Porto de Ferrol

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Consiste nunhas instalacións no interior da ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría.

É un porto moi especializado nas mercadorías a granel: carbón para a térmica das Pontes, chatarra para Megasa, madeira e derivados, exportación de maquinaria como aeroxeradores e pezas para os mesmos ou papel prensa transportado en tren. Existe unha lonxa de peixe en fresco cunha frota pesqueira de baixura. Tamén hai porto deportivo en Curuxeiras e nos meses de verán chegan ao porto cruceiros turísticos. O porto tamén ten terminal propia de carga ferroviaria.

Porto de Ferrol
Porto de Ferrol
Peiraos comerciais do porto
Flag maritime ferrol
Contrasinal marítimo da provincia marítima de Ferrol á que pertence.
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeFerrol
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
PropietarioPortos do Estado
TipoComercial
Tamaño280 239 m²
Embarcadoiros1 477,8 m
Empregados80
PresidenteJosé Manuel Vilariño
Capacidade de almacenamento28 697 m²
Estatísticas
Tonelaxe12,2 millóns de toneladas (2017)[1]
Ingresos17,2 millóns de euros (2016)
Beneficios4,2 millóns de euros
Principais importaciónsCarbón, chatarra
Principais exportaciónsMaquinaria, madeira, peixe
Tráfico ferroviarioVagóns de carga.
http://www.apfsc.com
Porto de Ferrol
Vista xeral.

Ría de Ferrol

Na ría de Ferrol ademais das instalacións do porto existen outras instalacións portuarias:

  • En A Graña instalacións militares para aprovisionamento dos buques da Armada Española.
  • Esteleiros Navantia, Ferrol. Antiga Bazán, construción de buques militares, reparacións de buques militares e civís.
  • Navanta Fene, Antiga Astano. Construción naval e reparación de buques.
  • Forestal do Atlántico (Grupo Tojeiro), porto para graneis da empresa xunto ás cales están as instalacións de Reganosa.
  • Porto de Mugardos. Instalacións pesqueiras para pequenos buques.

Notas

  1. "El Puerto de Ferrol cierra noviembre con más de 12 millones de toneladas movidas" La Voz de Galicia (en castelán)

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arsenio Fernández de Mesa

Arsenio Fernández de Mesa Díaz del Río, nado o 20 de xullo de 1955 en Ferrol, é un político galego do Partido Popular.

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Con sede en Muelle Curuxeiras, s/n, 15401, Ferrol, é unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal Puertos del Estado. Dela dependen o porto de Ferrol e o porto de San Cibrao (porto de Alúmina-Aluminio, Alcoa), a máis de diversas outras instalacións, como os faros de illa Pancha (Ribadeo) e da Atalaia (San Cibrao).

O seu presidente é nomeado pola Xunta de Galicia. En 2013 foi nomeado José Manuel Vilariño Anca.

Castelo de San Felipe

O castelo de San Felipe foi unha das fortalezas máis importantes da ría de Ferrol, construído no século XVI. Xunto a este castelo na ría tamén se atopan o Castelo da Palma e o Castelo de San Martín, hoxe en día en ruínas, que conformaban en conxunto o escudo defensivo da ría. Este sistema foi mandado proxectar polo capitán xeneral do Reino de Galicia, o marqués de Cerralbo aos enxeñeiros Fratín, Spanochi e Muñíz.

Castro de Ferrol

O castro de Ferrol ou Castro de Ferrol Vello foi un castro xa destruído, só queda o seu nome na rúa do Castro do porto de Ferrol. A súa forma pode apreciarse nas rúas do Castro, do Cristo, de Benito Vicetto e de Carmen Curuxeiras.

O castro foi a orixe dunha vila de pescadores. Atopáronse na zona pezas de cerámica en escavacións.

Década de 1940

A década de 1940 foi o período de tempo que iniciou en 1 de xaneiro de 1940 e terminou en 31 de decembro de 1949. Este período foi marcado e é coñecido polos conflitos que tiveron curso, segunda guerra mundial e guerra fría. A case totalidade da segunda guerra aconteceu na primeira metade da década e, tralo término do conflito, as tensións entre os países vitoriosos, que xa existían desde antes até dos episodios bélicos, tomaron unha traxectoria ascendente, colocando en lados opostos as ideoloxías capitalista e comunista, o que acabou por conducir á guerra fría.Foi a época que asistiu ao rexurdimento do estado de Israel, localizado máis ou menos na mesma rexión onde existira na Idade Antiga. Este acontecemento, dentro dun contexto que reanimou nalgúns pobos o sentimento de identidade común e fixo emerxeren nacionalidades históricas, como a India e o Vietnam.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Mugardos

Mugardos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2016 tiña 5335 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mugardés». Mugardos limita ao norte coa ría de Ferrol, ao leste con Fene e ao sur e oeste con Ares.

N-651

A N-651 ou Estrada Madrid-Ferrol, é unha estrada nacional española, que une Betanzos na N-VI con Fene, onde conecta coa FE-14, que pola Avenida das Pías remata en Ferrol. Pasa por Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Fene. Conecta coa AP-9F, en Miño (sentido Betanzos), Pontedeume, Cabanas e Fene.

A estrada N-651 formou historicamente un tramo de ramal entre Betanzos e Ferrol da Estrada da Coruña, baixo o identificador N-VI.

No ano 2016 o Ministerio de Fomento de España decidiu investir 6,2 millóns de euros na mellora da seguridade viaria desta vía entre os P. K. 20,5 e 26,9 ao seu paso pola travesía urbana de Cabanas.

Ponte das Pías

A ponte das Pías une os concellos de Fene e Ferrol sobre a ría de Ferrol. Por ela pasa a FE-14, anterior N-651, un dos ramais da N-VI.

Porto de Vigo

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Portos de Galicia

Portos de Galicia é un ente público adscrito á Consellería do Mar que administra os portos dependentes da Xunta de Galicia.

Comezou as súas actividades en 1996 e xestiona, conserva e explota o desenvolvemento dos 122 portos e instalacións portuarias de Galicia, nos que se desenvolven actividades pesqueiras, marisqueiras, comerciais e náutico-deportivas. O presidente do consello de administración de Portos de Galicia é José Manuel Álvarez-Campana.

En Galicia existen seis portos de interese xeral que son xestionados polas súas respectivas autoridades portuarias: porto de Ferrol-San Cibrao, porto da Coruña, porto de Vilagarcía, porto de Marín e porto de Vigo.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia marítima de Ferrol

A provincia marítima de Ferrol, é unha das 5 provincias coas que o Ministerio de Fomento divide as costas galegas.

O seu porto máis importante é o Porto de Ferrol. De norte a sur consta dos seguintes distritos marítimos:

Cariño: Dende punta da Estaca de Bares até a punta Candeeira.

Cedeira: Até a punta Chirlateira.

Ferrol: Até a punta Carboeira.

Pérez Torres

Pérez Torres é unha empresa galega de servizos portuarios fundada no porto de Marín en 1962. Opera en portos galegos e de Portugal dando servizos de estiba e desestiba de cargas en buques.

Ribeiro (viño)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeiro.

Co nome xenérico de ribeiro coñécese a distintos tipos de viños, cultivados historicamente na comarca do Ribeiro. Na actualidade, o viño ten a súa propia denominación de orixe, que delimita zonas, tipos de uva e que promove a produción e a exportación da bebida.

Ría de Ferrol

A ría de Ferrol é unha das rías galegas situada nas rías altas, no Golfo Ártabro.

Transportes Almacenes Transitarios SA

Transportes Almacenes Transitarios SA é unha empresa galega de transporte por estrada con sede en Narón, A Coruña. As orixes da empresa están nos anos 1990, no transporte de aceiro e chatarra para Megasa no porto de Ferrol. Nos inicios este transporte de mercadorías o facían camioneiros autónomos ou pequenas empresas. O volume de negocio, a necesidade de máis camións para facer o transporte de carbón cara As Pontes e diversas folgas fixeron que Megasa e Pérez Torres (empresa de estiba do porto de Ferrol) fundasen TT como empresa de transporte. A empresa diversificou o negocio transportando cargas a outros puntos de España e traballando para outros operadores loxísticos. A empresa ten máis de 250 tráileres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.