Porto de San Cibrao

Dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, está situado nos concellos de Cervo e Xove, servindo á actividade industrial da factoría Alcoa, que é concesionaria da súa xestión administrativa.

S. Cibrao ten asemade un porto pesqueiro, dependente de Portos de Galicia.

Alumina
O dique do porto, visto dende o lugar de San Cibrao, Lieiro, Cervo
Alcoa S Cibrao
Vista do porto e factoría dende o oeste
A-85

A A-85 é unha autovía española en proxecto, que prevé conectar as localidades de Barreiros e San Cibrao, na provincia de Lugo, discorrendo de forma paralela á costa cantábrica. A autovía será unha conexión da A-8 á altura de Barreiros coas localidades de Foz, Burela e co porto de San Cibrao, onde hai as maiores industrias do norte da provincia.

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Con sede en Muelle Curuxeiras, s/n, 15401, Ferrol, é unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal Puertos del Estado. Dela dependen o porto de Ferrol e o porto de San Cibrao (porto de Alúmina-Aluminio, Alcoa), a máis de diversas outras instalacións, como os faros de illa Pancha (Ribadeo) e da Atalaia (San Cibrao).

O seu presidente é nomeado pola Xunta de Galicia. En 2013 foi nomeado José Manuel Vilariño Anca.

Carebeka VIII

O Carebeka VIII foi un cargueiro holandés afundido o 23 de decembro 1982 a unha milla do porto de San Cibrao, ao embicar nas Illas Farallóns. Construído en 1976, medía 81 metros de eslora, 14 de manga e rexistraba 3000 TRB.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Cerámica de Sargadelos

A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica elaborada en Sargadelos (no municipio lucense de Cervo, Galicia, España). A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis.

O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

Galería de imaxes de Cervo

Galería de imaxes do concello de Cervo na provincia de Lugo.

Lieiro, Cervo

Santa María de Lieiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.670 habitantes (1.359 mulleres e 1.311 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.713 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 2.362 habitantes, sendo 1.167 homes e 1.195 mulleres. Onda o lugar de San Cibrao está situada unha importante factoría de Alumina-Aluminio, actualmente Alcoa.

Maruxaina

A Maruxaina é unha serea de cabelo louro, metade peixe, metade muller, que vive na cova de Xan Vello, nas illas Farallóns.

María del Carmen F

O María del Carmen F foi un barco a vapor galego afundido nas illas Farallóns o 12 de marzo de 1931.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

Pérez Torres

Pérez Torres é unha empresa galega de servizos portuarios fundada no porto de Marín en 1962. Opera en portos galegos e de Portugal dando servizos de estiba e desestiba de cargas en buques.

Rosamar

O Rosamar foi un barco arrastreiro portugués, que foi a pique nas costas galegas en decembro de 2008.

San Cibrao, Lieiro, Cervo

San Cibrao é un lugar da parroquia de Lieiro, do concello de Cervo. Segundo o IGE en 2009 tiña 2138 habitantes (1079 homes e 1059 mulleres), 80 menos ca dez anos antes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.