Ponteceso

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Coordenadas: 43°14′35.53″N 8°54′2.43″O / 43.2432028, -8.9006750

Ponteceso
Bandeira de Ponteceso
---
Escudo de Ponteceso
Ponteceso dende o Monte Branco
Vista xeral de Ponteceso dende o Monte Branco.
Situacion Ponteceso
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación5.565 hab. (2018)
Área91,9 km²
Densidade60,55 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeLois García Carballido (PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 8
Outros: APIN 2
Eleccións municipais en Ponteceso
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes86,78%
Na rede
www.ponteceso.net
concello@ponteceso.net

Xeografía

Situación

Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.102 habitantes no 2018), Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) e Cospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e en Corme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.

Demografía

Censo total 5.789 (2015)
Menores de 15 anos 515 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos 3.481 (60.13 %)
Maiores de 65 anos 1.793 (30.97 %)
Evolución da poboación de Ponteceso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.987 8.517 9.323 8.714 6.810 6.302 6.134 6.065 5.964 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Casa consistorial de Ponteceso
Casa consistorial.

Cultura

Toponimia

O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]

O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[4]

Etnografía

Festas e celebracións

En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.

Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e o segundo fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.

Entre as festas destacan:

Ponteceso - Virgen del Faro -BT- 05
Capela Virxe do Faro
  • Na parroquia de Brantuas:
    • San Xulián o día 7 de xaneiro, este santo é o patrón da parroquia.
    • Romaría da Virxe do Faro, celebrase o 8 de setembro,
    • O Sacramento que se celebra o primeiro domingo de agosto
  • Na parroquia de Cospindo:
  • Na parroquia de Corme Porto:
    • Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe.
    • O 16 de xullo (con véspera o 15 ) celébrase a Festa do Carme.
    • O ultimo domingo de agosto (con véspera o sábado) e o luns e martes seguintes celébrase a festa de San Roque.
    • O 24 de setembro (con véspera o 23) celébranse as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios.
  • Na parroquia da Graña:

Economía

A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desarrollou un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ponteceso.
Ponte sobre o río Anllóns

Ponte sobre o río Anllóns

Pazo Pondal

Pazo Pondal

Capela da Virxe do Faro (Ponteceso)

Capela da Virxe do Faro

Costa da Morte – Playa de Balarés

Praia de Balarés

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España. "Variaciones de los municipios de España desde 1842." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2014.(en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Graña, Ponteceso

San Vicenzo da Graña é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 225 habitantes, sendo 108 homes e 117 mulleres, distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 317 habitantes.

Anllóns, Ponteceso

San Fins de Anllóns é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 227 habitantes (112 homes e 115 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 313 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 238 habitantes, sendo 117 homes e 121 mulleres.

A parroquia debe o seu nome ao río Anllóns, que a atravesa.

Brantuas, Ponteceso

San Xián de Brantuas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 138 habitantes (70 mulleres e 68 honmes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 213 habitantes.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Cores, Ponteceso

San Martiño de Cores é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 526 habitantes (284 homes e 262 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 746 habitantes.

Corme Aldea, Ponteceso

Santo Adrán de Corme Aldea é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 284 habitantes (138 homes e 146 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 475 habitantes.

Corme Porto, Ponteceso

A Nosa Señora dos Remedios de Corme Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.077 habitantes (588 homes e 509 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.434 habitantes.

Cospindo, Ponteceso

San Tirso de Cospindo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o INE en 2018 tiña 679 habitantes (342 homes e 337 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 738 habitantes.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Langueirón, Ponteceso

San Xián de Langueirón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2018 tiña 144 habitantes (70 homes e 74 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.

Malpica de Bergantiños

Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte.

Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «malpicán».

Nemeño, Ponteceso

San Tomé de Nemeño é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 103 habitantes (58 mulleres e 45 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 137 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 112 habitantes, sendo 49 homes e 63 mulleres.

Niñóns, Ponteceso

San Xoán de Niñóns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 124 habitantes (60 mulleres e 64 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 150 habitantes, sendo 75 homes e 75 mulleres.

Pazos, Ponteceso

San Salvador de Pazos é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 392 habitantes dos que 193 eran homes e 199 eran mulleres. Isto supón un descenso respecto ao 2004, cando tiña 514 habitantes (258 mulleres e 256 homes), e respecto a 1999, cando tiña 549 habitantes.

Tallo, Ponteceso

Santo André de Tallo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 262 habitantes (140 mulleres e 122 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 396 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 275 habitantes, sendo 129 homes e 146 mulleres.

Tella, Ponteceso

Santo Eleuterio de Tella é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1102 habitantes (581 mulleres e 541 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1249 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación chegaba os 1147 habitantes (583 homes e 564 mulleres).

Xornes, Ponteceso

San Xoán de Xornes é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 282 habitantes (139 homes e 143 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 420 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.