Ponte Vella Internacional Tui-Valença

A ponte Vella Internacional Tui-Valença, situada sobre o río Miño, entre Galicia (España) e Portugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) e do ferrocarril.

Coordenadas: 42°02′10″N 8°38′48″O / 42.03611, -8.64667

Ponte Vella Internacional Tui-Valença
Puente internacional
Localización
RíoMiño
ConcelloTui - Valença
ProvinciaPontevedra - Viana do Castelo
Características
Construción10 de outubro de 1884
Lonxitude399 m
Gálibo22,70 m
MaterialAceiro e pedra

Historia

É falsa a lenda de que é obra de Eiffel ou un dos seus discípulos.[1] Foi deseñada polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda,[2] e inaugurada oficialmente o 25 de marzo de 1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.

Durante máis de cen anos soportou moito tráfico por ser a única ponte para salvar o Miño, que percorre toda a fronteira entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais de Salvaterra-Monção quince quilómetros e medio río arriba, Goián-Vila Nova de Cerveira catorce quilómetros río abaixo, e, por riba de todas, a nova ponte Tui-Valença (1993) da autovía, 670 metros río abaixo.

Durante séculos, os peregrinos procedentes de Portugal accedían a Tui cruzando o río en barcas. A partir de 1884 a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago.

A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diariamente e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal.

Galería de imaxes

Rio Miño y al fondo las murallas de ValenÇa

Na esquina inferior dereita o Parador de Tui, ó fondo a Fortaleza de Valença.

Ponteminho1

Entrada da ponte desde Portugal.

Camino de Santiago - Camino Portugués

Peregrinos do Camiño portugués.

Valença - Ponte Internacional

Interior da ponte.

Old international bridge Tuy-Valenca

Interior da ponte á noite.

Ponte Vella Internacional Tui-Valença

Panorámica da ponte

CP na Ponte Internacional de Tui - Valença do Minho 03-2016-c

Un CP pasando pola ponte vella

Ponte Internacional de Tui - Valença do Minho 03-2016-a 01

Vista das vías do tren da ponte

Litrografia da Ponte Vella Internacional do Miño

Litografía da ponte

Litrografia da Ponte Vella Internacional do Miño II

Litografía do proxecto da ponte

Ponte internacional de Tui Valença visto desde a fortaleza de Valença en Febreiro do 2016
Ponte Vella Internacional Tui - Valença visto desde a Fortaleza de Valença

Notas

  1. El puente que soldó el Miño cumple 125 años (en castelán), La Voz de Galicia, 11/10/2009.
  2. Eleccións nas que foi deputado Pelayo Mancebo y Agreda (en castelán). Congreso dos Deputados.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Galería de imaxes do río Miño

O Miño é o río máis longo de Galicia. Nace no Pedregal de Irimia (Serra de Meira, Meira, provincia de Lugo e desemboca no Océano Atlántico xebrando as terras de Galicia e Portugal)

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

N-551

A N-551 é unha estrada nacional convencional que conecta as pontes internacionais da A-55 e a de Tui-Valença, tendo na vila de Tui un cruzamento coa N-550 que a une, asemade, co resto da rede estatal.Foi creada en 1988 tomando o tramos da C-550 entre a nova ponte internacional da A-55 e a N-550 e o comprendido entre esta última e a ponte vella internacional entre Tui e Valença.

En 2004 o pleno municipal de Tui acordou solicitar ao Goberno de España a transferencia desta vía, que transcorre na súa totalidade dentro dos lindeiros do concello, porén esta demanda non chegou a prosperar.

Pelayo Mancebo y Agreda

Pelayo Mancebo y Agreda, nado en Calahorra (A Rioxa) o 26 de xuño de 1845 e finado en Burgos o 5 de setembro de 1912, foi un enxeñeiro de camiños e político español.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Valença, Portugal

Valença, tamén coñecida como Valença do Minho, é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.

O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.