Porto da Coruña

O porto da Coruña, matrícula das embarcacións CO, é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da comarca, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Está integrado na provincia marítima da Coruña.

O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto[3], o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da Península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas).

Coordenadas: 43°22′05″N 8°23′57″O / 43.367934, -8.39922

Porto da Coruña
Coruña GDFL2005 10
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeEscudo de A Coruña.svg A Coruña Escudo de Arteixo.svg Arteixo
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria da Coruña
PropietarioPortos do Estado
TipoMarítimo
Tamaño8.456 metros[1]
PresidenteEnrique Losada Rodriguez
Estatísticas
Tonelaxe15,2 millóns de toneladas (en 2017)
Volume de contedores(sen servizo)
Tráfico de pasaxeiros120 Cruceiros turísticos (en 2017)
Ingresos30,3 millóns de euros (en 2017)[2]
Principais importaciónsCru petróleo, carbón
Principais exportaciónsMadeira
www.puertocoruna.com
Flag maritime coruna Porto da Coruña
Contrasinal da provincia marítima da Coruña á que pertence.
Autoridade portuaria da Coruña

Autoridade portuaria da Coruña.

Peiraos

O Porto da Coruña conta con 8.458 metros para os diferentes servizos:[1]

  • 4.230 metros dos peiraos comerciais.[1]
  • 2.954 metros nas dársenas de pesca.[1]
  • 1.274 nas dársenas da Mariña e Antedársena.[1]
Peirao Lonxitude (m)[4] Calado (m) ancho (m)
Trasatlanticos 434 11 35
Dársena de Mariña 487 3 0
Batería 220 7´0-8´0 16
Batería 59 9 4
Calvo Sotelo Norte 220 6´0-9´0 20
Calvo Sotelo Sur 420 6´0-9´0 40
Leste 257 5 15-55
Leste 120 10 20
San Diego 549 10 45
Centenario Norte 638 16´5 30-75
Centenario Oeste 196 9´5 30
Centenario Sur 385 11 37
Centenario Sur 29 8´5 121
Pantalán 1 150 11 16
Pantalán 2 150 11 16
Pantaláns 3 e 4 560 16 5
Linares Rivas 470 6 9
Palloza 359 5´0-7´0 4
Oza 1.641 6 20-59
Langosteira A1 900 21´85* 98
Langosteira A2 300 15´35* 127

Evolución histórica

Porto - Celedonio de Uribe
Ampliación do porto polo enxeñeiro Celedonio de Uribe.
Porto - Eduardo Vila
Ampliación do porto polo enxeñeiro Eduardo Vila.

O porto da Coruña ten a súa orixe na Cidade Alta. As portas da muralla tiñan ramplas que permitían o seu servizo. Contra o 1733 construíuse a calzada de Garás, que permite propor a expansión do porto cara a esa zona, mais non se realizou ningunha outra obra ata o século XIX e as operacións portuarias realizábase mediante gabarras entre a praia e os barcos maiores.[5]

Houbo algunhas propostas de ampliacións, como as de Eustaquio Giannini (1781), José María Noya e Faustino Domínguez (1841), José Bellón (1857) e Juan Bautista Aguirre (1859), mais a primeira que se fixo realidade foi a do enxeñeiro Celedonio de Uribe (1860). Este consistiu en gañar terreo ao mar nunha zona que se chamou o “Recheo”. O proxecto incluía un paseo que finalmente foi ampliado e conformou os Xardíns de Méndez Núñez. Uribe propuxo tamén unha dársena no espazo entre o Teatro Principal e o Parrote, pero as obras, iniciadas en 1868, foron paralizadas. En 1889 presentouse o proxecto do enxeñeiro Eduardo Vila Algorri, que incluía os peiraos do Leste, a Batería, Garás, Santa Lucía e a Palloza.[5] O mesmo Vila foi quen finalmente proxectou a dársena da Mariña, rematada en 1918.[6]

En 1923 presentouse o proxecto dun peirao para transatlánticos, posteriormente chamado Calvo Sotelo, que non se culminou ata 1936.[6] En 1955 comezaron as obras do dique de abrigo, bautizado como Barrié de la Maza, que remataron en 1967.[7][8] En 1965 ampliouse o porto para a creación do porto petroleiro co oleoduto que o conectaba coa refinería.[6][9] Nos anos seguintes continuou a ampliarse co Peirao Unificado de Linares Rivas e Santa Lucía (1970)[10] e co peirao do Centenario, que conmemorou o centenario da Xunta do Porto.[11]

Na década de 1990 creáronse o peirao de transatlánticos, a dársena de Oza e ampliouse o paseo marítimo polo Parrote.

Descrición

Naves. A Coruña. Galiza
As naves Amerigo Vespucci (Italia), Dar Mlodziezy (Polonia) e Danmark (Dinamarca) atracadas no porto da Coruña durante unha etapa da Tall Ships Races 2006.
Puerto de La Coruna (Spain)
Vista parcial do porto da Coruña.

O tráfico do porto da Coruña está centrado no tráfico de:

  • Graneis líquidos, con 8.310.850 toneladas. Destaca o crecemento en petróleo cru, e o descenso en gasolinas, por mor da forza da divisa Europea, que dificulta as exportacións no sector.
  • Graneis sólidos, con 4.412.945 kg e centrado no trigo, o millo e o carbón, aínda que cunha tendencia descendente.
  • Mercadorías xerais, con 1.389.169 toneladas, protagonizadas pola palanquilla, aramios e ferros.
  • Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, sumándose á xa existente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías Xerais está a diversifica-lo traballo portuario, e xera máis opcións de crecemento.
  • Pesca fresca, con 31.094.395 kg. A importancia da industria conserveira na Coruña demanda gran cantidade de peixe, pero aínda así o tráfico da súa mercancía é superado por outros portos, coma o porto de Vigo.
  • Tráfico de cruceiros, con 50.000 pasaxeiros no 2007 nuns 60 cruceiros.

O Porto da Coruña carece de liñas de pasaxe regular pero ten terminal de tren propia, a estación de San Diego.

Porto exterior de Punta Langosteira (Arteixo)

No ano 2004 comezou a construción do porto exterior da Coruña, que se aprobara en 1997. Está situado no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra do casco urbano. O espazo baleiro é susceptible dunha rehabilitación modélica, que será denominada Cidade do Mar e xunto co porto exterior de Ferrol vai constituír unha das zonas industriais marítimas e loxísticas máis importantes da Unión Europea[Cómpre referencia].

O novo porto contará cun dique de abrigo de 3.250 metros de longo, 264 hectáreas de augas interiores (o equivalente a máis de 100 campos de fútbol), 91 hectáreas de terreo edificable e un contradique de 600 metros no extremo oeste das obras. Ademais, tamén contará con conexións por estrada coa A-6 e por ferrocarril. A liña de atraque superará os 9 quilómetros con calados que irán dos 16 aos 30 metros, o que permitirá o atraque de buques de ata 250.000 toneladas de peso. Tamén ten previstas unhas ampliacións no 2020, para deixar libres os peiraos de San Diego e Oza.

Obras do Porto Exterior da Coruña
En obras, abril 2009.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do porto da Coruña.
Porto da Coruña. Galicia (Spain) b
Torre de control marítimo da Coruña

Torre de control do porto da Coruña

Vista traseira do cruceiro Saga Ruby na Coruña

Cruceiro Saga Ruby na Coruña

Spain LaCoruna harbor
Harbour of Coruña (map, 1812)

Plano topográfico do porto e mailas súas inmediacións (ano 1787)

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "PORT OF A CORUÑA: Geographic location". Autoridad Portuaria de A Coruna. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2015.
  2. El puerto alcanza una cifra de negocio de 30,3 millones en 2017 laopinioncoruna.es
  3. "Estadísticas do Porto da Coruña do ano 2007". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de marzo de 2008.
  4. A lonxitude real do peirao non equivale á lonxitude útil para fins de explotación.
  5. 5,0 5,1 González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Historia Siglo XX". Porto da Coruña. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  7. "La ruta La Coruña-Nueva York, la menor distancia por mar". ABC (en castelán). 22 de xullo de 1955. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  8. "Faro del dique de abrigo Barrié de la Maza" (en castelán). 25 de agosto de 2013. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  9. Villar, Marta (8 de marzo de 2009). "Un río de oro negro bajo la ciudad". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  10. Calderón Gaztelu, Félix. "El nuevo muelle unificado de Linares Rivas y Santa Lucía". Arquitectura e Industria (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  11. El muelle del centenario en el puerto de La Coruña. Ministerio de Obras Públcias.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

AC-11

A AC-11, que recibe o nome de Avenida de Alfonso Molina en homenaxe e memoria ao que fora alcalde da cidade de 1947 ata 1958, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. É o principal acceso ao centro da Coruña, entrando polo sur desde a AP-9.

É unha prolongación da N-VI dende o seu cruzamento coa AC-12 ao sueste da cidade xunto á Ponte da Pasaxe. A ela conflúen a estrada N-550 e a autoestrada AP-9 xunto aos barrios de Palavea e Elviña. Ao entrar no casco urbano cruza a avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro, a praza de Catro Camiños até desembocar na avenida de Linares Rivas.

Ten unha lonxitude de 5,090 quilómetros, e un tráfico aproximado de 150 000 vehículos ao día.

AC-12

A AC-12, ou Avenida da Pasaxe, é unha estrada urbana multicarril da área metropolitana da Coruña, consecuencia do desdobramento da N-VI. Conecta o porto da Coruña co último tramo de estrada convencional da propia N-VI, no concello de Oleiros.

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. Non se exhiben peixes vistosos doutras latitudes, senón o ecosistema mariño da costa galega. Foi inaugurado o 5 de xuño de 1999.

Barco

Un barco ou embarcación é calquera construción destinada a desprazarse sobre a auga, impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou hélices movidas por un motor. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal, plástico ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquimedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos para o transporte de bens ou persoas. Dedicado á navegación marítima ou a funcións militares .

Castelo de Santo Antón

O castelo de Santo Antón é un castelo construído no século XVI que formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz (en Liáns) e o castelo de San Diego (en Oza, hoxe desaparecido), dunha rede estratéxica de castelos e baterías para a defensa da cidade da Coruña. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1949 e desde o ano 1994 pasou a ter a consideración de Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento. Dende a súa inauguración no ano 1968 alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

Convento de San Domingos da Coruña

O convento de San Domingos é un convento da Orde dos Predicadores situado na cidade vella da Coruña.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Illa de Santo Antón, A Coruña

Non confundir coa Illa de Santo Antón no municipio de Redondela.A illa de Santo Antón (A Illa do Santo) ou illa da Pena Grande é unha illa galega da Coruña, situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina.

A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade.

PALEXCO

O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en Marzo do 2005.

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 metros cadrados e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Paseo marítimo da Coruña

O Paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa, cos seus máis de 13 quilómetros continuos á beira do mar. É unha obra feita por tramos, modificada e inconclusa.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praza das Bárbaras

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Xardín de San Carlos

O coñecido como Xardín de San Carlos, situado na cidade vella da Coruña, foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no XVI. Foi declarado xardín histórico o 9 de novembro de 1944.

Lugares de interese da Coruña
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Espazos naturais
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.