Porta do Sol

Porta do Sol pódese referir a:

Galicia

  • Porta do Sol - unha praza de Vigo, cruzamento das rúas Policarpo Sanz e Elduayen. O nome corresponde a unha das antigas portas da cidade, noutrora amurallada. Nela atópase O Sereo.
  • A Porta do Sol, lugar da parroquia de Fene, no concello homónimo.

Resto de España

Coñecidos en español coma: Puerta del Sol:

Resto do Mundo

  • Porta do Sol - monumento pétreo nas ruínas arqueolóxicas de Tiwanaku, Bolivia.
  • Porta do Sol - escultura do artista mexicano Sebastián localizada en Chihuahua, México.
  • Porta do Sol, balneario na costa do Departamento de Rocha Uruguai.

Véxase tamén

A Pichoca, Valdoviño, Valdoviño

A Pichoca é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Non ten censados habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

A Porta

Co topónimo A Porta podemos referirnos a varios lugares de Galicia:

Na provincia da Coruña

A Porta, parroquia do concello de Sobrado;

A Porta do Río, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares;

A Porta, lugar da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela;

A Porta do Sol, lugar da parroquia de Fene, no concello de Fene;

A Porta Santa, lugar da parroquia de Lestón, no concello da Laracha;

A Porta das Matas, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Mesía;

A Porta do Crego, lugar da parroquia de Mera de Abaixo, no concello de Ortigueira;

A Porta de Roxos, lugar da parroquia de Budiño, no concello de Pino;

A Porta do Sol, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño;

A Porta de Novo, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño;

A Porta da Pía, lugar da parroquia de Vilarrube, no concello de Valdoviño.Na provincia de Lugo

A Porta de Bouza, lugar da parroquia de Fanoi, no concello de Abadín;

A Porta dos Galanos, lugar da parroquia de Pígara, no concello de Guitiriz;

A Porta, lugar da parroquia de Rebordaos, no concello do Saviñao.Na provincia de Ourense

A Porta do Prado, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense.Na provincia de Pontevedra

A Porta da Coxa, lugar da parroquia de Lérez, no concello de Pontevedra.

A Porta do Sol, Fene, Fene

A Porta do Sol é un lugar da parroquia de Fene no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 71 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 36 homes e 35 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 72 habitantes.

Agrós, Valdoviño, Valdoviño

Agrós é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Non ten censados habitantes desde o ano 2000 cando tiña 1 habitante segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Aviño, Valdoviño, Valdoviño

Aviño é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2007 tiña 51 habitantes (28 homes e 23 mulleres), 2 menos que no ano 2000.

Cardal, Valdoviño, Valdoviño

Cardal é un lugar da parroquia de Valdoviño no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Non ten censados habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Colmenar Viejo

Colmenar Viejo é un municipio situado na Cuenca Alta do Manzanares, dentro da provincia de Madrid, en España. En xaneiro de 2008, Colmenar Viejo contaba cunha poboación de 42.649 habitantes empadroados.

Edificio El Moderno

O Edificio El Moderno é unha construción civil da cidade de Vigo, situada na número 1 da rúa Policarpo Sanz, facendo esquina coa rúa de Carral. É un dos edificios históricos máis significativos da cidade.

Edificio Pardo Labarta

O edificio Pardo Labarta é unha construción que se atopa na Porta do Sol, á beira da cidade vella, no centro de Vigo. É un dos edificios históricos senlleiros da cidade, representativo do modernismo vigués en arquitectura.

Edificio Simeón

O edificio Simeón tamén chamado Almacenes Simeón, é un inmoble de estilo Modernista de comezos do século XX situado no centro da cidade de Vigo, Galicia. O edificio constitúe un dos mellores exemplos deste estilo arquitectónico na cidade olívica.

Fene, Fene

San Salvador de Fene é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.743 habitantes (1.964 mulleres e 1.779 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.483 habitantes.

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Movemento 15-M

O Movemento 15-M, tamén chamado movemento dos indignados, é un movemento cidadán formado após a manifestación do 15 de maio de 2011 (convocada por diversos colectivos), onde despois de que 40 persoas decidisen acampar na Porta do Sol esa noite de xeito espontáneo, produciuse unha serie de protestas pacíficas en España co obxectivo de promover unha democracia máis participativa arredada do bipartidismo PSOE - PP e do dominio de bancos e corporacións, así como unha "auténtica división de poderes" e outras medidas coa intención de mellorar o sistema democrático. Aglutinou diversos colectivos cidadáns con diferentes lemas, como o da manifestación do 15 de maio: «Non somos monicreques en mans de políticos e banqueiros» ou «Democracia real XA! Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros ».

O dous de maio de 1808 en Madrid

O dous de maio de 1808 en Madrid, tamén chamado A carga dos mamelucos na Porta do Sol, A loita cos mamelucos, ou simplemente A carga dos mamelucos, é, xunto con O 3 de maio en Madrid, un dos cadros máis soados de Francisco de Goya, pintor español. O cadro, pintado en 1814 en óleo sobre tea, atópase no Museo do Prado, en Madrid.

Puerta del Sol

A Puerta del Sol é unha céntrica praza da cidade de Madrid. Aquí atópase desde 1950 o denominado Quilómetro Cero das estradas radiais españolas.

O edificio máis antigo da Puerta del Sol é a Casa de Correos e nela destaca o reloxo de torre que foi construído e doado no século XIX por José Rodríguez de Losada, e cuxas badaladas das 12 da noite do 31 de decembro marcan a tradicional toma das doce uvas á gran maioría dos españois. Ditas badaladas empezáronse a televisar o 31 de decembro de 1962 na Primera de Televisión Española e a partir dese ano non se deixaron de retransmitir por diversas canles de televisión de España.

A Puerta del Sol foi nas súas orixes un dos accesos do valado que rodeaba Madrid no século XV, que recollía no seu perímetro os arrabaldes medievais que foran crecendo extramuros, a redor da muralla cristiá do século XII. O nome da porta provén dun sol que adornaba a entrada, colocado aí por estar orientada a porta cara ao levante.

Rivas-Vaciamadrid

Rivas-Vaciamadrid é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 75.444 habitantes (INE 2012). Está situado xunto á confluencia do río Jarama e o Manzanares. Esta cidade é a poboación que máis rápido creceu de España nos últimos 20 anos. Situada a 15 km da Porta do Sol de Madrid e a 21 km do centro da cabeceira comarcal, Alcalá de Henares, xunto á A-3, limita ao norte con Madrid (zona do distrito de Vicálvaro) e con San Fernando de Henares, ao sur con Arganda del Rey e San Martín de la Vega, ao leste con Mejorada del Campo e Velilla de San Antonio, e ao oeste con Xetafe e Madrid (distrito de Villa de Vallecas).

Valdoviño, Valdoviño

Santalla de Valdoviño é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2.221 habitantes (1.087 mulleres e 1.134 homes) distribuídos en 56 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.037 habitantes. Ten unha superficie de 14,3 km² (a parroquia máis ampla do concello), cunha densidade poboación de 155,31 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Vilaboa

Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilaboés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.