña 7 habitantes (3 mulleres e 4 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña tamén 7 habitantes.

Vítor I, papa

Vítor I, chamado logo san Vítor, nado talvez en África e morto posiblemente en Roma en 199, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 189 e 199.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.