Portela do Home

Portela do Home (portugués: Portela do Homem) é un porto de montaña da serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) que forma parte da Raia, a estrema entre Galicia e Portugal.

Coordenadas: 41°48′32″N 8°7′54″O / 41.80889, -8.13167

Alfándega Portela do Home
Alfándega na Portela do Home.
Construción Portela do Home
Construción na Portela do Home co Escudo de España coa aguia de San Xoán.

Xeografía

É o punto máis ao sur da xeografía de Galicia. Do lado portugués fica o concello de Terras de Bouro e do lado galego a parroquia de Río Caldo, do concello de Lobios. É tamén punto límite entre o Parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés (Galiza) e do Parque Nacional de Peneda-Gerês (Portugal). Sitúase a 822 m de altitude, nunha foz ou ozca que descende para Galiza. Recibe o seu nome do río Home (rio Homem en portugués), que ten unha fervenza a 800 m da portela.

Historia

Este paso era xa usado antigamente, e por aquí pasaba a vía romana Vía Nova do Itinerario de Antonino, que ligaba Bracara Augusta con Astorga, e da cal se conservan varios miliarios. Na actualidade comunícase con Lobios a través da estrada OU-312[1]. Este paso de montaña foi atravesado en 1384 pola hoste invasora de Henrique de Trastámara, obrigada a retroceder acosada polos pastores e polos frades guerrilleiros comandados polo abade de Santa María do Bouro. O 6 de xuño de 1828 foi cruzada polas tropas liberais so o comando do futuro marqués de Sá da Bandeira após o fracaso da revolución liberal de 1828.[2]

Como punto fronteirizo entre España e Portugal, houbo unha alfándega aberta até adoptaren os dous estados en 1992 o Acordo de Schengen.

Notas

  1. "Fronteiras".
  2. serra-do.-geres.com. "Caldas do Gerês". Arquivado dende o orixinal o 28-01-2012. Consultado o 17-12-2011.
Galería de imaxes de Lobios

Galería de imaxes do concello de Lobios na provincia de Ourense.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lobios

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. Segundo o padrón municipal de habitantes en 2014 tiña unha poboación de 2.025 persoas (2.584 en 2003).

Os nabos na cultura popular galega

Os nabos son un dos cultivos máis populares en Galicia polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento , o que explica a súa presenca na cultura popular galega: no léxico xerado ó seu redor, no refraneiro e no cantigueiro.

O nabo seméntase entre xullo e agosto -tempo que xa recomendaba o refraneiro-, en secaño ou regadío, nas mesmas leiras que o millo, o centeo ou o trigo, e xusto cando se colleitan estes, previo arado e estercado; a semente chámase nabiña. Cómese, toda a planta, durante os meses de novembro a maio, tanto para alimento da xente como para o gando. As nabizas ou os grelos úsanse para facer o caldo, ou ben se cocen con patacas e lacón. A raíz, o nabo propiamente dito, empregábase en cachos para facer o caldo aínda que o máis usual é darllo ós porcos ou a outro gando, cocidos con fariña.

Piñor

Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «piñorense».

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.