Pontevedra Club de Fútbol

O Pontevedra Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado en 1941 e actualmente xoga na Segunda División B, tras ascender na tempada 2014–15.

A etapa de maior éxito do club foron as 6 tempadas que o equipo xogou en Primeira División entre 1963 e 1970. Actualmente ocupa o posto 42 na Clasificación histórica de Primeira. Durante estas tempadas acadou un 7º posto na tempada 1965-66 e chegou a xogar 5 tempadas consecutivas na categoría. Tamén xogou 9 tempadas en Segunda, 26 en Segunda B e 24 en Terceira.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, equipo da cidade veciña.

Pontevedra
NomePontevedra Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Pontevedriña
Ponte
Granates
Fundación16 de outubro de 1941 (77 anos)
EstadioPasarón,
Pontevedra, Galicia
Inauguración1965
Capacidade12.000
PresidenteGalicia Lupe Murillo
AdestradorGalicia Luisito
Liga2ªB – Grupo 1
2016–174.º
VestimentaJoma
PatrocinadorDeputación de Pontevedra
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Historia

Orixes

En 1905 fundouse o Pontevedra Sporting Club. Inicialmente xogaba na Xunqueira e adestraba na praza de touros, e posteriormente trasladouse a Campolongo. Neste equipo comezou Luis Otero. Co tempo fundouse o Club Deportivo Pontevedra, no que xogou Pasarín. Os dous equipos, que compartían campo, uníronse en 1918 co nome de Pontevedra Athletic Club, mudándose ao campo de Pasarón. Catro anos despois trasladáronse a un novo campo a carón do Hospital Provincial. En 1922 fundouse o Eiriña CF, campión de Galicia de afeccionados en 1933 e 1934, e campión da Copa Galicia de 1936. O seu uniforme era camisola amarela e negra e e pantalón negro. Na década de 1920 fundouse tamén o Alfonso XIII FC.

Trala guerra civil retomáronse as actividades deportivas. O Pontevedra Club de Fútbol fundouse o 16 de outubro de 1941 trala unión dos dous clubs máis importantes daquela época da cidade, o Eiriña e o Alfonso CF[1]. O seu primeiro presidente foi Fernando Ponte Conde. O primeiro partido foi un amigábel contra Celta de Vigo o 28 de decembro de 1941, no campo de Pasarón, que rematou con empate a tres goles. Polo Pontevedra xogaron Domínguez, Ruibal, Hermida, Calviño, Quico II, Ernesto, Pinocho, Foro, Corbacho, Besada (que marcou o primeiro gol) e Iglesias.

Competicións oficiais

O Pontevedra solicitou participar no Campionato Galego de Afeccionados. Debutou o 22 de febreiro de 1942 contra o Santiago de Compostela, perdendo por 1 a 0. O primeiro partido oficial en Pasarón tivo lugar o 1 de marzo contra o Celta B, con empate a 1. Logo de 6 partidos, o equipo granate proclámase campión do grupo sur, disputando a final contra o Galicia de Ferrol. Os pontevedreses gañaron o campionato tras vencer 3-0 en Pasarón e perder 2-1 no Inferniño. Esta vitoria deulle a posibilidade de disputar o Campionato de España de Afeccionados, perdendo en cuartos de final contra o Mediodía de Madrid.

Comezou a tempada 1942-43 na Serie A Rexional, e proclamouse de novo campión galego de afeccionados, doutra volta contra o Galicia de Ferrol. No campionato de España foi eliminado contra o Sama de Langreo.

En 1943 o equipo comezou en terceira división, e malia que quedou campión varios anos (1947 e 1948) e xogou a promoción de ascenso en varias ocasións, mantívose nesta categoría até 1957, cando descendeu á categoría rexional. Ao ano seguinte ascendeu tras quedar campión, e na tempada 1959-60 acadou o ascenso a Segunda División, tras unha promoción contra o Burgos Club de Fútbol logo dun partido de desempate en León, con gol de Guillermo na prórroga.[2]

En 1961 produciuse o debut na Copa do Xeneralísmo, perdendo na primeira eliminatoria contra o Castellón. En 1963 o equipo adestrado por Rafa Yunta resultou campión da segunda división, acadando o ascenso á máxima categoría.

O debut do equipo na Primeira división foi na tempada 1963-64. A época dourada na primeira división é coñecida como a do Hai Que Roelo, debido á dificultade que tiñan os equipos rivais para gañar ós granates no campo de Pasarón.

Pontevedra CF 2009
Equipo inicial no Trofeo Cidade de Pontevedra 2009.
Pontevedra CF - Racing de Santander
Encontro de liga da segunda división B 2016/17 entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.

Despois do descenso da primeira división iníciase unha etapa irregular, na que chega a descender a terceira. Na tempada 1983-84 leva por primeira vez publicidade nas camisolas, estando patrocinado pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Na tempada 1984-85 quedou subcampión da Copa da Liga de España de Segunda División B, perdendo na final contra o Sestao SC. O 5 de xuño de 1985 foi elixido presidente Luís Emilio Batallán.

Tras moitos anos en segunda B, acadou o ascenso a segunda na tempada 2003-04, adestrado por José Aurelio Gay, se ben non foi quen de manter a categoría.

O 23 de xaneiro de 2007 o club conseguiu culminar con éxito o proceso de transformación voluntaria en Sociedade Anónima Deportiva, en boa parte pola mediación do seu presidente, Nino Mirón, que se fixo co 52 % das accións do club no último momento. Nese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Mallorca B.

Na tempada 2010–11 sufriu unha fonda crise económica. Trala destitución a mediados de outubro de Ángel Viadero, Fernando Castro Santos ofreceuse para adestrar o equipo de balde. En decembro, os xogadores ameazaron á directiva con ir á folga logo de catro meses sen cobraren.[3] O 5 de xaneiro de 2011 mudou a xunta directiva, quedando como presidente do club o empresario Mauricio Rodríguez Boullosa.[4] O 5 de maio materializou o descenso matemático a Terceira División tras unha tempada moi irregular, a falta dun partido.

Na tempada 2011–12 de Terceira División acabou no cuarto posto, clasificándose para xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Con todo, foi eliminado polo Espanyol B na primeira rolda e non conseguiu subir de categoría. Na tempada seguinte non conseguiu clasificarse para a fase de ascenso, ao rematar na 5ª posición. O 26 de xuño de 2013 Mauricio Rodríguez deixou a presidencia, ocupándoa José Manuel Fernández en funcións. O 7 de xullo de 2014 pasou a ser presidenta do equipo a empresaria Lupe Murillo[5].

En abril de 2018 gañaron a súa segunda Copa Federación tras vencer na final ao Ontinyent Club de Futbol[6]

Trofeos de verán

Desde 1959 o equipo organiza o Trofeo Luis Otero, lembrando ao futbolista pontevedrés Luis Otero Sánchez, que chegou a ser olímpico en Antuerpen en 1920.

En 1984 instaurouse o Trofeo Deputación, que non tivo continuidade.

Na actualidade disputa tamén o Trofeo Cidade de Pontevedra, organizado polo concello.

Escudo

O escudo oficial do club consiste nunha fusión do escudo da cidade, unha ponte ameada, e un balón. Entre estes dous elementos atópase unha banda coa palabra "Pontevedra" inscrita nela, mentres que no interior do balón pódense ler as letras C e F.

Uniforme

O uniforme histórico do Pontevedra CF é camiseta granate, pantalón azul e medias granates. Inicialmente o pantalón era branco, mudándose polo azul en 1956 por problemas de lavandería. Tamén houbo outras variacións ao longo da historia, como o uso de medias azuis ou ata dunha camiseta a raias azuis e granates.

Os uniformes para a tempada 2010/11 son:

  • Uniforme titular: Camiseta granate con detalles dourados, pantalón azul e medias granates.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris con detalles dourados, pantalón gris e medias azuis.

Actualmente, a súa marca é Bemiser e o seu patrocinador é Deputación de Pontevedra.

Himno

O himno do Pontevedra CF está na súa maior parte en lingua castelá, se ben inclúe como retrouso unha cantiga popular galega[7]:

Pontevedra boa vila,
dá de beber a quen pasa
a fonte na Ferrería
San Bartolomé na praza.

Mascota

A mascota actual é Roelio, unha especie de óso andante vestido co uniforme titular do equipo. Esta mascota é unha homenaxe ó alcume do equipo na época en que estaba en primeira división, o Hai que Roelo.

Estadio

Artigo principal: Estadio Municipal de Pasarón.

O Pontevedra xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Pasarón, que foi inaugurado en 1965. As súas medidas son 105 x 66 metros. Albergaba a 16.500 persoas, e logo dun proceso de reformas que acabaron en maio de 2010, caben 12.000. O estadio xa fóra reformado en 1982 co gallo da Copa do Mundo.

Furgoneta do Pontevedra Club de Fútbol
Furgoneta propiedade do club.

Datos do club

Datos do club en Primeira división

  • Debut en liga: 1963-64
  • Partidos xogados: 180
    • Gañados: 53
    • Empatados: 44
    • Perdidos: 83
    • Goles a favor: 165
    • Goles en contra: 221
    • Puntos: 150
  • Mellor posto: 7º (tempada 1965-66)
  • Peor posto: 16º (tempada 1969-70)

Historial

Tempada División Posto Copa do Rei
1941/42
1942/43 Serie A     ascenso
1943/44 2ª elim. previa
1944/45
1945/46
1946/47
1947/48 4ª rolda
1948/49 3ª rolda
1949/50
1950/51
1951/52
1952/53 12º
1953/54 12º
1954/55
1955/56
1956/57    15º descenso
1957/58 Serie A     / ascenso
1958/59
1959/60    1º ascenso
Tempada División Posto Copa do Rei
1960/61 1ª rolda
1961/62 1/16 de final
1962/63    1º ascenso 1ª rolda
1963/64    15º descenso 1/8 de final
1964/65    1º ascenso 1/4 de final
1965/66 1/16 de final
1966/67 10º 1/4 de final
1967/68 1/8 de final
1968/69 12º 1/8 de final
1969/70    16º descenso 1/8 de final
1970/71 10º 1/16 de final
1971/72 11º 1/8 de final
1972/73    18º descenso 4ª rolda
1973/74 2ª rolda
1974/75 2ª rolda
1975/76    1º ascenso 2ª rolda
1976/77    17º descenso 3ª rolda
1977/78 2ªB 1ª rolda
1978/79 2ªB 16º 1ª rolda
Tempada División Posto Copa do Rei
1979/80 2ªB 13º 3ª rolda
1980/81 2ªB    18º descenso
1981/82
1982/83 2ª rolda
1983/84    1º ascenso 1ª rolda
1984/85 2ªB 2ª rolda
1985/86 2ªB 1ª rolda
1986/87 2ªB
1987/88 2ªB 2ª rolda
1988/89 2ªB 1ª rolda
1989/90 2ªB 10º
1990/91 2ªB 14º 3ª rolda
1991/92 2ªB 2ª rolda
1992/93 2ªB 13º 2ª rolda
1993/94 2ªB 2ª rolda
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB 12º 1ª rolda
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB 10º
Tempada División Posto Copa do Rei
1998/99 2ªB 12º
1999/00 2ªB
2000/01 2ªB 14º
2001/02 2ªB
2002/03 2ªB Rolda previa
2003/04 2ªB    1º ascenso 1/32 de final
2004/05    22º descenso 1/16 de final
2005/06 2ªB 2ª rolda
2006/07 2ªB 1ª rolda
2007/08 2ªB 1/16 de final
2008/09 2ªB 12º 1ª rolda
2009/10 2ªB
2010/11 2ªB    18º descenso 1ª rolda
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15    1º ascenso
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB 14º 1ª rolda

Xogadores históricos

  • Flag of Brazil.svg Renan de Mattos
  • Flag of Brazil.svg Oseas
  • Flag of Brazil.svg Yuri
  • Flag of Cape Verde.svg Néné
  • Guinea Ecuatorial España Sergio Barila
  • Francia Stéphane Pignol
  • Flag of Peru.svg Paco Bazán
  • Flag of Portugal.svg Sérgio Organista
  • Flag of Uruguay.svg Edgardo Adinolfi
  • Flag of Venezuela.svg Jonay Hernández
  • Flag of Venezuela.svg José Manuel Rey Cortegoso

Corpo técnico

Actual

  • Adestrador: Galicia Luismi
  • Delegado: Julio Doval

Adestradores

Categoría principal: Adestradores do Pontevedra CF.
  • Flag of the Basque Country.svg Bienzobas
  • España Rafael Yunta
  • Francia Marcel Domingo
  • Flag of the Basque Country.svg Otxoa
  • Flag of the Basque Country.svg Molinuevo
  • Flag of Argentina.svg Héctor Rial
  • España Belló
  • España Francisco Campos
  • Galicia Carolo
  • Francia Louis Hon
  • Flag of the Basque Country.svg Otxoa
  • Cataluña Biosca
  • Cataluña Juncosa
  • España Herrería

Directiva

  • Presidente: José Manuel Fernández
  • Secretario do consello: Luis Durán Torrado

Presidentes ao longo da historia

  • 1. Fernando Ponte Conde (1941–1942)
  • 2. Manuel Fernández (1942–1943)
  • 3. Manuel García Lastra (1943–1949)
  • 4. Fernando Ponte Conde (1949–1951)
  • 5. Antonio Puig Gaite (1951–1956)
  • 6. Clemente Carrascal (1956–1957)
  • 7. Ángel Agrasar Vidal (1957–1960)
  • 8. Miguel Domínguez (1961–1963)
  • 9. Miguel Otero Rodríguez (1963–1970)
  • 10. Celso Mariño Ferreiro (1970–1971)
  • 11. Ángel Agrasar Vidal (1971–1974)
  • 12. Eulogio Vázquez (1974–1981)
  • 13. Miguel Domínguez Vaz (1981–1985)
  • 14. Luis Emilio Batallán (1985–1989)
  • 15. Jesús Pérez Yáñez (1989–1990)
  • 16. Javier Redondo Seijo (1990–1991)
  • 17. Enrique Vidal Senra (1991–1992)
  • 18. Eduardo Magdaleno (1992–1994)
  • 19. Pedro Antonio Rivas (1993–1994)
  • 20. Ramón Crespo (1994–1997)
  • 21. Gerardo Lorenzo Torres (1997–2001)
  • 22. Saturnino Mirón (2001–2011)
  • 23. Mauricio Rodríguez Boullosa (2011–2013)
  • 24. José Manuel Fernández (2013–2014)
  • 25. Lupe Murillo (2014-)

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos estatais

Outros premios

Filial

Artigo principal: Pontevedra B.

O Pontevedra Club de Fútbol B é o equipo filial do Pontevedra. Fundouse en 1965 e actualmente xoga na Preferente Autonómica de Galicia.

Notas

  1. Tal día como hoxe, hai 71 anos, nacía o Pontevedra C.F., en Pontevedra Viva
  2. López Torre, Rafael (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).
  3. "Crujeiras non cumpre e os xogadores do Pontevedra C.F. irán á folga", Diario de Pontevedra, 15 de decembro de 2010.
  4. "O Pontevedra C.F. alcanza un acordo histórico", artigo de Xaime Nogueira no Diario de Pontevedra, 5 de xaneiro de 2011.
  5. "Lupe Murillo releva a José Manuel Fernández no Consello e a Presidencia do Pontevedra", artigo en Pontevedra Viva, 8 de xullo de 2014.
  6. "Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)", Pontevedra Viva, 12 de abril de 2018.
  7. Himno do Pontevedra en YouTube.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Domínguez Vaz, M.: Pontevedra Club de Fútbol. Cincuenta años de historia. Deputación de Pontevedra, 1995. ISBN 84-88363-50-8

Ligazóns externas

16 de outubro

O 16 de outubro é o 289º día do ano do calendario gregoriano (290º nos anos bisestos). Quedan 76 días para finalizar o ano.

Alejandro Vázquez Palacio

Alejandro Vázquez Palacio, nado en Xixón o 4 de novembro de 1976, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol.[Cómpre referencia]

Antonio Puig Gaite

Antonio Puig Gaite, nado en Pontevedra o 22 de agosto de 1907 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1993, foi un farmacéutico e político galego.

Copa Federación Galega de Fútbol 1946/47

A Copa Federación Galega de Fútbol 1946/47 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, a Sociedade Ximnástica Lucense e o Pontevedra Club de Fútbol. A competición disputouse en forma de liga a dúas voltas entre maio e xullo de 1947. Proclamouse campión o Racing de Ferrol.

Copa Galicia de fútbol 1945/46

A Copa Galicia 1945/46 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Real Club Deportivo da Coruña, o Club Deportivo Xuvenil, o Racing Club de Ferrol, o Club Deportivo Santiago, o Club Betanzos, o Galicia Club de Fútbol, o Real Club Celta de Vigo, o Pontevedra Club de Fútbol, a Unión Deportiva Ourensana, o Club Lemos e o Club Berbés. O torneo foi xogado entre maio e decembro de 1946. Os equipos foron divididos en dous grupos, norte e sur, disputándose cada grupo en forma de liga a dúas voltas. O vencedor de cada grupo clasificouse para xoga-la final. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña.

Copa Galicia de fútbol 1964/65

A Copa Galicia 1964/65 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron quince equipos galegos de Primeira, Segunda e Terceira División. O torneo foi disputado en forma de eliminatorias a dous partidos. Comezou en maio de 1965 e rematou en maio de 1966 xa que a final foi adiada en varias ocasións. Os equipos de primeira e segunda ficaron exentos ata os cuartos de final.

Os equipos participantes foron o Club Deportivo Arenteiro, o Coruxo Fútbol Club, o Club de Fútbol Calvo Sotelo, o Club Deportivo Lugo, o Alondras Club de Fútbol, a Agrupación Deportiva Couto, o Club Turista, o Club Lemos, o Arousa Sociedade Cultural, o Gran Peña Fútbol Club, o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Club Deportivo Choco, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Ourense. Proclamouse campión o Pontevedra despois de derrota-lo Deportivo na final.

Eiriña Club de Fútbol

O Eiriña Club de Fútbol foi un equipo de fútbol galego, da cidade de Pontevedra fundado no ano 1922. Toma o seu nome do barrio da Eiriña e xogaba os seus encontros como local no Campo de Pasarón. O seu uniforme era a listas amarelas e negras e pantalón negro.

Competiu durante a maior parte da súa existencia na Serie A do Campionato de Galicia. Tamén participou simultaneamente en tres campañas da Terceira División. Foi campión de Galicia de afeccionados nas tempadas 1932/33 e 1933/34. En 1936, gañou a primeira edición da Copa Galicia.

Na década de 1920 fundouse tamén en Pontevedra o Alfonso XIII Foot-ball Club, club co que se fusionaría o Eiriña trala Guerra Civil Española, no ano 1941, para formar o Pontevedra Club de Fútbol, sendo Fernando Ponte Conde o primeiro presidente da nova entidade.

Furgoneta

Unha furgoneta é un pequeno vehículo automóbil de catro rodas, cuberto e máis pequeno ca un camión, para o transporte de mercancías. Ten na parte posterior unha zona de carga de formas ortogonais e con teito, ao contrario que unha pickup, que a ten ao aire libre. Nalgúns casos, esta zona ten varias ringleiras de asentos, e noutras ocasións está baleira, para transportar obxectos grandes. Neste último caso, os vidros laterais poden ser substituídos por unha continuación da chapa.

O Regulamento Xeral de Vehículos de España determina que furgón ou furgoneta é o "automóbil con catro rodas ou máis, concibido e construído para o transporte de mercadorías, cuxa cabina está integrada no resto da carrozaría e cun máximo de nove prazas, incluída a do condutor".

O portón traseiro é case sempre de dúas follas de apertura horizontal. Unha furgoneta adoita ser máis alta que un automóbil de turismo e que un monovolume. Con respecto a un monovolume, a posición dos asentos é máis ergueita e alta, e o morro máis curto. O motor é case sempre dianteiro e nalgúns casos está situado por baixo dos asentos dianteiros para diminuír a lonxitude total. Unha excepción son as furgonetas pequenas derivadas directamente de turismos do segmento B (e máis raramente do A ou do C).

Ibán Espadas Zubizarreta

Ibán Espadas Zubizarreta, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 4 de agosto de 1978, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol.

Javi Varas

Javier Varas Herrera, nado en Sevilla (España) o 10 de setembro de 1982, é un futbolista español que xoga na demarcación de gardameta. Dende 2017 xoga no Granada CF da Liga 1|2|3.

José Emilio Amavisca

José Emilio Amavisca Gárate, nado en Laredo (Cantabria) o 19 de xuño de 1971, é un ex futbolista español. Xogaba de interior esquerdo e foi internacional coa selección española. É fillo de Emilio Amavisca Albo, que xogou no Pontevedra Club de Fútbol.

Luís Emilio Batallán

Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.

Papagaio Ravachol

Ravachol, nado cara a 1891 e finado o 24 ou 25 de xaneiro de 1913, era un papagaio, mascota de Perfecto Feijoo, e vivía na botica que este tiña na praza da Peregrina en Pontevedra. Recibiu o seu nome do anarquista francés Ravachol, condenado a morte en 1892.

Era moi apreciado polas xentes da vila polos seus afamados diálogos e expresións, non sempre correctas, pois era moi mal falado. Frases famosas súas eran se collo a vara, aquí non se fía, ou arre, arre.

Pontevedra (homónimos)

O topónimo Pontevedra pode referirse a:

Pontevedra, concello galego, que dá nome a:

Provincia de Pontevedra, provincia de Galicia;

Comarca de Pontevedra, comarca desta provincia;

Ría de Pontevedra, unha entrada de mar, que forma parte das Rías Baixas;

Pontevedra, lugar da parroquia de Liñaio, no concello coruñés de Negreira;

Pontevedra, municipio filipino da provincia de Negros Occidental.

Pontevedra Club de Fútbol B

O Pontevedra Club de Fútbol B, coñecido como Pontevedra B, é un club de fútbol galego da cidade de Pontevedra. É o equipo filial do Pontevedra Club de Fútbol. Durante moito tempo levou o nome de Atlético Pontevedrés. Actualmente xoga na Preferente Autonómica de Galicia, tras perder a súa praza na Terceira División ao descender o Pontevedra CF.

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Trofeo Luis Otero

O Trofeo Luis Otero é un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Pontevedra desde 1959, na honra do futbolista Luis Otero Sánchez, primeiro xogador galego internacional. O equipo anfitrión do torneo é o Pontevedra Club de Fútbol.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Máximos goleadores por tempada
Tempada Xogador P.Xogados P.Titular Minutos Goles Cos mesmos goles
1960–61 España Ribada 26 26 2.340 9
1961–62 España Vallejo 34 34 3.060 18
1962–63 España Ceresuela 32 32 2.880 13
1963–64 España José Jorge 32 32 2.880 9
1964–65 España Neme 35 35 3.150 20
1965–66 España Neme 29 29 2.610 14
1966–67 España José Jorge 24 24 2.160 9
1967–68 Galicia Julián Roldán 25 25 2.250 15
1968–69 Galicia Julián Roldán 25 25 2.250 5
1969–70 Galicia Julián Roldán 27 27 2.358 9
1970–71 Galicia José Carballeda 37 37 3.150 8
1971–72 Galicia Pataco 35 35 3.077 13
1972–73 Galicia Vavá 35 32 2.898 12
1973–74
1974–75
1975–76
1976–77 Galicia José Domínguez 28 17 1.526 8 Francisco Plaza
1977–78
1978–79
1979–80
1980–81
1981–82
1982–83
1983–84
1984–85 Galicia Francisco Soneira 29 21 2.034 8
1985–86 España Miguel Soro 32 29 2.585 12
1986–87 España Fernando Núñez 39 39 3.510 8
1987–88 España Miguel Soro 24 15 1.544 10
1988–89 España Julio Pejenaute 28 22 1.949 11
1989–90 Galicia Miguel Villaverde 34 34 3.060 7 Carlos Santiago
1990–91 España Herrera 34 25 2.277 5
1991–92 España Miguel Soro 33 30 2.678 11
1992–93 Galicia Pablo Couto 36 33 2.751 10
1993–94 Galicia Pablo Couto 37 35 3.084 14
1994–95 Galicia Pablo Couto 22 16 1.421 9
1995–96 Galicia Carlos Padín 34 27 2.337 8
1996–97 Galicia Pazolo 29 28 2.184 12
1997–98 Galicia Pablo Couto 33 24 2.190 14
1998–99 Galicia Changui 28 24 2.194 21
1999–00 Galicia Pablo Couto 35 28 2.619 11
2000–01 España Cabarcos 20 17 1.493 8
2001–02 Galicia Andrés Curiel 37 24 2.411 10
2002–03 Cataluña Javier Rodríguez 46 42 3.522 24
2003–04 Cataluña Javier Rodríguez 44 39 3.436 23
2004–05 Cataluña Javier Rodríguez 44 42 3.777 17
2005–06 Flag of Brazil.svg Yuri 40 39 3.446 23
2006–07 Flag of Brazil.svg Yuri 40 39 3.453 24
2007–08 Flag of Brazil.svg Igor de Souza 38 35 2.970 19
2008–09 Flag of Brazil.svg Charles 26 21 1.887 9 Yuri
2009–10 Flag of Brazil.svg Charles 38 37 3.277 15
2010–11 Flag of Argentina.svg Daniel Pendín 30 28 2.429 8
2011–12
2012–13
2013–14
2014–15
2015–16 España Borjas Martín 36 36 3.151 12
2016–17 España Mario Barco 25 21 1.876 12
2017–18 Galicia David Añón 34 27 2.450 12
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.