Ponte dos Tirantes

A ponte dos Tirantes cruza o río Lérez no concello de Pontevedra, entre a desembocadura do regato de Valdecorvos e o Pazo da Cultura.

Deseñada por Leonardo Fernández Troyano e Francisco Javier Manterola Armisen, foi construída en 1995. Houbo gran polémica, pois foi deseñada sen ter en conta as características do lugar de emprazamento, o que deu lugar a problemas para as traíñas, que non poden pasar baixo del nas preamares.

Cando hai vento os tirantes de aceiro fan un ruído moi característico e espectacular.

Coordenadas: 42°26′04″N 08°38′11″O / 42.43444, -8.63639

Ponte dos Tirantes
Wires & Concrete & Water
Localización
RíoLérez
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Características
TipoTirante

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da ponte dos Tirantes.
Pontevedra. Río Lérez, Ponte
Ponte dos Tirantes, río Lérez, Pontevedra, Galicia, España
Pontevedra 02
Ponte dos tirantes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Galería de imaxes da ponte dos Tirantes

A ponte dos Tirantes cruza o río Lérez no concello de Pontevedra.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de Pontevedra

Imaxes do concello de Pontevedra na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes do río Lérez

O río Lérez nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km. Na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

Pazo da Cultura de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra é un edificio que funciona como pazo de congresos e exposicións, sito na zona norte da cidade, á beira do río Lérez, á altura da ponte dos Tirantes.

Forma parte dun conxunto de edificios unidos construídos en 1998, cunha superficie de case 10.000 m², que alberga un auditorio con capacidade para 772 persoas, un restaurante, salas de prensa, sala de exposicións, oito aulas, aparcadoiro para 1.300 vehículos, a sede da Policía Local e o recinto feiral de Pontevedra.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Ponte da Barca, río Lérez

A ponte da Barca é unha construción sobre o río Lérez, xa na súa desembocadura na ría de Pontevedra, que une a vila de Pontevedra (no barrio da Moureira) co concello de Poio.

Ponte de Santiago

A ponte de Santiago cruza o río Lérez no concello de Pontevedra, discorrendo por ela a estrada N-550.

Foi construída a mediados da década de 1970. Feita en formigón, cun taboleiro apoiado en dous piares, consta de catro carrís para vehículos.

Ponte do Burgo

A ponte do Burgo cruza o río Lérez no Concello de Pontevedra, discorrendo por ela o Camiño portugués a Compostela.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.