Porta do Camiño (Santiago de Compostela)

A Porta do Camiño de Santiago de Compostela era a primeira porta pola que entraban á cidade os peregrinos que acudían polo Camiño Francés. Desde este lugar pódese contemplar o Convento de San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego desde 1963.[1]

Antigamente existía un arco que formaba unha das sete entradas á cidade amurallada de Compostela, tras ser arrasada polas tropas do árabe Almanzor.[2]

Porta do Camiño, Santiago de Compostela
Porta do Camiño, Santiago de Compostela.

Notas

  1. "Porta do Camiño". Turgalicia. 31 de marzo de 2008. Consultado o 26 de agosto de 2015.
  2. "Puerta del Camino de Santiago de Compostela". Compostela Virtual (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2015.
Muralla de Santiago de Compostela

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos. Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.