Ponte Sigüeiro

A ponte Sigüeiro ou ponte de Sigüeiro é unha construción de cantería sobre o río Tambre, que une os concellos de Santiago de Compostela e Oroso.

Trátase dunha ponte de cantaría do século XIV que foi construída por orde de Fernán Peres de Andrade, O Boo, e modificada no século XV. Atópase na estrada N-550 A Coruña-Santiago de Compostela.

Nas proximidades da ponte tivo lugar o enfrontamento entre as tropas do goberno español e os sublevados dirixidos polo coronel Miguel Solís en 1846, que rematou coa derrota destes últimos e co seu fusilamento en Carral.[1]

Coordenadas: 42°57′56″N 08°26′43″O / 42.96556, -8.44528

Ponte Sigüeiro
Ponte Sigüeiro
Localización
RíoTambre
ConcelloOroso
ProvinciaA Coruña
Características
MaterialPedra

Galería

A ponte dende a senda fluvial.
A ponte dende a senda fluvial. 
Outra imaxe dende a beirarrúa.
Outra imaxe dende a beirarrúa. 

Notas

  1. González López, Emilio (1980). Historia de Galicia. Biblioteca Gallega (Serie Nova) (en castelán). La Voz de Galicia. p. 632. ISBN 84-85287-22-3.
Fernán Peres de Andrade o Boo

Fernán Peres de Andrade, o Boo ou Fernán Pérez de Andrade, primeiro señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba foi un dos máis salientados aristócratas do Reino de Galiza durante o século XIV. Figura controvertida polos seus cambios de lealdade e as usurpacións de bens alleos. Porén, destaca polo seu mecenádego nas letras galegas e as xenerosas doazóns que fixo.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

Oroso

Oroso é un concello da comarca de Ordes, pertencente á provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.400 habitantes (6.987 no 2009, 6.526 no 2006, 6.345 no 2005, 6.155 no 2004, 5.933 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orosán.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Revolución de 1846

Revolución de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe o alzamento do coronel Miguel Solís o 2 de abril de 1846 en Lugo (ó que se uniron posteriormente A Coruña o día 5, Pontevedra o 9, e o día 10 Tui e Vigo) contra o goberno de Ramón María de Narváez. A conspiración foi dirixida desde A Coruña, impulsada por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina e viúva do ministro Francisco Espoz y Mina; en Vigo foron Benigno Cid, Ramón Buch e Juan Nogueira, en contacto co exiliado Mártir Molíns; e en Ourense, algúns militares. Gerónimo Piñeiro de las Casas facía de correo entre eles, e fixaron a data do alzamento para o mes de abril.

Sigüeiro

O topónimo Sigüeiro pode referirse a:

Sigüeiro, vila da parroquia de Oroso, capital do concello de Oroso.

Ponte Sigüeiro, sobre o río Tambre, entre os concellos de Santiago de Compostela e Oroso.

O Refuxio de Sigüeiro, un enclave natural do río Tambre;Amais, o apelido Sigüeiro pode referirse a:

Sigüeiro é unha liñaxe de orixe galega, que trae por armas un escudo cortado: 1 espazo de prata con dúas faixas de veiros de prata e azul; 2 de sinople cun lobo andante da súa cor manchado de prata.

Trazo

Trazo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.