Ponte Lubiáns

A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo).

Coordenadas: 43°11′51″N 8°42′40″O / 43.19750, -8.71111

Ponte Lubiáns
Puente Lubians
Localización
RíoRosende
ConcelloCoristanco - Carballo
ProvinciaA Coruña
Características
ConstruciónSéculo I
Lonxitude40 m
Ancho2,6 m
TipoRomana (de arco)
Materialpedra

Características

Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m.

É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña.

Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco[1].

Notas

  1. Escudo de Coristanco

Véxase tamén

Bibliografía

  • Franco Maside, R. M. (2001): La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia.

Ligazóns externas

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Coristanco

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2014 tiña 6706 habitantes (6974 no 2012, 7102 no 2011, 7165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Escola Lubiáns

O Escola Lubiáns de Hockey e Patinaxe é un club galego de hóckey a patíns e patinaxe artística da cidade de Carballo. Foi fundado en 1983 e actualmente compite na Liga Sénior Masculina. Os equipos de todas as categorías e seccións do club disputan as súas competicións como locais no Pavillón Carballo Calero da capital bergantiñá.

O club debe o seu nome á Ponte Lubiáns, de orixe romana, que une os concellos de Carballo e Coristanco cruzando o río Anllóns.

Oca, Coristanco

San Martiño de Oca é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 527 habitantes (274 mulleres e 253 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 627 habitantes.

Río Rosende

O río Rosende é un afluente do Anllóns pola marxe esquerda.

Zona especial de conservación do Río Anllóns

O espazo natural do Río Anllóns é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que ampara as ribeiras do río Anllóns nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Carballo. O espazo natural vai dende o seu alto cos regos de Calvelo, da Balsa ou río Rosende en Carballo e Coristanco ata o seu tramo final, xa chegando á ría de Corme e Laxe. Esta ZEC únese á ZEC da Costa da Morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.