Ponte das Pías

A ponte das Pías une os concellos de Fene e Ferrol sobre a ría de Ferrol. Por ela pasa a FE-14, anterior N-651, un dos ramais da N-VI.

Coordenadas: 43°29′2.37″N 8°11′3.70″O / 43.4839917, -8.1843611

Ponte das Pías
Ponte das pías dende ferrol wikigl
Localización
Ríoría de Ferrol
ConcelloFene - Ferrol
ProvinciaA Coruña
Características
Construción16 de outubro de 1968 (50 anos)
Lonxitude2000 m (total)
350 m (sobre a ría)
Ancho2 + 2 carrís + beirarúas
TipoTaboleiro
MaterialFormigón

Historia

Discoverer Enterprise
Discoverer Enterprise encaixado na ponte das Pías.

A ponte das Pías foi construída entre marzo de 1966 e outubro de 1968 cun custo total, incluídos os accesos de 246 millóns de pesetas[1] sendo inaugurada en 1968. O nome oficial era Puente del Caudillo, denominación que nunca foi empregada e a ponte era chamada das Pías, nome que por uso se fixo oficial[2]. O nome das Pías ven de «pías megalíticas», ocos funerarios de distinta profundidade baleirados sobre os penedos á beira da ría en Perlío, Fene. Tiñan forma variada: elíptica, rectangular e unha delas tiña forma de pirámide invertida coñecida como o funil. Esta necrópole celta vinculada co castro de Cardoeiro foi esnaquizada nos anos 1960 xunto co castro e está baixo os obradoiros do estaleiro[3].

A ponte era un proxecto necesario despois da creación do estaleiro Astano, actual Navantia Fene, e o seu paso á construción de petroleiros. Ata a inauguración da ponte era a vella ponte de Xuvia (ao fondo da ría) o camiño de entrada e saída de Ferrol. En 1913 inaugurárase a ponte do ferrocarril. O outro xeito de cruzar a ría era en lancha, medio que se empregou ata os inicios do século XXI pero que desapareceu coa inauguración da AP-9 en 2003. Dende a inaugaración da ponte das Pías as lanchas tiveron cada vez menos uso ata quedar só co servizo da lancha de Mugardos que unía esa cidade co porto de Ferrol.

A ponte das Pías tiña na súa inauguración un carril en cada sentido e beirarrúas. A ponte non tiña beiravía, o que limitaba o uso. O martes 13 de xaneiro de 1998 a ponte foi esnaquizada pola plataforma petrolífera Discoverer Enterprise que rompeu amarras pola noite, o que volveu deixar a comarca como antes de 1968. Despois de dous meses de obras a nova ponte foi inaugurada de novo con catro carrís (dous en cada sentido) seguía sen beiravía e estaba limitada a velocidade de circulación a 80 km/h. En 2003 foi inaugurada a nova ponte da autoestrada AP-9 o que deixou a ponte como comunicación local.

Servizos

Punto negro na ponte das pías fene wikigl
Punto negro na ponte das Pías, Fene.

A ponte ten unha gasolineira na beira de Ferrol, dirección Fene. A velocidade na ponte vindo de Ferrol e dirección Fene é de 80 km/h dende Caranza ata chegar á altura de Navantia Fene onde a limitación é de 50 km/h, alí hai un radar que en 2010 puxo a cuarta parte de tódalas multas da provincia da Coruña[4][5].

A ponte nunca foi un lugar de paseo aínda que é moi empregada por afeccionados á pesca. A máxima concentración de xente prodúcese durante as botaduras de buques no estaleiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da ponte das Pías.
Ferrol City

Vista aérea da ría de Ferrol (no centro a ponte das Pías).

Notas

  1. En el 45 aniversario de la inauguración del acceso por As Pías. Acotaciones dun ferrolés
  2. Puente de As Pías vs Discoverer Enterprise
  3. PERLÍO 1960: AS PIAS Galicia Confidencial
  4. "La confusa señalización del radar nuevo de la avenida de As Pías. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 22/08/2011. Consultado o 21/11/2012.
  5. Los radares de Tráfico multan a 380 conductores cada día en las carreteras de la comunidad. Faro de Vigo

Véxase tamén

Ligazóns externas

13 de xaneiro

O 13 de xaneiro é o 13º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 352 días para finalizar o ano, 353 nos anos bisestos.

ASTANO

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.

A Gándara, Narón, Narón

A Gándara é un barrio da cidade de Narón no concello de Narón. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 7.161 habitantes (3.484 homes e 3.677 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 6.488 habitantes.

Está situado no sur do concello, e limita ao norte cos barrios do Alto do Castiñeiro e A Solaina (Santa Icía), ao sueste coa ría de Ferrol, ao leste co barrio do Couto, e ao oeste co concello de Ferrol.

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, Santiago Apóstolo. Esta parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a do Couto. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Discoverer Enterprise

A Discoverer Enterprise é unha plataforma petrolífera móbil, tipo FPSO (Floating Production Storage and Offloading vessel), con dobre casco e dinamicamente situada, construída no estaleiro ASTANO, na ría de Ferrol. Foi botada o 12 de decembro de 1997 e entregada ó 6 de agosto de 1998. Na data da súa botadura era a maior plataforma petrolífera do mundo.

Década de 1990

A década de 1990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1990 e remata o 31 de decembro de 1999.

Día da Clase Obreira Galega

O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol.

A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous responsables do comité ferrolán de Comisións Obreiras, Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.

Estrada de Castela (Ferrol)

A estrada de Castela é unha vía urbana que comunica a praza de España de Ferrol coa ponte de Xuvia, en Neda, pasando por Narón. A estrada forma parte da AC-862.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

José María López Ramón

José María López Ramón, nado en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1916 e finado en Ferrol o 29 de abril de 2009, foi un militar, xornalista e político galego.

N-651

A N-651 ou Estrada Madrid-Ferrol, é unha estrada nacional española, que une Betanzos na N-VI con Fene, onde conecta coa FE-14, que pola Avenida das Pías remata en Ferrol. Pasa por Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Fene. Conecta coa AP-9F, en Miño (sentido Betanzos), Pontedeume, Cabanas e Fene.

A estrada N-651 formou historicamente un tramo de ramal entre Betanzos e Ferrol da Estrada da Coruña, baixo o identificador N-VI.

No ano 2016 o Ministerio de Fomento de España decidiu investir 6,2 millóns de euros na mellora da seguridade viaria desta vía entre os P. K. 20,5 e 26,9 ao seu paso pola travesía urbana de Cabanas.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Ponte da ría de Ferrol

A ponte da ría de Ferrol (nome non oficial) é unha ponte da autoestrada AP-9 que comunica os concellos de Neda e Narón sobre a ría de Xuvia, a ponte é libre de peaxe.

Ría de Ferrol

A ría de Ferrol é unha das rías galegas situada nas rías altas, no Golfo Ártabro.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.