Pontecesures

Pontecesures é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo datos do IGE en 2015 tiña 3062 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurés»[5].

Coordenadas: 42°43′13.06″N 8°39′14.43″O / 42.7202944, -8.6540083

Pontecesures
Escudo de Pontecesures
Casa concello Pontecesures
Casa do concello.
Situacion Pontecesures
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación3.037 hab. (2018)
Área6,7 km²
Densidade453,28 hab./km²
Entidades de poboación1 parroquia
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Manuel Vidal Seage (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Outros: TEGA 1, IP 1
Eleccións municipais en Pontecesures
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes66,72%
Na rede
http://www.pontecesures.org/

Poboación

Censo total 2015 3062 habitantes
Menores de 15 anos 423 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 2121 (69.27 %)
Maiores de 65 anos 518 (16.93 %)

Xeografía

Atópase na ribeira do río Ulla, fronte á poboación de Padrón (provincia da Coruña). Ten 6,7 km² e abrangue unha soa parroquia. Está situado na Depresión Meridiana, e polo concello discorren a estrada N-550, a autoestrada AP-9 e a liña de ferrocarril Redondela-A Coruña, se ben o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade fai que apenas haxa comunicación ferroviaria de pasaxeiros. Tamén pasa pola vila a vía portuguesa do Camiño de Santiago.

Historia

Consérvanse varios petróglifos. A Pedra das Serpes, en Camporredondo, ten varios círculos e labirintos.

Da cultura castrexa consérvanse varios poboados castrexos. Castro Cortinallas está na Calera, preto do río. O Castro, no barrio do mesmo nome, está nun terreo privado. Castro Cesures estaba no lugar que ocupa hoxe o antigo cemiterio e a igrexa de San Xulián. Castro Valente era outro poboado da zona.

O lugar foi de sempre punto de paso. Trala romanización de Galicia construíuse unha ponte, mais a ponte romana orixinal foi destruída trala chegada dos musulmáns a comezos do século VIII. Foi reformada por última vez no século XVIII, e por ela pasa a actual estrada N-550.

Á beira da ponte había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira de carballo, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as acuñadas en tempos de Tiberio a Constantino III. Amais, acháronse miliarios e lápidas romanas, e dúas aras adicadas unha a Lar, deus doméstico, e outra a Xúpiter; estas aras atópanse no Museo de Pontevedra.

No lugar construíuse a vila de Turris Augusti, entre o peirao e o Castro Cortinallas.

Idade media

No século XII o bispo compostelán Diego Xelmírez (que nacera preto de Pontecesures, nas Torres de Oeste de Catoira) creou un estaleiro para construír tres naves, baixo a dirección do mestre carpinteiro Paolo de Nápoles, para combater as incursións dos piratas berberiscos asentados nas illas Ons que atacaban buques procedentes de Inglaterra con peregrinos que facían a vía inglesa do Camiño de Santiago. Tempo despois construíronse outras dúas naves. Os buques participaron máis tarde a petición do rei Afonso VII no ataque á vila de Coímbra, entón en mans dos musulmáns, e despois na defensa das contra as naves normandas.

A mediados do século XV, en tempos do rei Henrique IV, era o único peirao habilitado para barcos de carga e descarga de toda a ría de Arousa. Até aquí chegaba a mercancía dirixida a Santiago de Compostela.

Idade contemporánea

Até o século XIX as vilas de Pontecesures e Padrón estaban unidas administrativamente. Trala división territorial de España en 1833 a vila pasou a formar parte do concello de Valga. En 1881 o rei Afonso XII concedeu á parroquia de San Xulián de Requeixo o título de Vila de San Luís de Cesures.

No ano 1900 publicáronse na vila dous periódicos locais. La Verdad de Cesures e La Razón de Cesures.

En 1925 a burguesía local, formada por comerciantes e industriais, procurou formar un concello de seu. Asinouse o Pacto da Devesa cos representantes do concello de Valga, e en marzo dese ano iniciáronse as primeiras xestións para acadar a constitución de Pontecesures como concello independente. O 9 de outubro do ano 1925 elixiuse alcalde a José Novo Núñez e formalizouse a creación do novo municipio.

Nas décadas de 1960 e 1970 o porto tivo grande importancia ao descargar aquí a area procedente do Ulla, destinada á construción. A comezos da década de 1980 completouse o dragado do río, o cal rematou coas crecidas do río, que desbordaba na curva da Ínsua e á altura da ponte.

Patrimonio

A igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír por Diego Xelmírez sobre outra edificación anterior. De planta rectangular e nave única, está construída con perpiaños e canzorros, cunha torre-campanario sobre a fachada.

Entre os cruceiros destacan o da Obra Pía de San Lázaro e o de Carreiras.

O pazo da Cova é do século XVIII. O Alfolí de Rendas do Tabaco foi construído durante o reinado de Carlos IV, e ten un grande escudo dos Borbóns. A Malatería de San Lois, na rúa Nova, estaba composta por 7 edificios rexentados pola Obra Pía de San Lázaro.

Economía

En 1925 Eugenio Escudero Lastra formou a Cerámica Artística Gallega, que pasou a chamarse Cerámica Celta cando estivo dirixida por Ramón Diéguez Carlés. Alí traballaron autores como Francisco Asorey, José Jamardo Grela Peteiro, Carlos Maside, Víctor García Lozano, Castelao, Oria Moreno, José María Acuña, Francisco Ferro, Antonio Fabeiro ou Carlos Bóveda. A Cerámica Celta foi relanzada recentemente, reeditando as pezas máis destacadas da antiga produción.

En 1939 a empresa Nestlé estableceu unha fabrica de leite condensado.

Cultura

A Foliada de Requeixo é un baile típico local, con tres parellas a ritmo de muiñeira lenta, coas mulleres levando sobre a cabeza tres doces (rosca, mollete, e torta).

Dentro da gastronomía local destaca a festa da lamprea, celebrada a última semana de abril. No Ulla péscase tamén o salmón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Pontecesures.
Pontecesures 060905 015

Antigo almacén de tabaco.

Río Ulla, Pontecesures

Río Ulla ao seu paso por Pontecesures.

Pontecesures 060905 001

Estrada Padrón - Pontevedra.

Pontecesures 060905 010

Igrexa parroquial de Pontecesures.

Pontecesures. Galiza. 2012-6

Casa do concello

Lugares de Pontecesures

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pontecesures vexa: Lugares de Pontecesures.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pontecesures". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 58. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo, dando servizo ao campus universitario da Universidade de Vigo.

Apeadoiro de Redondela-Picota

Redondela-Picota é un apeadoiro de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña Santiago - Redondela.

Borobó

Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nado en Pontecesures o 10 de xullo de 1916 e finado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003, foi un escritor e xornalista galego.

Carlos Maside

Carlos Maside García, nado en San Xulián (Pontecesures) o 16 de marzo de 1897 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1958, foi un pintor galego.

Cecilia Tarela

Cecilia Tarela Barreiro, nada en Pontecesures en 1977, é unha política galega do BNG.

Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Condide, Pontecesures, Pontecesures

Condide é un lugar da parroquia de Pontecesures, no concello pontevedrés de Pontecesures, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2013 tiña 85 habitantes (38 homes e 47 mulleres).

Eleccións municipais en Pontecesures

Corporacións democráticas en Pontecesures desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé Piñeiro Ares — UCD

1983 Alcalde: Xosé Piñeiro Ares — CIG

1987 Alcalde: Xosé Piñeiro Ares — AP

1991 Alcalde: Xosé Piñeiro Ares — PPdeG

1995 Alcalde: Victoriano Trenco Romay — IP

1999 Alcalde: Luís Álvarez Angueira — BNG

2003 Alcalde: Luís Álvarez Angueira — BNGModelo:Pontecesures 2003

2007 Alcaldesa: Maribel Castro Barreiro — IPModelo:Pontecesures 2007

2011 Alcalde: Luís Álvarez Angueira — BNG

2015 Alcaldesa: Cecilia Tarela Barreiro — BNG. En maio de 2016 foi elixido alcalde Juan Manuel Vidal Seage tras unha moción de censura que presentou o PPdeG xunto a Terra Galega e Independentes de Pontecesures.Candidatos: Juan Manuel Vidal Seage (PP), Cecilia Tarela Barreiro (BNG), Ángel Manuel Souto Cordo (TEGA), María Isabel Castro Barreiro (IP) e Roque Luis Araujo Rey (PSdeG-PSOE).

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Padrón-Barbanza

Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Hodonimia

A hodonimia (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da toponimia que se refire aos nomes de lugar dados por unha vía de comunicación, tanto creado por humanos coma non.

Algúns hodónimos recoñecibles son:

Vao

Hondarribia

Ford, Oxford, Frankfurt

A Estrada

Collado Villalba

PasoAlgúns destes topónimos (Ponte e A Ponte, por exemplo) poden clasificarse tamén cos topónimos referentes a construcións humanas. Del derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.

Luís Álvarez Angueira

Manuel Luís Álvarez Angueira, nado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1962, é un político galego do BNG.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

San Xulián, Pontecesures, Pontecesures

San Xulián é un lugar da parroquia de Pontecesures, no concello pontevedrés de Pontecesures, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2013 tiña 657 habitantes (340 homes e 317 mulleres).

Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Xavier Senín

Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego.

Xosé Piñeiro Ares

Xosé Piñeiro Ares, nado en Pontecesures o 7 de outubro de 1927 e finado no mesmo concello o 10 de decembro de 2001, foi un escritor e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.