Pontedeva

Pontedeva é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 554 habitantes (664 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontedevés - pontedevense.

Coordenadas: 42°10′7″N 8°8′21″O / 42.16861, -8.13917

Pontedeva
Escudo de Pontedeva
Concello de Pontedeva
Casa do Concello de Pontedeva.
Situacion Pontedeva
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación554 hab. (2018)
Área9,9 km²
Densidade55,96 hab./km²
Entidades de poboación29
Capital do concelloAldea de Deva
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Carlos Guerrero Salgado (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Pontedeva
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes70,56%
Na rede
http://www.pontedeva.es/

Demografía

Ao longo do ano 2006 Pontedeva gañou 102 habitantes, rompéndose a racha decrecente de anos anteriores. Porén, a comezos do 2008 o número de habitantes baixou de novo un total de 19 persoas.

Censo total 554 (2018)
Menores de 15 anos 34 (6.14 %)
Entre 15 e 64 anos 312 (56.32 %)
Maiores de 65 anos 208 (37.54 %)
Evolución da poboación de Pontedeva   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1.296 1.161 1.429 868 647 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Pontedeva abrangue dúas parroquias, e ten 10 km². pertence á comarca da Terra de Celanova, situada no sector suroriental da provincia de Ourense. Limita ao norte co concello de Cortegada, ao sur co de Padrenda; ao oeste co concello pontevedrés de Crecente e ao leste co municipio ourensán de Gomesende.

No referente ao seu relevo, o concello está constituído fundamentalmente por un gran val, formado grazas ao río Deva, que pasa polo concello e que fai de linde polo norte. Varios dos seus afluentes atravesan o municipio. Este val ten terras moi boas para o cultivo. As zonas máis elevadas son as terras situadas na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de Padrenda, sendo o cumio máis elevado, Penedo do Monte.

O seu clima é oceánico e as árbores máis abundantes son os carballos, piñeiros, eucaliptos e algúns castiñeiros.

Historia

Hai evidencias de que estas terras estiveron poboadas antes da chegada dos romanos. Así, unha proba da existencia destas culturas prerromanas son os castros que hai nos lugares de Valiño(Pontedeva) e A Senra(Trado)[5]. Tamén se pensa que por aquí pasou unha vía romana que favorecería os posteriores asentamentos no concello.[6]

Na época medieval, o marqués de Malpica era, ata finais do século XVIII, quen se encargaba de impartir a xustiza ordinaria así como de cobrar os impostos, xa que estas terras pertencían ao seu señorío. Estaban baixo a xurisdición de Milmanda.

Posteriormente formou parte do partido xudicial de Celanova dende o ano 1820, pero no ano 1965 foi incorporado ao partido xudicial de Ourense. Por último, en 1988 rematou pertencendo ao de Ribadavia.

Este concello tamén sufriu as consecuencias da emigración de mediados do século XX. Esta é unha das causas do avellentamento da poboación, pasando dos 60 anos unha gran parte da súa poboación.

Patrimonio

No concello de Pontedeva destacan os seguintes monumentos:

  • A ermida de San Xusto, na parroquia de Trado.
  • A igrexa de San Breixo, na parroquia de Pontedeva.
  • A capela de Xinzo de Deva.
  • A igrexa de San Paio, en Trado.
  • A capela da Madalena, en Freáns de Deva.
  • O antigo cárcere, en Freáns.
  • A Ponte de Xinzo.
  • O Pazo na Aldea.
  • O Pazo en Trado.

Ademais, en Pontedeva pódese gozar dunhas fermosas vistas panorámicas, un dos principais atractivos é a pesca que antigamente era unha actividade bastante popular no río Deva aínda que nos últimos anos diminuíu por mor da construción dunha minicentral hidroeléctrica en Quintela.

Turismo

Pontedeva conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 175 "Ruta do Monte San Xusto", e o PR-G 176 "Ruta do Río Deva".[7]

Ambas son rutas circulares e de aproximadamente 7 km. A primeira é unha ruta que ascende ata a Ermida de San Xusto. A segunda discorre polas beiras do río Deva. Ámbalas rutas coinciden na Ponte Ballote.

Hai unha área para autocaravanas no Valiño[8], xunto á entrada do polígono industrial de Trado.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Pontedeva.

Lugares de Pontedeva

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pontedeva vexa: Lugares de Pontedeva.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pontedeva". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Páxina sobre os castros da provincia
  6. "Páxina sobre a súa historia na web do concello". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 09 de marzo de 2014.
  7. "FGM <> Rutas de Pequeno Percorrido – OURENSE". fgmontanismo.es. Consultado o 2016-12-27.
  8. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2014-11-12). "GALICIA - MOTORHOME AREAS ÁREA DE O VALIÑO IN PONTEDEVA OURENSE". Turgalicia (en inglés). Consultado o 2016-12-27.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Escusalla, Pontedeva, Pontedeva

A Escusalla é un lugar da parroquia de Pontedeva, no concello ourensán de Pontedeva na comarca da Terra de Celanova. Non tiña habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Abelleira de Arriba

O topónimo Abelleira de Arriba fai referencia a unha abellariza, construción onde se garda un conxunto de colmeas. Pode referirse a:

Abelleira de Arriba, lugar da parroquia da Barqueira, no concello de Cerdido;

Abelleira de Arriba, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros;

A Abelleira de Arriba, lugar da parroquia de Pontedeva, no concello de Pontedeva;

Aldea (homónimos)

O termo Aldea pode referirse a:

Aldea, división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación;

Aldea global, expresión usada para referirse á comunicación mundial contemporánea;Como topónimo pode referirse a:

Aldea, lugar da parroquia de Meixigo no concello de Cambre;

Aldea, lugar da parroquia de Bexán no concello de Cospeito;

Aldea, lugar da parroquia de Momán no concello de Cospeito;

Aldea, lugar da parroquia de Gondel no concello de Pol;

Aldea, lugar da parroquia de Milleirós no concello de Pol;

Aldea, lugar da parroquia de Belesar no concello de Vilalba;

A Aldea lugar da parroquia de Arbo no concello de Arbo;

A Aldea lugar da parroquia de Barcela no concello de Arbo;

A Aldea lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos no concello de Barreiros;

A Aldea lugar da parroquia de Baldomar no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Begonte no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Illán no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Uriz no concello de Begonte;

A Aldea lugar da parroquia de Cortiñán no concello de Bergondo;

A Aldea lugar da parroquia do Couto no concello da Cañiza;

A Aldea lugar da parroquia de Valeixe no concello da Cañiza;

A Aldea lugar da parroquia de Artes no concello de Carballo;

A Aldea lugar da parroquia de Santa Locaia no concello de Castro de Rei;

A Aldea lugar da parroquia de Xermar no concello de Cospeito;

A Aldea lugar da parroquia de Filgueira no concello de Crecente;

A Aldea lugar da parroquia de Covas no concello de Ferrol;

A Aldea lugar da parroquia de Visuña no concello de Folgoso do Courel;

A Aldea lugar da parroquia de Bardaos no concello do Incio;

A Aldea lugar da parroquia de Mántaras no concello de Irixoa;

A Aldea lugar da parroquia de Gaxate no concello da Lama;

A Aldea lugar da parroquia de Xende no concello da Lama;

A Aldea lugar da parroquia de Figueiras no concello de Mondoñedo;

A Aldea lugar da parroquia de San Vicente de Trigás no concello de Mondoñedo;

A Aldea lugar da parroquia de Cerdeira no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia das Neves no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia de Vide no concello das Neves;

A Aldea lugar da parroquia de Burgueira no concello de Oia;

A Aldea lugar da parroquia de Dexo no concello de Oleiros;

A Aldea lugar da parroquia de Corme Aldea no concello de Ponteceso;

A Aldea lugar da parroquia de Trado no concello de Pontedeva;

A Aldea lugar da parroquia de Santo André de Penosiños no concello de Ramirás;

A Aldea lugar da parroquia de Cedeira no concello de Redondela;

A Aldea lugar da parroquia de Soutordei no concello de Ribas de Sil;

A Aldea lugar da parroquia de Alxén no concello de Salvaterra de Miño;

A Aldea lugar da parroquia de Santa Comba no concello de Santa Comba;

A Aldea lugar da parroquia de Piñeira no concello de Taboada;

A Aldea lugar da parroquia de Estás no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de Forcadela no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de Sobrada no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de Taborda no concello de Tomiño;

A Aldea lugar da parroquia de San Vicente de Leira no concello de Vilamartín de Valdeorras;

A Aldea lugar da parroquia de Bodaño no concello de Vila de Cruces.

A Aldea lugar da parroquia de Mormentelos no concello de Vilariño de Conso;

A Aldea lugar da parroquia de Faro no concello de Viveiro;

A Aldea lugar da parroquia de Piñeiro no concello de Xermade;

A Aldea da Bouza, lugar da parroquia de Besomaño, no concello de Ribadumia;

A Aldea da Fonte, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Moraña;

Aldea de Acá lugar da parroquia de Rebordechán no concello de Crecente;

Aldea de Alá lugar da parroquia de Rebordechán no concello de Crecente;

A Aldea de Atrás lugar da parroquia do Bispo no concello de Monterroso;

A Aldea de Deva lugar da parroquia de Pontedeva no concello de Pontedeva;

A Aldea de Randufe lugar da parroquia das Achas no concello da Cañiza;

A Aldea do Medio lugar da parroquia de Cea no concello de Vilagarcía de Arousa;

Aldea Ferreiro, lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo no concello da Bola;

A Cima de Aldea, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Vila de Cruces.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Deva

Deva pode referirse a:

deva, unha deidade da teoloxía védica;

Deva, un dos deuses do hinduísmo.Como topónimo pode referirse a:

En Galiza

Deva, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes;

Deva de Abaixo, lugar da parroquia das Achas, no concello da Cañiza;

Aldea de Deva, lugar da parroquia de Pontedeva, no concello de Pontedeva;

Freáns de Deva, lugar da parroquia de Pontedeva, no concello de Pontedeva;

Xinzo de Deva, lugar da parroquia de Pontedeva, no concello de Pontedeva;

Río Deva, afluente do río Miño na provincia de Ourense;

Río Deva, afluente do río Miño na provincia de Pontevedra.Fóra de Galiza

illa de Deva, no mar Cantábrico;

Deva, parroquia de Xixón;

Deva, cidade de Transilvania, en Romanía;

río Deva, río que desemboca en Tina Mayor, en Cantabria.

río Deva, río de Mesopotamia.

Eleccións municipais en Pontedeva

Corporacións democráticas en Pontedeva desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José González Marquina — UCD

1983 Alcalde: José González Marquina — CG

1987 Alcalde: José González Marquina — CPG

1991 Alcalde: José González Marquina — CC

1995 Alcalde: José González Marquina — PPdeG

1999 Alcalde: José González Marquina — PPdeG

2003 Alcalde: José González Marquina — PPdeGModelo:Pontedeva 2003

2007 Alcalde: Juan Carlos González Carbajales — PPdeGModelo:Pontedeva 2007

2011 Alcalde: Juan Carlos González Carbajales — PPdeG

2015 Alcalde: Juan Carlos González Carbajales — PPCandidatos: Juan Carlos González Carbajales (PP) e María Cristina Vázquez Montero (PSdeG-PSOE).

Fontaíña

O topónimo galego Fontaíña pode referirse a:

Fontaíña, lugar da parroquia de Bribes no concello de Cambre;

Fontaíña, lugar da parroquia de Sumoas no concello de Xove;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Remesar no concello de Bóveda;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Corcoesto no concello de Cabana de Bergantiños;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Cerceda no concello de Cerceda;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Rebón no concello de Moraña;

A Fontaíña, lugar da parroquia de San Lourenzo de Aguiar no concello de Outeiro de Rei;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Budiño no concello do Pino;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Pontedeva no concello de Pontedeva;

A Fontaíña, lugar da parroquia de Lérez no concello de Pontevedra;

A Fontaíña de Abaixo, lugar da parroquia de Lemaio, no concello da Laracha;

A Fontaíña de Arriba, lugar da parroquia de Lemaio, no concello da Laracha;

A Fontaíña do Medio, lugar da parroquia de Lemaio, no concello da Laracha.

Freáns

O topónimo galego Freáns pode referirse a:

Freáns, lugar da parroquia de Crespos, no concello de Padrenda;

Freáns de Deva, lugar da parroquia de Pontedeva, no concello de Pontedeva.

Freáns de Deva, Pontedeva, Pontedeva

Freáns de Deva é un lugar da parroquia de Pontedeva, no concello ourensán de Pontedeva na comarca da Terra de Celanova. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2016 tiña 133 habitantes (64 homes e 69 mulleres).

Galería de imaxes da comarca da Terra de Celanova

Galería de imaxes da comarca da Terra de Celanova.

A comarca da Terra de Celanova comprende os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Galería de imaxes de Pontedeva

Galería de imaxes do concello de Pontedeva na provincia de Ourense.

Gomesende

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

Hodonimia

A hodonimia (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da toponimia que se refire aos nomes de lugar dados por unha vía de comunicación, tanto creado por humanos coma non.

Algúns hodónimos recoñecibles son:

Vao

Hondarribia

Ford, Oxford, Frankfurt

A Estrada

Collado Villalba

PasoAlgúns destes topónimos (Ponte e A Ponte, por exemplo) poden clasificarse tamén cos topónimos referentes a construcións humanas. Del derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.

José González Marquina

José González Marquina é un político galego do PPdeG.

Juan Carlos González Carbajales

Juan Carlos González Carbajales, nado en 1966, é un empresario e político galego do PPdeG.

Lugares de Pontedeva

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Pontedeva

Os Outeiriños

O topónimo Os Outeiriños pode referirse a:

O lugar dos Outeiriños na parroquia de Melias do concello de Coles.

O lugar dos Outeiriños na parroquia de San Lourenzo de Fustáns do concello de Gomesende.

O lugar dos Outeiriños na parroquia de Pontedeva do concello de Pontedeva.

Pontedeva, Pontedeva

San Breixo de Pontedeva é unha parroquia do concello de Pontedeva na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2016 tiña 423 habitantes, deles 205 eran homes e 218 eran mulleres.

Trado, Pontedeva

San Paio de Trado é unha parroquia do concello de Pontedeva na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2016 tiña 165 habitantes segundo o IGE, deles 86 eran homes e 79 eran mulleres, o que supón unha diminución con respecto ó ano 2007 cando tiña 215 habitantes.

No lugar de Valiño atópase un castro desde o cal se domina todo o val circundante.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.