Populismo

O populismo é un termo político para designar correntes heteroxéneas pero caracterizadas pola súa aversión ás elites económicas e intelectuais, a súa denuncia da corrupción política por parte das clases privilexiadas e a súa constante apelación ó Pobo.

Ademais adoita asociarse á Demagoxia.

A aparición do populismo como fenómeno social lígase a procesos de rápida modernización ou cambio como unha postura crítica que argumenta que estes xeran distinto grao de desenvolvemento nas diversas clases ou rexións dun país e en consecuencia desigualdade.

O termo populismo usouse en política dúas acepcións diferentes. Unha delas ten un significado positivo e a outra pexorativo.

Populismo en sentido pexorativo

O populismo cunha significación pexorativa é o uso de "medidas de goberno populares", destinadas a gañar a simpatía da poboación, particularmente se esta posúe dereito a voto, aínda a conta de tomar medidas contrarias ó Estado democrático.

De acordo, con esta significación algúns movementos populistas darían a amplas capas da poboación beneficios limitados ou solucións a curto prazo que non pon en perigo a orde social instituída nin outorga capacidades reais de autodeterminación ós pobos senón que serven para que eleven ou manteñan a popularidade dos caudillos ou do réxime reforzando o seu poder.

Diferénciase da demagoxia porque se refire non só a discursos, senón tamén a accións. Así, pódese entender como unha táctica de uso limitado, ou ben como unha forma permanente de facer política e permanecer no poder. Agora ben, a definición do que é o benestar xeral do Pobo así como de Curto prazo, Orde social instituída ou Autodeterminación permiten manipular o uso do termo e aplicalo eventualmente contra os adversarios políticos.

Populismo en sentido positivo

O populismo cunha significación positiva é un movemento social que pretende que o poder recaia máis no pobo: entendido como granxeiros, obreiros e pequenos emprendedores, as clases media e baixa; e menos ás elites políticas e corporativas. O populismo baséase no apoio voluntario, as ideas políticas da cultura autóctona sen caer no nacionalismo e oponse ós imperialismos.

Exemplos deste tipo de populismo poden ser o populismo ruso, o populismo norteamericano, o cantonalismo español, o agrarismo mexicano ou os carbonari italianos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Anarquía

A anarquía é unha doutrina política que se opón a calquera clase de xerarquía ou poder político que goberne á sociedade, tanto como se se consolidou de forma democrática ou se se estableceu de forma ditatorial.

Os anarquistas cren que o maior logro da humanidade é a liberdade do individuo para poder expresarse e actuar sen que llo impida ningunha forma de poder, sexa terreal ou sobrenatural, polo que o seu principal principio é o de abolir calquera tipo de goberno e loitar contra todo tipo de relixións ou seitas xa que isto representa un desprezo pola autonomía dos homes (e mulleres) e a escravitude económica.

Caudillismo

O caudillismo é o exercicio do poder político caracterizado pola agrupación dunha comunidade en torno ao caudillo. En xeral, os caudillos son líderes políticos carismáticos ligados a sectores tradicionais da sociedade (como militares e grandes terratenentes) e que basean o seu poder no populismo. Moitas veces, os líderes son chamados caudillos cando permanecen no goberno por máis tempo do convencional.

O caudillismo presénta se como forma de exercicio de poder diverxente da democracia representativa. No entanto, nin todos os caudillos son ditadores: ás veces poden exercer forte liderado autocrático e carismático mantendo formalmente a normalidade democrática.

Coronelismo

O Coronelismo era o sistema político de Brasil baixo a Vella República, de 1889-1930. O poder local era confiado aos "coroneis", os terratenentes fideis ao goberno.

Elitismo

O elitismo é a crenza ou actitude que consiste en soster que aqueles que son considerados como a elite -un selecto grupo de persoas con notables habilidades persoais, riqueza, experiencia, ou outros atributos distintivos- son as persoas cuxas opinións deberían ser tomadas máis en serio. Este grupo de persoas serían as máis adecuadas para gobernar pois as súas accións e pensamento serían os máis construtivos. O termo elitismo tamén pode ser utilizado para describir unha situación na cal unha elite goza de privilexios ou ten máis poder que o resto dos membros da sociedade. Refírese a unha situación de feito, pero non institucional, xa que se o fose sería unha oligarquía.

O termo adoita utilizarse pexorativamente para describir unha actitude xeneralizada de arrogancia ou rexeitamento respecto da opinión pública en xeral (a meritocracia, un tipo especial de elitismo, normalmente non ten estas connotacións).

Para examinar as correntes opostas ó elitismo ver antielitismo, populismo e teoría política do pluralismo.

Hexemonía

Hexemonía é a supremacía que unha poboación, unha nación ou bloque de nacións pode ter, grazas ó seu maior potencial económico, militar ou político, e que exerce sobre outras poboacións, aínda que estas non a desexen. Por hexemonía mundial enténdese o dominio do mundo por parte dunha soa nación ou un grupo de nacións.

Fálase de hexemonía política ou de grupo hexemónico para referirse a aquel grupo as propostas do cal gozan dun nivel de aceptación preeminente entre as clases dirixentes, o tema da hexemonía política e cultural é a base do pensamento de Antonio Gramsci un dos pais do Partido Comunista de Italia (PCI).

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Primeiro ministro

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno , designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Represión

Represión política é a acción de conter, deter ou castigar actuacións políticas ou sociais dende o poder por parte das autoridades públicas, negando ou impedindo o exercicio dos dereitos e liberdades (expresión, reunión, manifestación, asociación, sindicación) que adoitan considerarse propias dos sistemas democráticos.

Decotea vai acompañada de violencia, tanto legal como informal. A forza do exemplo de quen sofre esa violencia fai que, por temor, o resto da sociedade se reprima a si mesma no exercicio da liberdade, que queda así anulada para todos, agás para o poder e para aqueles no beneficio dos cales se realiza a represión.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Ryanair

Ryanair, Plc é unha aeroliña irlandesa con sede social en Irlanda. Foi fundada por Tony Ryan en 1985 con 25 traballadores, sendo a súa primeira ruta Waterford - Londres. É o maior transportista de baixo custo de Europa. Actualmente ten máis 650 rutas. Ao longo dos anos converteuse na aeroliña máis rendible do mundo, grazas á redución de custos. Ryanair caracterizouse por unha rápida e continua expansión, especialmente trala desregulación da industria aérea en Europa en 1997. Operaba unha frota de 74 veteranos Boeing B737, que foron dados de baixa, e asinou contratos para recibir 225 novos Boeing B737-800 ata 2010, ademais de opcións por 193 máis. A data de hoxe, Ryanair conta con 305 Boeing 737-800 «Next Generation» cunha media de idade de 4,9 anos.

Ryanair é unha das empresas europeas máis polémicas, loada e criticada por igual. Os seus simpatizantes destacan os seus baixos prezos, o seu populismo, a administración radical, e a súa fereza para desbancar as aeroliñas de alto custo tradicionais. Pero os detractores acúsana de incumprir as políticas da UE e facer publicidade enganosa. En 2009 foi demandada pola Dirección Xeral de Consumo de Baleares, por cobrar indebidamente aos pasaxeiros un suplemento por levar a súa equipaxe, medida que Ryanair aplica sistematicamente pero que é ilegal en España.

Socialdemocracia

A socialdemocracia é unha ideoloxía política que xurdíu a finais do século XIX e principios do XX do seo do marxismo, crían que a transición a unha sociedade socialista podería lograrse mellor mediante unha evolución dentro da democracia representativa que mitigara os efectos do capitalismo antes que por algún outro método. Os socialdemócratas pretenden reformar o capitalismo democráticamente mediante a regulación estatal e a creación de programas e organizacións patrocinados polo Estado para aliviar ou quitar as inxustizas que eles pensan son inflixidas polo sistema capitalista de mercado.

Con anterioridade, describirase aos socialdemócratas como socialistas reformistas (dado que avogaban polo desenvolvemento do socialismo a través de reformas parlamentarias graduais) en contraste cos socialistas revolucionarios, que pretendían acadar o socialismo mediante unha revolución obreira ou caso contrario por medio dunha evolución extraparlamentaria non estatal. A socialdemocracia tamén aborda os temas valóricos desde un prisma progresista. É o sector da esquerda partidista máis importante do mundo contemporáneo.

Con frecuencia, utilízanse os termos "socialismo" ou "socialista" en referencia á socialdemocracia e aos socialdemócratas, aínda que o concepto "socialismo" é máis amplo, xa que en diferentes países poden incluír a socialistas democráticos, marxistas, comunistas e anarquistas. Mentres algúns consideran á socialdemocracia unha forma moderada do socialismo, outros, definindo o socialismo no significado tradicional ou marxista, rexeitan esta designación

Sociocracia

Sociocracia, é, en suma, o goberno social. Forma de goberno teórica onde a sociedade como un todo sería detentora do poder.

Ultradereita

A ultradereita, extrema dereita ou dereita radical refírese, dentro do concepto da existencia dunha esquerda e dereita, ao mais elevado grao de dereitismo no espectro ideolóxico. A política de extrema dereita envolve frecuentemente un foco na tradición, real ou imaxinada, en oposición as políticas e costumes que son considerados como reflexo do modernismo. Moitas ideoloxías de extrema dereita teñen desprezo ou desdén polo igualitarismo, mesmo que non sempre expresan apoio explícito á xerarquía social, elementos de conservadorismo social e oposición á maioría das formas de liberalismo e socialismo. Algúns grupos apoian unha forte ou completa estratificación social e a supremacía de certos individuos ou grupos considerados naturalmente superiores.A defensa da ultradereita da supremacía baséase no que seus adeptos ven como características innatas de persoas que non poderían ser alteradas. O centro-dereita, pola contra, alega que as persoas poden acabar coa súa inferioridade de comportamento a través da mudanza dos seus hábitos e escollas.O termo tamén utilizase para describir ideoloxías como o nazismo, o neonazismo, o fascismo, o neofascismo e outras ideoloxías ou organizacións que presente puntos de vista extremistas, nacionalistas, chauvinistas, xenófobos, racistas ou reacionarios, que poden levar a opresión e violencia contra grupos de persoas en base a unha suposta inferioridade ou ameaza á nación, Estado ou institucións sociais tradicionais ultraconservadoras.O populismo de dereita, unha ideoloxía política que moitas veces combina laissez-faire, nacionalismo, etnocentrismo e antielitismo, descríbese moitas veces como de extrema-dereita. O populismo de dereita polo xeral envolve apelacións ao "home común" e oposición á inmigración. Os defensores da teoría da ferradura interpretan o espectro de esquerda-dereita identificando a extrema-esquerda e a extrema-dereita, como tendo mais en común entre si, como extremistas, do que cada un ten cos centristas moderados.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.