Ponte de Lima

Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal.[1] É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano.[2] Destaca polos seus xardíns.

Coordenadas: 41°46′N 8°34′O / 41.767, -8.567

Ponte Ponte Lima
A ponte sobre o río Limia xunto a Ponte de Lima.
LocalPonteDeLima
Situación de Ponte de Lima no mapa de Portugal.

Toponimia

O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia

A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

PonteLima-View
Vista de Ponte de Lima.

A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.

Freguesías

  • Anais
  • Arca
  • Arcos
  • Arcozelo
  • Ardegão
  • Bárrio
  • Beiral do Lima
  • Bertiandos
  • Boalhosa
  • Brandara
  • Cabaços
  • Cabração
  • Calheiros
  • Calvelo
  • Cepões
  • Correlhã
  • Estorãos
  • Facha
  • Feitosa
  • Fojo Lobal
  • Fontão
  • Fornelos
  • Freixo
  • Friastelas
  • Gaifar
  • Gandra
  • Gemieira
  • Gondufe
  • Labruja
  • Labrujó
  • Mato
  • Moreira do Lima
  • Navió
  • Poiares
  • Ponte de Lima
  • Queijada
  • Refóios do Lima
  • Rendufe
  • Ribeira
  • Sandiães
  • Santa Comba
  • Santa Cruz do Lima
  • Santa Maria de Rebordões
  • Seara
  • Serdedelo
  • Souto de Rebordões
  • Vilar das Almas
  • Vilar do Monte
  • Vitorino das Donas
  • Vitorino dos Piães

Notas

  1. Isto é, todas as localidades con foro máis antigo que o de Ponte de Lima, ou perderon ese estado (sendo levadas ó estado de aldea ou lugar), ou pasaron ó estado de cidade.
  2. "Limiano - A marca". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Autoestrada A3

A Autoestrada Porto-Valença é unha vía de alta capacidade que une Porto coa fronteira con España en Valença, atravesando no seu percorrido Vila Nova de Famalicão, Braga e Ponte de Lima.

Rematouse no 1998 e é un eixo fundamental na comunicación co norte de España. A A3 comeza na circunvalación de Porto, Vía de Cintura Interna e tras deixar a A4 ó este en Águas Santas e atravesar Santo Tirso e Vila Nova de Famalicão, chega a Braga. Dende Braga, a A3 segue até Ponte de Lima e a partir de aquí comeza a travesía da autovía pola Serra de Arga, que remata no val do Miño en Valença, onde enlaza con Galicia.

A A3 forma parte da E-01 e no Plano Rodoviário Nacional 2000, inclúese no Itinerario Principal 1. A súa concesionaria é Brisa e a infraestrutura é de peaxe dende Maia até Valença.

Barcelos

Barcelos é unha cidade portuguesa no Distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Cávado, con preto de 5 200 habitantes.

É sede dun concello de 378,70 km² de área e 124 555 habitantes (2008), dividido en 89 freguesías (é o concello con maior número de freguesías de Portugal). O concello áchase limitado ó norte polos concellos de Viana do Castelo e Ponte de Lima, ó leste por Vila Verde e por Braga, ó sueste por Vila Nova de Famalicão, ó suroeste por Póvoa de Varzim e ó oeste por Esposende.

D. Afonso Henriques concedeulle un foro en 1140. Está irmandada coa vila de Pontevedra.

Calvelo

O topónimo galego Calvelo pode referirse a:

En Galicia

Calvelo, lugar da parroquia de Lama Má no concello de Baños de Molgas;

Calvelo, lugar da parroquia de Tenorio no concello de Cerdedo-Cotobade;

Calvelo, lugar da parroquia de Santo André de Vea no concello da Estrada;

Calvelo, lugar da parroquia de Zorelle no concello de Maceda;

Calvelo, lugar da parroquia de Couso de Salas no concello de Muíños;

Calvelo, lugar da parroquia de Zorelle no concello de Maceda;

Calvelo de Abaixo, lugar da parroquia de Sofán no concello de Carballo;

Calvelo de Arriba, lugar da parroquia de Sofán no concello de Carballo.En Portugal

Calvelo, freguesía do concello de Ponte de Lima, no Distrito de Viana do Castelo.Amais, como apelido pode referirse a:

Francisco Calvelo, director galego.

Caminha

Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.

É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesias. O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co océano Atlántico.

Distrito de Viana do Castelo

O distrito de Viana do Castelo é un distrito portugués pertencente á provincia tradicional do Minho. Limita polo Norte e polo Leste con Galiza, polo sur co Distrito de Braga e polo oeste co Océano Atlántico. Área: 2 255 km² (o menor - 18º - dos distritos portugueses). Poboación residente (2001): 250.273 habitantes. Capital de distrito: Viana do Castelo.

O distrito de Viana do Castelo está integrado polos seguintes 10 municipios:

Arcos de Valdevez

Caminha

Melgaço

Monção

Paredes de Coura

Ponte da Barca

Ponte de Lima

Valença

Viana do Castelo

Vila Nova de CerveiraNa actual división principal do país, o distrito forma parte da Rexión Norte, onde constitúe a subrexión do Minho-Lima.

Facha

O termo facha (do latín fascis, "feixe") pode referirse a:

Facho, presa de palla atada á que se lle prende lume para iluminar; fachuzo;

O aspecto exterior dunha persoa, xeralmente en sentido pexorativo.

fascista;Amais, como topónimo pode referirse a:

Facha, parroquia do concello de Antas de Ulla;

Facha, lugar de dita parroquia;

A Facha, lugar da parroquia de Vilameá de Ramirás, no concello de Ramirás;

A Facha, lugar da parroquia de Esperante, no concello de Taboada;

Facha, freguesía portuguesa do concello de Ponte de Lima.

Fornelos

O topónimo galego e portugués Fornelos pode referirse a:

En Galicia

Fornelos, parroquia do concello do Bolo;

Fornelos, lugar de dita parroquia;

Fornelos, parroquia do concello de Salvaterra de Miño;

Fornelos, lugar da parroquia de Dormeá, no concello de Boimorto;

Fornelos, lugar da parroquia de Montes, no concello de Campo Lameiro;

Fornelos, lugar da parroquia de Cabalar, no concello da Capela;

Fornelos, lugar da parroquia de Abelenda das Penas, no concello de Carballeda de Avia;

Fornelos, lugar da parroquia de Coristanco, no concello de Coristanco;

Fornelos, lugar da parroquia de Vilaño, no concello da Laracha;

Fornelos, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras;

Fornelos, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Muros;

Fornelos, lugar da parroquia de Trasanquelos, no concello de Oza-Cesuras;

Fornelos, lugar da parroquia do Rosal, no concello do Rosal;

Fornelos, lugar da parroquia de Rarís, no concello de Teo;

Fornelos, lugar da parroquia de Andoio, no concello de Tordoia;

Fornelos, lugar da parroquia de Vedra, no concello de Vedra;

Fornelos, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Vila de Cruces;

Fornelos, lugar da parroquia de Baio, no concello de Zas;

Os Fornelos, lugar da parroquia de San Martiño de Condes, no concello de Friol;

Fornelos de Cova, lugar da parroquia de Covelo, no concello de Viana do Bolo;

Fornelos de Montes, concello da provincia de Pontevedra;

Fornelos de Montes, parroquia de dito concello;

Fornelos de Filloás, parroquia do concello de Viana do Bolo;

Fornelos de Filloás, lugar de dita parroquia;En Portugal

Fornelos, freguesía do concello de Barcelos;

Fornelos, freguesía do concello de Cinfães;

Fornelos, freguesía do concello de Fafe;

Fornelos, freguesía do concello de Ponte de Lima;

Fornelos, freguesía do concello de Santa Marta de Penaguião;

Galería de imaxes do río Lima

Galería de imaxes do río Lima, en Portugal.

Gondufe

O topónimo Gondufe pode referirse a:

En Galiza

Gondufe, lugar da parroquia de Cristimil, no concello de Lalín;

Gondufe, lugar da parroquia de Saiáns, no concello de Vigo.En Portugal

Gondufe, freguesía do concello de Ponte de Lima.

Lima (homónimos)

Lima pode referirse a:

Lima; froito da limeira.

a ferramenta manual ou mecánica lima, usada para desbastar outras pezas de metal.

a deusa romana Lima;

a aresta de encontro das vertentes dun tellado.O topónimo Lima pode referirse a:

o río Limia, coñecido en Portugal como río Lima;

Perú

Lima - a capital do Perú;

Lima - departamento;

Lima - provincia;

Portugal

Beiral do Lima - freguesía do municipio de Ponte de Lima;

Moreira de Geraz do Lima - freguesía do municipio de Viana do Castelo;

Moreira do Lima - freguesía do municipio de Ponte de Lima;

Ponte de Lima - municipio portugués do distrito de Viana do Castelo;

Ponte de Lima - freguesía do municipio de Ponte de Lima;

Refóios do Lima - freguesía do municipio de Ponte de Lima;

Santa Cruz do Lima - freguesía do municipio de Ponte de Lima;

Santa Leocádia de Geraz do Lima - freguesía do municipio de Viana do Castelo;

Santa Maria de Geraz do Lima - freguesía do municipio de Viana do Castelo;

Viana da Foz do Lima - antiga designación (até 1848) de Viana do Castelo.

Minho-Lima - subrexión estatística portuguesa, parte da Região Norte, equivalente ao distrito de Viana do Castelo;

Estados Unidos

Lima - cidade do estado de Montana

Lima - cidade do estado de Ohio

Lima - localidades do estado de Wisconsin

Lima - localidades do condado de Livingston, estado de New York

Brasil

Lima - municipio no estado de Pernambuco.

Paraguai

Lima - distrito do departamento de San Pedro.

Límicos

Os Límicos (latín: Limici) eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao convento xurídico bracarense, que se situaban na actual comarca da Limia, na provincia de Ourense.

Mato

O termo mato pode referirse a:

Mato, conxunto de restos vexetais (toxos, silvas etc.), que se empregan, entre outras cousas, para estrar a corte. Estrume, batume, broza, esquilmo, mulime, valume.

Terreo con maleza e sen cultivar. Bouza, poula, monte.

Matogueira, ecosistema arbustivo de monte baixo.

O conxunto espeso de maleza; breña, coucheira, fraguiza, matagueira, vedramio.Como topónimo, Mato pode referirse a:

En Galicia

Mato, parroquia do concello de Taboada;

O Mato, parroquia do concello de Chantada;

O Mato, parroquia do concello de Palas de Rei;

O Mato, lugar de dita parroquia;

O Mato, parroquia do concello de Sarria;

O Mato, lugar de dita parroquia;

Santo Estevo do Mato, parroquia do concello de Pantón;

Santo Estevo do Mato, parroquia do concello de Sarria;

Mato, lugar da parroquia de Luaña, no concello de Brión;

Mato, lugar da parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis;

Mato, lugar da parroquia de Berres, no concello da Estrada;

Mato, lugar da parroquia de Cercio, no concello de Lalín;

Mato, lugar da parroquia de Cristimil, no concello de Lalín;

Mato, lugar da parroquia de Méixome, no concello de Lalín;

Mato, lugar da parroquia de Friolfe, no concello do Páramo.

O Mato, lugar da parroquia de Santiago de Allariz, no concello de Allariz;

O Mato, lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas, no concello de Aranga;

O Mato, lugar da parroquia de Mourentán, no concello de Arbo;

O Mato, lugar da parroquia de Saavedra, no concello de Begonte;

O Mato, lugar da parroquia de Ouces, no concello de Bergondo;

O Mato, lugar da parroquia de Oural, no concello de Boqueixón;

O Mato, lugar da parroquia de Marzás, no concello de Carballedo;

O Mato, lugar da parroquia de Vilar de Vacas, no concello de Cartelle;

O Mato, lugar da parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei;

O Mato, lugar da parroquia de Mourillós, no concello de Celanova;

O Mato, lugar da parroquia de Pino, no concello de Cospeito;

O Mato, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz;

O Mato, lugar da parroquia de Muro, no concello de Láncara;

O Mato, lugar da parroquia de Rañestres, no concello de Maside;

O Mato, lugar da parroquia de Caboi, no concello de Outeiro de Rei;

O Mato, lugar da parroquia de Carres, no concello de Oza-Cesuras;

O Mato, lugar da parroquia de Rañestres, no concello de Maside;

O Mato, lugar da parroquia do Barreiro, no concello de Melide;

O Mato, lugar da parroquia do Chao do Fabeiro, no concello de Monforte de Lemos;

O Mato, lugar da parroquia das Nocedas, no concello de Monforte de Lemos;

O Mato, lugar da parroquia de Ribas Altas, no concello de Monforte de Lemos;

O Mato, lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de Monforte de Lemos;

O Mato, lugar da parroquia de Seoane, no concello de Monforte de Lemos;

O Mato, lugar da parroquia de Roo, no concello de Noia;

O Mato, lugar da parroquia de Caboi, no concello de Outeiro de Rei;

O Mato, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda;

O Mato, lugar da parroquia de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón;

O Mato, lugar da parroquia de Santalla de Toiriz, no concello de Pantón;

O Mato, lugar da parroquia de Vilamelle, no concello de Pantón;

O Mato, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello da Pobra de Trives;

O Mato, lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio;

O Mato, lugar da parroquia de Cícere, no concello de Santa Comba;

O Mato, lugar da parroquia de Santa Sabiña, no concello de Santa Comba;

O Mato, lugar da parroquia de Mourelos, no concello do Saviñao;

O Mato, lugar da parroquia de Roade, no concello de Sobrado;

O Mato, lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo, no concello de Xunqueira de Espadanedo;

Mato de Abaixo, lugar da parroquia de Olas, no concello de Mesía;

Mato de Arriba, lugar da parroquia de Olas, no concello de Mesía;

Mato Grande, lugar da parroquia de Cañás, no concello de Carral;

Mato tras do Souto, lugar da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso;

O Mato Vello, lugar da parroquia de Pedornes, no concello de Oia;

A Corte do Mato, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras;

A Vila do Mato, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón;

Vilar do Mato, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada.En Portugal

Mato, freguesía do concello de Ponte de Lima.

Paredes de Coura

Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.

É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 21 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.

As freguesías de Paredes de Coura son as seguintes:

Agualonga

Bico

Castanheira

Cossourado

Coura

Cristelo

Cunha

Ferreira

Formariz

Infesta

Insalde

Linhares

Mozelos

Padornelo

Parada

Paredes de Coura

Porreiras

Resende

Romarigães

Rubiães

Vascões

Ponte da Barca, Portugal

Ponte da Barca é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2 300 habitantes.

É sede dun municipio con 184,76 km² de área e 12 909 habitantes (2001), subdividido en 25 freguesías. O municipio está limitado ao norte polo municipio de Arcos de Valdevez, ao leste pola Galiza, ao sur por Terras de Bouro e Vila Verde e ao oeste por Ponte de Lima.

O concello recibiu foral de D. Teresa en 1125.

Provincia de Miño

O Miño é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída por unha reforma administrativa que tivo lugar en 1936. As provincias nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Limitaba ao norte e a nordeste con Galiza, ao leste coa provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro, ao sur co Douro Litoral e ao oeste co océano Atlántico.

Estaba formada por 23 concellos, integrando a totalidade dos distritos de Braga e Viana do Castelo. Tiña a súa capital na cidade de Braga.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.Se a provincia existise nos nosos días contaría probabelmente con 24 municipios, xa que se creou un novo concello, na área do distrito de Braga: Vizela (en 1997, por secesión de Guimarães).

Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto co Douro Litoral, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho.

Por outro lado, podía dividirse en dúas rexións: o Alto Miño, correspondente ao distrito de Viana do Castelo, e o Baixo Miño, correspondente ao distrito de Braga.

Actualmente, o seu territorio encontra-se na rexión estatística do Norte, repartindose pola totalidade das subrexións do Miño-Lima e do Cávado, e parcialmente polas subrexión do Ave (concellos de Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela) e Támega (dous concelhos das Terras de Basto, a saber Cabeceiras e Celorico de Basto).

Río Limia

O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Viana do Castelo

Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias. O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.

As orixes do poboamento remóntanse a antes da era cristiá, existindo ruínas dun castro ou citania no outeiro de Santa Luzia. Recibiu o seu primeiro foro de mans de Afonso III de Portugal en 1258, e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica; en 1848 foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada para Viana do Castelo. No século XX foi un dos máis importantes portos da pesca de bacallau.As freguesías de Viana do Castelo son: Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.

É tamén sé da Associação Juventude de Viana de hóckey a patíns.

Forma parte do Camiño Portugués e foi o lugar de nacemento de Cláudio Basto e Quim Barreiros.

Vila Nova de Cerveira

Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente apenas por Cerveira) é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.

É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías. O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño. No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.

As freguesías de Vila Nova de Cerveira son:

Campos

Candemil

Cornes

Covas

Gondar

Gondarém

Loivo

Lovelhe

Mentrestido

Nogueira

Reboreda

Sapardos

Sopo

Vila Meã

Vila Nova de Cerveira

Vía XIX

A Vía XIX era unha calzada romana da época de Augusto, descrita no Itinerario de Antonino. Unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), pasando por Ponte de Lima, Tude (Tui), Turoqua (Pontevedra), Aquis Celenis (Caldas de Reis), Iria Flavia, Martiae (Marzán) e Lucus Augusti (Lugo)Consérvase dela 105 miliarios.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.