Portomarín

Portomarín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.

Coordenadas: 42°48′26″N 7°36′57″O / 42.80722, -7.61583

Portomarín
Bandeira de Portomarín
---
Escudo de Portomarín
Casa do Concello de Portomarín
Casa do Concello de Portomarín.
Situacion Portomarín
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación1.487 hab. (2018)
Área115,1 km²
Densidade12,92 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias
Capital do concelloPortomarín
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Carlos Serrano López (PPdeG [3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Portomarín
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,31%
Na rede
www.concellodeportomarin.es

Xeografía

Demografía

Censo total 2017 1.508 habitantes
Menores de 15 anos 81 (5.37 %)
Entre 15 e 64 anos 833 (55.24 %)
Maiores de 65 anos 594 (39.39 %)

Historia

Prehistoria

Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.

Época romana

A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Gutierre e á condesa Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).

Idade Media

Hospital de Portomarin
Inscrición fundacional, en galego, do hospital da orde de San Xoán (1521).

Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalería. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Temple. Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da igrexa de san Nicolao.

En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.

Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.

En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.

A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.

Idade Contemporánea

O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.

O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata ou seu actual emprazamento. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo no seu actual emprazamento), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o peirao e a primitiva ponte.

Caminotarta
En Portomarín fanse as tortas de Santiago Ancano.

A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolao, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.

Cultura

Toponimia

O nome do concello procede do latín portumarini, "porto ou paso fluvial de pouca profundidade"[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Portomarín.
Igrexa de San Nicolao, románica ameada
Igrexa de San Nicolao, románica ameada 
Portomarín arredor de 1920
Portomarín arredor de 1920 
Portomarín en 2005
Portomarín en 2005 
Igrexa de San Nicolao
Igrexa de San Nicolao 
Ponte en Portomarín
Ponte en Portomarín 
Río Miño en Portomarín
Río Miño en Portomarín 
Portomarín no 2010
Portomarín no 2010 
Alquitara
Alquitara 
Bridge, Miño river, Portomarín, Lugo, Spain
 

Lugares de Portomarín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Portomarín vexa: Lugares de Portomarín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Portomarín". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Muszla Jakuba.svg
Localidade anterior:
Vilachá, As Cortes, Paradela
a 2 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
Portomarín
(387 msnm)
90 km á Catedral de Santiago de Compostela
Información municipal e turística Aloxamento Restaurantes Bares Farmacia Igrexa(s) Autobuses Oficina de Correos Tendas Bancos e caixeiros automáticos
Muszla Jakuba.svg
Seguinte localidade:
Toxibó, Gonzar, Portomarín
→ a 4,5 km
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bagude, Portomarín

San Bartolomeu de Bagude é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 73 habitantes (36 homes e eran mulleres), 5 menos ca no ano anterior.

Caborrecelle, Portomarín

San Xulián de Caborrecelle é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 100 habitantes, deles 49 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Castromaior, Portomarín

Santa María de Castromaior é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 33 habitantes, deles 14 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón o mantemento no número de habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Lugo

A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Cortapezas, Portomarín

Santa María de Cortapezas é unha parroquia do concello lugués de Portomarín, na comarca de Lugo. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres), 28 menos ca en 1999.

Fiz de Rozas, Portomarín

San Lourenzo de Fiz de Rozas é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 42 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Gai

Para o artigo sobre o lugar, véxase Gai, Vilaxuste, Portomarín

Un gai ou gay (do inglés gay, esta do francés gai e esta do latín gaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres.

Gonzar, Portomarín

Santa María de Gonzar é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 49 habitantes, deles 28 eran homes e 21 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

Narón, Portomarín

Santa María de Narón é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 48 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Nespereira, Portomarín

San Cibrao de Nespereira é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 48 habitantes, deles 25 eran homes e 23 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O Castro de Soengas, Portomarín

San Martiño do Castro de Soengas é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 135 habitantes, deles 71 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Recelle, Portomarín

San Pedro de Recelle é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 131 habitantes, deles 62 eran homes e 69 eran mulleres, o que supón un incremento de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. Está formado por tres barriadas que son Vigo, Lousada e Mariz.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

San Mamede de Belaz, Portomarín

San Mamede de Belaz é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

San Mamede do Río, Portomarín

San Mamede do Río é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 48 habitantes (20 homes e 28 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

San Pedro de Portomarín, Portomarín

San Pedro de Portomarín é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.

Vilarbasín, Portomarín

Santiago de Vilarbasín é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 27 habitantes, deles 12 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilaxuste, Portomarín

San Pedro de Vilaxuste é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 134 habitantes (75 homes e 59 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.