Ponte romana de Lugo

A ponte romana de Lugo, con 104 m de lonxitude e 4 m de largura, cruza o río Miño ao seu paso polo suroeste da cidade de Lugo, unindo a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago, vertebrando esta última o barrio lugués de San Lázaro. Fica entre medias da Ponte Nova, que enlaza a capital da provincia coa estrada N-540, e o balneario de augas termais, que data así mesmo da época da romanización.

Coordenadas: 43°00′07″N 07°33′48″O / 43.00194, -7.56333

Ponte romana de Lugo
Puente romano de Lugo1
Localización
RíoMiño
ConcelloLugo
ProvinciaLugo
Características
Construciónséculo I (restauracións na Idade Moderna e no s. XIX)
Lonxitude104 m
Ancho4 m
TipoPonte romana de arco
MaterialPedra

Características

Trátase dunha estrutura feita a base de pedra e lousa, a que se lle engadiron unhas pasarelas metálicas. O firme estaba asfaltado e permitía o paso de vehículos ininterrompidamente, agás os vehículos pesados, que non tiñan autorizado o paso. Desde o proxecto de reforma en 2014, as pasarelas metálicas e o pavimento asfaltado foron retirados para substituílos por un pavimento rústico de ladrillo e uns pasamáns tamén de pedra.[1]

Era unha ponte de moito uso, ao ficar moi preto do Club Fluvial de Lugo, entre outras instalacións de recreo, ou do Policlínico Lucense, e ao ser o paso máis lóxico cara a estrada de Portomarín ou o Club de Golf de Lugo. Tras a construción da nova ponte sobre o Miño, o tráfico foi desviado a unha nova estrada creada a tal fin.[2]

Actualmente esta ponte é unha das dúas pontes peonís coas que conta a cidade.[3]

Historia

É dunha ponte deseñada e construída na época da romanización de Galicia, que se valeu da vía número XIX do Itinerario de Antonino, comunicando Lucus Augusti con Bracara Augusta (a actual Braga) pasando por Iria Flavia (a actual vila de Padrón). A razón da súa construción é a necesidade de cruzar o río Miño.

Séculos máis tarde, na Baixa Idade Media, sufriría restauracións de certa relevancia debido por unha banda ao mal estado en que se atopaba e pola outra ás novas necesidades de transporte da época. Chegada a Idade Moderna, novamente houbo que facer reparacións para, finalmente, en 1893 modificar definitivamente o seu aspecto, ao sérenlle suprimidos varios elementos. Porén, os fundamentos da ponte actual, chamada vella ou romana, son en boa parte os orixinais.

Percorrido da cidade de Lugo até a ponte Romana

A Calzada da Ponte que baixa desde a Porta Miñá ou Porta do Carme (unha das dez portas da muralla, que é ademais unha das cinco orixinais e a que mellor se conserva) até a ponte vella forma parte do Camiño Primitivo de peregrinación a Santiago de Compostela. Aquí comeza tamén a ruta de sendeirismo "As ribeiras altas, Miño arriba", coñecida popularmente co nome de Paseo da Ponte Vella, unha ruta de máis de once quilómetros que transcorre por ambas beiras do río, en dirección a vella fábrica da luz.

Galería de imaxes

Puente romano de Lugo
Ponte Romana de Lugo, río Miño, Galicia, España
5283lugo

Notas

  1. Puente romano
  2. El nuevo puente sobre el Miño en Lugo ya es realidad
  3. El puente romano

Véxase tamén

Ligazóns externas

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes do río Miño

O Miño é o río máis longo de Galicia. Nace no Pedregal de Irimia (Serra de Meira, Meira, provincia de Lugo e desemboca no Océano Atlántico xebrando as terras de Galicia e Portugal)

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Ponte romana

A expresión ponte romana adoita referirse a calquera ponte construída polo Imperio romano; en ocasións, por erro, tamén son así chamadas algunhas pontes medievais

Varanda

Este artigo trata sobre a armazón de protección, para o arame ou similar que se utiliza para secar a roupa véxase Tendal.

Unha varanda é unha armazón de balaústres, barras ou elementos semellantes que a xeito de protección se coloca en balcóns, solainas, corredores, escaleiras etc. Cando o parapeto de protección é sólido (pedra ou formigón) adoita recibir o nome de peitoril ou antepeito.

A varanda segue o perímetro da estrutura cunha altura constante permitindo apoiarse grazas ao seu traveseiro superior chamado de pasamáns. Na súa forma actual, as varandas constitúen unha evolución das solucións típicas aplicadas a edificios populares de inicios do século XIX.

A varanda constitúe un elemento de feche ou separación de estrutura lixeira que pola súa configuración permite o paso da luz non impedindo así as vistas. Na Arquitectura popular de Galicia son comúns as varandas de madeira nas escaleiras interiores e nas escaleiras exteriores que soben aos patíns e corredores, tamén de pedra traballada nas solainas (balaustradas); e de pedra ou metal nos balcóns. As pontes e pontellas tradicionais galegas adoitaban ter peitorís de pedra máis ca varandas de madeira ou ferro.

Por extensión tamén recibe o nome de varanda (antepeito ou peitoril) o elemento de protección ou parapeto que se coloca nun lugar perigoso, normalmente por estar na beira dun desnivel, formando unha barreira que ofrece unha seguranza tanto ou máis psicolóxica como real, especialmente nas estradas.

Monumentos
Museos
Espazos públicos
Festas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.