Ponte do Burgo

A ponte do Burgo cruza o río Lérez no Concello de Pontevedra, discorrendo por ela o Camiño portugués a Compostela.

Coordenadas: 42°26′09″N 08°38′39″O / 42.43583, -8.64417

Ponte do Burgo
Ponte do burgo
Localización
RíoLérez
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Características
Construciónséculo XII
MaterialPedra

Historia

As primeiras referencias datan de 1165, cando os reis Fernando II de León e Galiza e Afonso de Portugal asinan a paz super flumen Lerice in vetula ponte, referíndose a ponte vella á antiga ponte romana, augas abaixo desta.

Orixinalmente contaba con 15 arcos e dous estribos de 30 metros, pero fóronse enterrando arcos nas dúas beiras.

En 1953 e 1954 levouse a cabo unha gran reforma e ampliación. Na actualidade conta con dous carrís para vehículos e beirarrúas para os peóns. Considerouse a idea de cubrir as beirarrúas, pero non se levaron a cabo as obras por falta de orzamento.

Galería de imaxes

Pontevedra 49-01r

No século XVIII.

Pontevedra 16
Pontevedra, Galiza. Ponte do Burgo
Pontevedra, Galicia (Spain). Ponte do Burgo
Pontevedra-Puente-del-Burgo

Véxase tamén

Outros artigos

AC-211

A AC-211 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de San Pedro de Nós (Oleiros) e Pasaxe ao Burgo (A Coruña), ao longo de 3,5 quilómetros. Forma parte da antiga estrada A Coruña - Madrid, posteriormente N-VI.

Bautismo anticipado

O bautismo anticipado, tamén chamado bautismo prenatal ou bautismo no ventre da nai é un rito supersticioso que se practicaba en distintos lugares de Galicia e que consistía en bautiza-lo feto, aínda no ventre da nai xestante, sobre unha ponte con poderes máxicos e ás 12 da noite, co fin de asegura-lo embarazo nas mulleres que sufriran anteriormente algún aborto. Tamén se realizaba no norte de Portugal.

Antonio Reigosa asegura que este costume estaba moi estendido por toda Galicia. E Eliseo Alonso escribía en 1990 que "tal vez por esta creencia [a da súa completa eficacia] o vello rito higromántico aínda se mantén en vixencia".

Burgo

O termo burgo real pódese referir a un tipo de burgh establecido en Escocia por fundación ou compra a través dunha Carta Real.

Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.

Casa das Campás

A Casa das Campás é unha das tres construcións máis antigas que se conservan da cidade de Pontevedra, e posiblemente a máis vella das civís. Localízase na rúa Don Filiberto, 11, no casco histórico.

Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra

O cemiterio municipal de Santo Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra. Trátase do cemiterio máis grande de todo o municipio. Foi proxectado en 1879 polo arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurado o 29 de setembro de 1882. O primeiro persoeiro famoso en ser enterrado aquí foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto.En 2012 o concello puxo en marcha un programa de visitas guiadas polo camposanto.

Culleredo

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/) é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O seu xentilicio é culleredés ou culleredense.

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.

Escudo de Pontevedra

O escudo de Pontevedra é o escudo oficial do concello e da Provincia de Pontevedra. Ambos os dous baséanse no mesmo brasón. Neles aparece, nun campo de azur, unha ponte de tres arcos de ouro sobre ondas de azuis e arxénteas. No medio da ponte, un cruceiro de ouro. Na beira dereita, un castelo ameado de ouro e aclarado de goles, e na esquerda unha torre ameada de ouro. O escudo áchase timbrado cunha coroa real, forrada de goles, ou vermello, fechada, que é un círculo de ouro, engastallado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visíbeis cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumados de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.

A figura da ponte que aparece no escudo representa a antiga Ponte do Burgo que cruza o río Lérez e continua o Camiño de Santiago Portugués desde Pontevedra cara Santiago.

A Deputación Provincial de Pontevedra emprega un escudo que pode considerarse como provincial, composto polos mesmos elementos que o escudo da cidade mais diferenciándose deste na cor do campo, de prata no canto de azur. Ademais a auga do río Lérez aparece representada de azur e non con ondas, e o escudo aparece arrodeado por lambrequíns de ouro e azur.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de Pontevedra

Imaxes do concello de Pontevedra na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes do río Lérez

O río Lérez nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km. Na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

Hospital Provincial de Pontevedra

O Hospital Provincial de Pontevedra, de titularidade pública, que entrou en servizo no ano 1897, pertence ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e está situado no barrio da Eiriña.

Illa das Esculturas

A illa do Covo, denominada popularmente como illa das Esculturas, é unha insua situada preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten uns 70.000 m², e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes.

Muralla de Pontevedra

A muralla de Pontevedra foi unha fortificación da cidade de Pontevedra, que desapareceu na súa maior parte cara a finais do século XIX, aínda que no século XXI consérvanse algúns restos, sendo o maior o pano con ameas na rúa Arcebispo Malvar. Este pano completo ten aproximadamente 40 metros de lonxitude e pódese acceder a el desde os xardíns dos dous edificios do lado oeste da avenida de Santa María.

Existen, así mesmo, algunhas partes que forman parte de edificacións posteriores e que saíron á luz no decurso de traballos de rehabilitación dos inmobles, como o pano á beira da antiga porta de Trabancas, incorporado na rehabilitación do café Savoy.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

O Burgo, Culleredo

Santiago do Burgo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.

O Burgo, Pontevedra

Santiago Peregrino do Burgo é unha parroquia urbana do concello de Pontevedra. Sitúase ao norte da cidade, delimitado ao sueste co río Lérez, ao oeste coas marismas de Alba, e ao norte con Lérez.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.