Porqueira

Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».

Coordenadas: 42°1′07.8″N 07°50′50.5″O / 42.018833, -7.847361

Porqueira
Escudo de Porqueira
Torre da Forxa
Torre da Forxa.
Situacion Porqueira
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación830 hab. (2018)
Área43,4 km²
Densidade19,12 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloForxa
Política (2019[2])
AlcaldesaSusana Vázquez Dorado (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5

Outros: XpP 2
Eleccións municipais en Porqueira
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes78,74%
Na rede
http://www.concellodeporqueira.es

Poboación

Censo total 901 (2015)
Menores de 15 anos 35 (3.88 %)
Entre 15 e 64 anos 430 (47.72 %)
Maiores de 65 anos 436 (48.39 %)
Evolución da poboación de Porqueira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.058 2.899 3.104 1.952 1.130 1.103 1.043 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 43 km², e abrangue 30 entidades de poboación repartidas entre 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.

Dentro da comarca da Limia, o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixándose entre os montes de Bande e a serra do Xurés.

Historia

A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernado II concedeulle a terceira parte desta poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.

Patrimonio

Castelo

Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Coengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.

Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.

Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de sillares.

Mosteiro

Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.

Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.

O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.

Porqueira na literatura popular

  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [5].
  • Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Porqueira.
Igrexa de San Martiño de Porqueira, Porqueira

Igrexa de San Martiño de Porqueira.

Igrexa de San Lourenzo de Abeleda, Porqueira

Igrexa de San Lourenzo de Abeleda.

Casa concello, Porqueira, Ourense 02

Casa do concello.

Hórreos, Porqueira, Ourense 05

Hórreos.

Rúa Estremadoiro, Porqueira, Ourense 06

Rúa Estremadoiro.

OU-301, Porqueira, Ourense 09

Estrada OU-301 ó seu paso por Porqueira.

Torra da Forxa, concello Porqueira, Ourense 10

Torre da Forxa.

Placa altimétrica, Porqueira, Ourense

Placa altimétrica da casa do concello.

Lugares de Porqueira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Porqueira". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Gándara, Sabucedo, Porqueira

A Gándara é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense. No ano 2008 tiña 14 habitantes, deles 8 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón un mantemento no número de efectivos en relación a 2007.

A Lagoa, Sabucedo, Porqueira

A Lagoa é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 5 habitantes, deles 2 eran homes e 3 eran mulleres, o que supón un mantemento no número de efectivos en relación a 2007.

Arzón, Negreira

San Cristovo de Arzón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 76 habitantes (37 homes e 39 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación (Romarís, Porqueira e A Devesa), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 115 habitantes.

Breixoeira, Sabucedo, Porqueira

Breixoeira é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 6 habitantes, deles 2 eran homes e 4 eran mulleres, o que supón un aumento no número de efectivos en relación a 2007.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Eido de Lamas, Sabucedo, Porqueira

Eido de Lamas é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 17 habitantes, deles 5 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón unha diminución no número de efectivos en relación a 2007.

Eido de Ribeira, Sabucedo, Porqueira

Eido de Ribeira é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 12 habitantes, deles 4 eran homes e 8 eran mulleres, o que supón unha diminución no número de efectivos en relación a 2007.

Martices, Sabucedo, Porqueira

Martices é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 13 habitantes, deles 6 eran homes e 7 eran mulleres, o que supón un mantemento no número de efectivos en relación a 2007.

Muíños

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

O Agro, Sabucedo, Porqueira

O Agro é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 6 habitantes, deles 2 eran homes e 4 eran mulleres, o que supón un mantemento no número de efectivos en relación a 2007.

O Rial, Sabucedo, Porqueira

O Rial é un lugar da parroquia de Sabucedo no concello de Porqueira, na provincia de Ourense.

No ano 2008 tiña 79 habitantes, deles 36 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón un aumento no número de efectivos en relación a 2007.

Paradela de Abeleda, Porqueira

San Xoán de Paradela de Abeleda é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 179 habitantes (87 homes e 92 mulleres), catro menos ca en 2006.

Porqueira, A Arnoia, A Arnoia

Porqueira é un lugar da parroquia da Arnoia no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 17 habitantes (11 homes e 6 mulleres), un menos ca en 2010, cando tiña 18 habitantes (12 homes e 6 mulleres).

Porqueira, Porqueira

Santa María de Porqueira é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 198 habitantes, deles 98 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sabucedo, Porqueira

San Salvador de Sabucedo é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 324 habitantes, deles 174 eran homes e 150 eran mulleres, o que supón un incremento de 15 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Lourenzo de Abeleda, Porqueira

San Lourenzo de Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Porqueira na comarca da Limia. Segundo o IGE en 2011 tiña 150 habitantes (69 homes e 81 mulleres), 43 menos ca en 1999.

San Martiño de Porqueira, Porqueira

San Martiño de Porqueira é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 134 habitantes, deles 69 eran homes e 65 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 142 habitantes.

Sobreganade, Porqueira

San Mamede de Sobreganade é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 114 habitantes (53 homes e 61 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Torre da Forxa

A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre de Porqueira son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.