Portela da Laxe

A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.

Sitúase no lugar da Atalaia, parroquia de Viascón, Cerdedo-Cotobade. Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhígas no ano 1935.

Coordenadas: 42°29′26″N 08°32′39″O / 42.49056, -8.54417

Portela da Laxe
Portela da Laxe - Viascón, Cotobade

Descrición

Entre elas cómpre salientar a laxe horizontal (Grupo I). Trátase dun penedo situado a rentes do chan e que se prolonga en dirección noroeste - sueste.

Presenta motivos de moi diversa tipoloxía: combinacións circulares, círculos sinxelos, coviñas, cadrados, esvásticas, soliformes, paletas etc.

O Grupo II componse dunha combinación circular.

Os outros catro grupos desaparecidos presentaban diversas combinacións circulares, círculos simples, coviñas e figuras cruciformes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • García Alén, Alfredo e de la Peña Santos, Antonio. Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Catalogación Arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra, páxs. 55 a 57 (1980). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-04-1
  • Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigratrea. ISBN 84-95364-40-9.

Outros artigos

A Atalaia, Viascón, Cerdedo-Cotobade

A Atalaia é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 24 habitantes (14 homes e 10 mulleres), 9 máis ca en 2006.

Neste lugar está o petróglifo da Portela da Laxe.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade

Galería de imaxes do concello Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Saefes

Os saefes (ou sefes,ou ofis, do grego όφις, de onde tamén Ophiussa, terra das serpes) foron un pobo da Idade de Ferro que habitou o sur de Galiza e Portugal e que, mesturándose cos oestrimnios, deu orixe ao pobo galaico. Esta teoría, defendida por Adolf Schulten e secundada por varios compoñentes da Xeración Nós, está actualmente case desbotada por completo por afirmar que a cultura galaica xurdiu como unha lenta evolución da poboación indíxena e non por mor de invasións de pobos centroeuropeos.

Viascón, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Viascón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 455 habitantes (230 homes e 225 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, 51 máis ca en 2006.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.