Porcentaxe

En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.

A porcentaxe indícase utilizando o símbolo %, que matematicamente equivale ao factor 0,01 e que se debe escribir despois do número ao que se refire, deixando un espazo de separación.

Percent 18e
Símbolo da porcentaxe

Representación

O tanto por cento como fracción

O tanto por cento divídese entre 100 e simplifícase a fracción. Exemplo:

Para saber como se representa o 10 % en fracción divídese e logo simplifícase:

A porcentaxe

A fracción común multiplícase por 100 e resólvese a operación. O resultado será a porcentaxe.

Exemplo: Para representar 1/10 como unha porcentaxe faise a seguinte operación:

Obter un tanto por cento dun número

Para obter un tanto por cento dun número simplemente multiplícase. Por exemplo, o 25 % de 150 é:

.

Alternativamente, nun método moi habitual outrora, constrúese unha regra de tres simple directa. Así, para calcular o 25 % de 150 faise a regra de tres: multiplícase cruzado e divide polo que queda só ou en conxunción co restado.

Resultado: 37,5 é o 25 % de 150.

Véxase tamén

  • Regra de tres
Abstención

En política, a abstención é unha das opcións ou posicións posíbeis na que se encadrar perante un escenario de toma de decisións, coma pode ser un referendo ou unha votación. Quen practica a abstención non emite a súa opinión en forma de voto. Ten certos paralelismos co voto en branco, aínda que non son o mesmo. Ás veces o carácter político a abstención aparece reforzado se é precisa unha determinada porcentaxe de votantes sobre o total do corpo electoral para validar o resultado.Nunhas eleccións considéranse "abstencionistas" aqueles electores que non acoden ás urnas. Este tipo de abstención denomínase abstención pasiva. Considérase, en troques, abstención activa á suma de votantes que emiten votos en branco e nulos, aínda que en ocasións se propugna a non participación nunha consulta popular como unha postura política de protesta, cuxos partidarios considerarán polo tanto activa toda a abstención que se produza. Dependendo das lexislacións de cada estado, o abstencionismo pode ser legal -como no Estado español- ou ben unha falta puníbel.

Para os membros dun Parlamento (deputados ou senadores) a abstención e o voto en branco son equivalentes, mentres que a non comparecencia ten distintos efectos, posto que, dependendo do regulamento, pode alterar o quórum e o cálculo das maiorías.

Aceiro

O termo aceiro serve comunmente para denominar, en enxeñaría metalúrxica, a unha mestura de ferro cunha cantidade de carbono variable entre o 0,008 % e o 2,11 % en masa da súa composición, dependendo do grao. Se a aliaxe posúe unha concentración de carbono maior do 1,8 %, prodúcense fundicións que, en oposición ao aceiro, son moito máis fráxiles e non é posible forxalas, senón que teñen que ser moldeadas.

Non se debe confundir o aceiro co ferro, que é un metal duro e relativamente dúctil, con diámetro atómico (dA) de 2,48 Å, con temperatura de fusión de 1535 °C e punto de ebulición 2740 °C. Pola súa banda, o carbono é un non metal de diámetro menor (dA = 1,54 Å), brando e fráxil na maioría das súas formas alotrópicas (excepto na forma de diamante). A difusión deste elemento na estrutura cristalina do anterior lógrase grazas á diferenza en diámetros atómicos, formándose un composto intersticial.

A diferenza principal entre o ferro e o aceiro áchase na porcentaxe do carbono: o aceiro é ferro cunha porcentaxe de carbono de entre o 0,03 % e o 1,075 %; a partir desta porcentaxe considéranse outras aliaxes con ferro.

Cabe destacar que o aceiro posúe diferentes constituíntes segundo a súa temperatura, concretamente, de maior a menor dureza, perlita, cementita e ferrita; ademais da austenita (para maior información consultar o artigo Diagrama ferro-carbono).

O aceiro conserva as características metálicas do ferro en estado puro, pero a adición de carbono e doutros elementos tanto metálicos como non metálicos mellora as súas propiedades físico-químicas.

Existen moitos tipos de aceiro en función do elemento ou os elementos aleantes que estean presentes. A definición en porcentaxe de carbono corresponde aos aceiros ó carbono, nos cales este non metal é o único aleante, ou hai outros pero en menores concentracións. Outras composicións específicas reciben denominacións particulares en función de múltiples variables por exemplo os elementos que predominan na súa composición (aceiros ó silicio), da súa susceptibilidade a certos tratamentos (aceiros de cementación), dalgunha característica potenciada (aceiros inoxidables) e mesmo en función do seu uso (aceiros estruturais). Usualmente estas aliaxes de ferro englóbanse baixo a denominación xenérica de aceiros especiais, razón pola que aquí se adoptou a definición dos comúns ou "ao carbono" que ademais de ser os primeiros fabricados e os máis empregados, serviron de base para os demais. Esta gran variedade de aceiros levou a Siemens a definir o aceiro como «un composto de ferro e outra substancia que incrementa a súa resistencia».O aceiro é o material mais importante da nosa civilización e del están feitas a maior parte das ferramentas e máquinas.

Albedo

Albedo é unha medida da reflectividade difusa ou poder reflectante dun corpo ou dunha superficie. É a razón entre a radiación electromagnética reflectida e a cantidade incidente.

Esta fracción acostúmase a presentar como unha porcentaxe, entre 0% e 100%, e é un importante concepto da astronomía e mais da climatoloxía. A proporción depende da frecuencia da radiación considerada: se non se especifica, refírese a unha media ao longo do espectro da luz visible. Tamén depende do ángulo de incidencia da radiación.

En astronomía, o albedo dos satélites e asteroides pódese utilizar para inferir acerca da composición da superficie, especialmente sobre a cantidade de xeo. En astronomía ofrece un medio indirecto de pescudar a natureza dun astro mediante a comparación do seu albedo co de materias coñecidas: o máis alto corresponde ó do planeta Venus, o máis baixo a algúns asteroides carbonáceos e así como ós satélites marcianos Fobos e Deimos.

En física nuclear, o albedo é a capacidade, por parte dunha substancia, de reflectir neutróns. Mídese polo cociente entre o número de neutróns reflectidos e o número total de neutróns emitidos.

Auga

A auga é unha substancia cuxas moléculas están formadas por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno, xa que logo a súa fórmula é H2O. É abundante no Universo, inclusive na Terra, onde cobre gran parte da súa superficie e é o maior constituínte dos fluídos dos seres vivos. As temperaturas do planeta permiten a ocorrencia da auga nos seus tres estados físicos principais, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo. A auga líquida, que en pequenas cantidades é incolora, mais en grandes volumes manifesta unha coloración azulada, pode atoparse como auga doce (en ríos, lagos, e montañas), ou como auga salgada nos mares e océanos que cobren case tres cuartos da superfície do planeta. No estado sólido, as masas de xeo concéntranse principalmente nas rexións polares e, no estado gasoso, o vapor de auga forma parte da atmosfera terrestre. A 0 °C (273 aproximadamente na escala Kelvin) atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100 °C. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 K.

A auga posúe unha serie de características peculiares, coma a dilatación anómala, a alta calor específica e a capacidade de disolver un gran número de substancias. De feito estas peculiaridades favoreceron o xurdimento nos océanos primitivos da vida e a súa evolución. Tódolos seres vivos existentes precisan dela para a súa supervivencia, constituíndo a base de todo organismo pluricelular. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa (desertos e outras zonas áridas).

Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con minerais e outras moitas substancias. Aínda que os océanos cobren a maior parte da superfície terrestre, a súa auga é inadecuada para o consumo humano por culpa da súa salinidade. Só unha pequena fracción dispoñíbel sobre a superfície dos continentes que contén poucos sales disolvidos, a auga doce, é apta para o consumo directo. Con todo, a súa distribución non é uniforme, o que fai que diversas rexións sufran de escaseza hídrica. As actividades humanas, principalmente a agricultura, necesitan grandes cantidades de auga que, ao seren retiradas do seu leito natural superficial ou dos acuíferos subterráneos, ten afectado negativamente na súa distribución sobre os continentes.

A polución hídrica prexudica a calidade da auga e, xa que logo, a biodiversidade, o abastecemento de auga e a produción de alimentos. Ademais, unha parte considerábel da poboación mundial aínda non ten acceso á auga potábel, o que trae diversos problemas de saúde. A auga é indispensábel no modo de vida da humanidade, de forma que está fortemente ligada á cultura de tódolos pobos da Terra. Diante dos problemas derivados do mal uso dos recursos hídricos, xorde unha nova consciencia de que é necesario utilizar a auga racionalmente.

A auga ten un importante papel en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por ser unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas etc.

Bebida alcohólica

As bebidas alcohólicas ou alcólicas son bebidas que conteñen o etanol (coñecido popularmente como alcohol etílico). A dependencia das bebidas alcohólicas denomínase alcoholismo.

Atendendo á elaboración pódese distinguir entre bebidas producidas por fermentación alcohólica (viños, cervexas, hidromel, sake etc.), nas cales o contido en alcohol non pasa de 18-20 graos; e as producidas por destilación, xeralmente a partir dun produto de fermentación (licores, augardentes etc.)

En España celébrase o día sen alcohol o 15 de novembro.

A cantidade de alcohol dun licor ou outra bebida alcohólica exprésase ben polo volume de alcohol que conteña ou ben polos seus graos de alcohol, a porcentaxe da alcohol do total da bebida.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Contido GC

En bioloxía molecular e xenética, o contido GC, contido guanina-citosina, porcentaxe GC ou contido G+C (ás veces razón GC) é a porcentaxe de bases nitroxenadas dunha molécula de ADN que son guanina ou citosina de entre o total das catro baes posibles (adenina, timina, guanina e citosina). O contido GC pode referirse a un determinado fragmento de ADN, a un cromosoma completo ou a un xenoma enteiro. Pode aplicarse tamén ao ARN (que tería uracilo en vez de timina). Cando se refire a un fragmento do material xenético este pode ser unha parte dun xene (dominio), un só xene completo, un grupo de xenes (ou cluster), ou mesmo a unha rexión non codificante.

Nas medicións en xenomas bacterianos o normal é expresalo en %mol.

A guanina (G) e a citosina (C) emparéllanse no ADN formando 3 enlaces de hidróxeno, mentres que a timina (T) e a adenina (A) únense entre si por medio de dous destes enlaces. O ADN cun alto contido GC é máis estable que o de contido baixo porque forman máis pontes de hidróxeno, aínda que o que máis inflúe na estabilización do ADN son as interaccións entre as bases amoreadas.

A pesar da alta termoestabilidade que un alto contido GC lle dá ao material xenético, as células con alto contido GC de bacterias sofren autólise, reducindo dese modo a lonxevidade da célula. Debido á robustez que lle dá ao material xenético ter un alto contido GC, críase tradicionalmente que un ADN cun contido GC elevado era unha adaptación importante ás altas temperaturas no medio, pero esta hipótese foi posta en dúbida recentemente nun estudo comparativo entre procariotas.

Porén, o mesmo estudo mostrou unha forte relación entre as temperaturas altas e o contido GC alto dos ARNs estruturados (como o ARN ribosómico, o ARN transferente, e moitos outros ARN non codificantes). Nos ARN os pares de bases GC son máis estables que os AU, debido a que forman un enlace e hidróxeno máis, e isto fai que as estruturas con ARN (que forman enlaces intracatenarios) sexan máis tolerantes ás altas temperaturas.

Máis recentemente, a primeira análise xenómica a grande escala demostrou a correlación entre o contido GC e a temperatura para certas rexións xenómicas (as codificantes) pero non para outras.Nos experimentos de PCR, o contido GC dos cebadores utilízase para predicir a temperatura de annealing co ADN molde. Un maior contido GC indica unha maior temperatura de fusión.

Ezkurra

Ezkurra é un concello da Comunidade Foral de Navarra, situado na Merindad de Pamplona, na comarca de Malerreka, a 58 km de Pamplona. A súa poboación en 2014 foi de 152 habitantes segundo o INE.É o concello navarro con máis porcentaxe de euscaldunas.

Insuficiencia cardíaca

Unha insuficiencia cardíaca é unha situación na que o corazón non é capaz de bombear todo o sangue que o organismo precisa para funcionar adecuadamente, ou ben faino cun traballo excesivo. O grao de funcionalidade do corazón defínese pola fracción de exección (porcentaxe de sangue que bombeado en relación á función normal, que representaría o 100%)

Letonia

Letonia ( pronunciación ) (en letón: Latvija /ˈlætviə/ ), oficialmente a República de Letonia ( pronunciación ) (en letón: Latvijas Republika) é un país da Europa do norte localizado na rexión báltica. Letonia fai fronteira polo norte con Estonia (343 km), polo sur con Lituania (588 km), e polo leste con Belarús (141 km) e a Federación rusa (276 km). Na otra beira do mar Báltico fai fronteira con Suecia. O territorio de Letonia ten unha superficie de 64,589 km² e unha poboación de 2 306 306 (2004).

Os letóns son un pobo báltico estreitamente vencellado cos lituanos, cos que comparten moitas semellanzas lingüísticas. Hoxe en día o letón e lituano son as únicas linguas superviventes pertencentes ás linguas bálticas da familia indoeuropea.

Letonia é unha república parlamentaria democrática dividida en 26 distritos. A capital e principal cidade en poboación é Riga (722.485 habitantes no ano 2005). Letonia é membro das Nacións Unidas dende o 17 de setembro de 1991, da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004 e da OTAN dende o 29 de marzo de 2004.

Novo México

Novo México é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. Limita ao norte co Colorado, ao leste co Oklahoma e Texas, ao sur con Texas e México, e ao oeste co Arizona.

Novo México posúe a maior porcentaxe de hispanos do país: o 42,1% posúe orixe hispánica, sendo os dous maiores grupos étnicos - españois, que forman 24% da poboación do Estado, e mexicanos, 18%. Cerca do 41% da poboación é católica, e un 35% son protestantes. O Estado tamén posúe unha gran poboación indíxena.

En 2003, o produto interno bruto do Novo México foi de 57 000 millóns de dólares, e a renda per capita, de 24 995 dólares, antepenúltimo no país. A economía do Estado baséase no turismo, no comercio, e na pecuaria. A actual Constitución do Novo México foi aprobada en 1912.

Novo México foi inicialmente colonizado polos españois, pasando a control mexicano en 1821, coa independencia da mesma, como unha das provincias mexicanas. En 1848, co fin da Guerra mexicano-americana, Novo México foi anexionado polos Estados Unidos.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Phoenix Suns

Os Phoenix Suns son un equipo de baloncesto profesional con sede en Phoenix (Arizona). Son membros da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA), e o único equipo da súa división que non é do estado de California. O seu pavillón é, dende 1992, o Talking Stick Resort Arena, coñecido antigamente coma America West Arena e US Airways Center. Ao pavillón tamén se lle chama en ocasións "Purple Palace" ("palacio púrpura") debido á cor púrpura dos seus asentos.

Os Suns comezaron a xogar en 1968. A franquía ten o cuarta mellor porcentaxe de vitorias da NBA, cun 55% de partidos gañados ata o remate da tempada 2013-14. En 46 anos na liga, clasificáronse en 29 deles para Playoffs, conseguiron máis de 50 vitorias en dezanove ocasións, chegaron nove veces ás Finais da Conferencia Oeste, e chegaron ás Finais da NBA nos anos 1976 e 1993. A pesar destas marcas, os Suns nunca gañaron un campionato da NBA.

Porcentaxe (símbolo)

O signo de porcentaxe (%) é o símbolo empregado para indicar unha porcentaxe ou unha fracción de 100. Tamén están relacionados con este símbolo os que indican a expresión dun número por mil (‰) ou por dez mil (‱), que significan que o número está dividido por mil ou por dez mil, respectivamente.

Tempada 2004-05 da NBA

A tempada 2004/05 da NBA foi a quincuaxésimo novena na historia da liga. Deu comezo o 2 de novembro de 2004 e rematou o 20 de abril de 2005. A tempada finalizou con San Antonio Spurs coma campións da NBA tras derrotar a Detroit Pistons por 4-3.

V Televisión

V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %.Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.

Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.

Vexetal

Vexetais son os organismos vivos do reino Plantae (como os animais son do reino Animalia). Os vexetais pódense definir como organismos pluricelulais, eucariotas fotoautótrofo(s), que non teñen movementos voluntarios nin órganos sensoriais. As plantas vasculares, as que atopamos en maior porcentaxe na experiencia diaria, teñen raíz, tronco e follas. As plantas ou vexetais son pois seres multicelulares que están situados na base da cadea alimenticia, formando unha das subdivisións ou reinos das eucariotas, sendo obxecto de estudo da botánica

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.