Ponferrada

Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 68.121 habitantes (INE 2013), é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.

Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.

A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

Ponferrada - Río Sil
Río Sil

Coordenadas: 42°33′N 6°35′O / 42.550, -6.583

Ponferrada
Bandeira de Ponferrada Escudo de Ponferrada
Castillo templario de Ponferrada 001
Castelo de Ponferrada.
Situación
Ponferrada - Mapa municipal
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Bierzo
Poboación 68.121 hab. (2013)
Área 283,17 km²
Densidade 240,57 hab./km²
Entidades de poboación 38
Capital do concello Ponferrada
Política (2013)
Alcalde Olegario Ramón Fernández (PSOE)
Concelleiros PP: 6
PSOE: 9
Outros: 10 (Coalición por El Bierzo: 2, Ciudadanos: 2, USE Bierzo: 2, Partido Regionalista de El Bierzo: 2, Unidas Podemos: 2)
2019
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %
Páxina web oficial
ponferrada.org

Historia

En tempos preromanos a rexión estaba poboada polos Ástures, un pobo Galaico, que foi conquistado polo emperador Augusto nas Guerras cántabras (29 - 19 aC) e a área converteuse rapidamente no maior centro mineiro do Imperio durante o período romano, onde se extraeron ouro e outros metais e minerais. Numerosos sitios mineiros romanos aínda son visibles na zona, un dos máis espectaculares é As Médulas, un Patrimonio da Humanidade desde 1997.[3] Os romanos tamén importaron vides, e a produción de viño prosperou na rexión ata a propagación de filoxera ao final do século XIX, que destruíu a maior parte da viñedos. Pero segundo os últimos cálculos a fundación sitúase no século XI, en 1086 cando temos constancia documental. É ao final dese século cando o bispo Osmundo de Astorga ordena a construción dunha ponte, no ano 1082, para os peregrinos do Camiño de Santiago, debido ás dificultades que supoñía o paso do río Sil no anterior paso, á altura do actual barrio de Compostilla. Reforzouse con ferro, e isto deulle o nome, posteriormente, á poboación creceu nos seus arredores, ás beiras do río Sil. Outra teoría sobre o nome de Ponferrada provén igualmente de Pons Ferrata pero coa tradución de ponte fortificada.

Ao pouco fundouse a Igrexa de San Pedro, no ano 1086 e ao seu ao redor xurdiu "A Poboa de San Pedro" que é como se chamou primeiramente a Ponferrada, para pasar a denominarse pouco despois Ponte Ferrato.[4] Pasou por diversas mans, primeiro foi propiedade dos Templarios, que se encargaban precisamente da defensa do camiño.

No ano 1180 o rei leonés Fernando II concede á vila os primeiros foros. Durante os séculos XIII e XIV, xa amurallada, comeza a crecer e desenvolverse, aparecen tanto intramuros como nos arredores, campesiños, comerciantes e artesáns, á sombra do camiño, que orixinou un crecemento rápido e sostido. A muralla construída conta con catro portas de entrada: El cristo, Paraisín, Las nieves e Las eras. Nos arredores da vila aséntase unha comunidade xudía.

Ao desaparecer a orde en 1312, pasou polas familias de Osorio, ou do Conde de Lemos entre outros, ata que os Reis Católicos reclamárona como propia, a raíz dunha disputa entre o Conde de Lemos e o seu fillo, no século XVI, que levou a diversas batallas no castelo, e a toma e recuperación sucesiva da praza por cada un deles. Finalmente os Reis Católicos decidiron que o castelo e a vila eran da súa propiedade, acto que puxo fin ás refregas. Desde entón e ata o fin do Antigo Réxime, procederon a nomear corrixidor na vila; o primeiro deles foi Juan de Torres.

O ferrocarril chegou a Ponferrada en 1881, e durante Primeira Guerra Mundial os depósitos locais de tungsteno explotáronse para abastecer á industria armamentística. En 1918, creouse a Minero Siderúrgica de Ponferrada (MSP) para explotar os depósitos de carbón da rexión, e creceu ata converterse na maior corporación mineira de carbón de España. A Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) foi fundada en 1944 e en 1949 abriu a primeira central eléctrica de carbón como combustible de España en Ponferrada, Compostilla I. En 1960, inaugurouse o Pantano de Bárcena e na segunda metade do século XX a economía da cidade baseábase principalmente na minaría e na produción de electricidade, tanto hidroeléctrica como de combustibles fósiles.

A partir de finais de 1980 a maioría das minas pecharon, e despois do colapso da industria mineira, Ponferrada entrou durante un tempo en crise. Con todo, a finais de 1990 a cidade sufriu unha gran transformación co establecemento na cidade de varias empresas industriais e de servizos, a reintrodución da produción comercial de viño, a apertura de facultades da Universidade de León que ofrecen varios graos, e unha mellora radical xeral da infraestrutura da cidade. A economía está baseada principalmente no turismo, a agricultura (froitas e viño), xeración de enerxía eólica e minaría da lousa, cun aumento da poboación leve, pero constante.

Un factor importante que contribuíu á recente auxe da industria do turismo é a popularidade do Camiño de Santiago (unha ruta de peregrinación que vai desde Francia a Santiago, Galicia), a designación en 1997 das Medulas como Patrimonio da Humanidade e o desenvolvemento de aloxamentos de turismo rural e bodegas na zona. En 2006 estableceuse en Ponferrada a Fundación Ciudad de la Energía, o Museo Nacional da Enerxía, así como o patrocinio de varias outras iniciativas deberían aumentar aínda máis o turismo e a economía da cidade e a súa rexión.[3][5]

No ano 2008 celebrouse o centenario da concesión do título de cidade a Ponferrada coincidindo co centenario da coroación da Virxe da Encina como patroa da comarca.

Administración

Alcaldía

Demografía

Evolución da poboación do municipio de Ponferrada:

Evolución demográfica de Ponferrada
1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1990 2000 2008 2009 2010
7.188 9.829 13.008 23.773 37.053 45.257 52.499 60.401 62.642 67.969 69.187 69.057

Obsérvase a espectacular evolución poboacional entre 1940 e 1970, período no que Ponferrada triplica a súa poboación, principalmente debido ao crecemento industrial do municipio e converterse no centro administrativo da comarca, que vivía un auxe mineiro sen precedentes. Isto deu lugar a numerosos problemas na súa ordenación urbana debido ao crecemento desproporcionado e moitas veces caótico das distintas barriadas da cidade, problema arrastrado ata ben entrada a década de 1990.

Asemade, Ponferrada é o centro da súa área metropolitana, formada por ela mesma máis os concellos lindeiros, cunha poboación de preto de 90.000 habitantes.

Economía

No seu municipio prodúcense viños de gran calidade (Denominación de Orixe O Bierzo), exportados a diversos sitios como Alemaña ou Estados Unidos. No municipio ten a súa sede a Cooperativa Vitivinícola Cepas do Bierzo a de maior produción en tonelaxe de uvas do Bierzo; froitas, hortalizas e castañas entre outros. A gandería, aínda que sufriu un retroceso no municipio debido ao crecemento da cidade, segue tendo unha certa importancia tanto a nivel de explotacións familiares nos pobos do municipio, como na cría de distintas especies para sacrificio.

Conta coa maior planta de produción de pas (LM Glasfiber) e fustes (Grupo Comonor) para aeroxeradores eléctricos de Europa que emprega a uns 1.500 traballadores encadrándose xa que logo dentro da grande industria.[Cómpre referencia] Unha empresa de siderurxia, Aceros Roldan S.A., unha planta de transformación do vidro, Vitro Cristalglass, a Mineiro Siderúrxica de Ponferrada ou Endesa son outras das empresas presentes no concello.

Lugares de interese

Montes Aquilanos
El Morredero

Transporte

A cidade atópase plenamente integrada na rede de alta capacidade mediante a autovía A-6, que é a principal entrada a Galicia. Ademais dela, a cidade comunica con Monforte e Ourense mediante a N-120 e con Villablino a través da CL-631.

Tamén ten servizo ferroviario, coa súa estación xestionada por Adif, que mantén liñas con varias cidades como Vigo, A Coruña, Madrid ou Barcelona.

O Aeroporto de León, que entrou en servizo no ano 1999, é o aeroporto máis próximo, atopándose a 102 quilómetros de Ponferrada.

Lugares do concello de Ponferrada

Está integrado por, ademais da cidade de Ponferrada, Entidades Locais menores constituídas en Xuntas Veciñais, e Entidades Singulares.

Entidades locais menores
Bouzas · Columbrianos · Fontesnovas · Montes de Valdueza · Otero · Peñalba de Santiago · Rimor · San Andrés de Montejos · San Clemente de Valdueza · San Cristóbal de Valdueza · San Esteban de Valdueza · San Lorenzo · San Pedro de Devesas (Dehesas) · Santo Tomás de las Ollas · Toural de Meraio (Toral de Merayo) · Valdefrancos · Villanueva de Valdueza
Entidades singulares
Bárcena del Bierzo · Campo · Carracedo de Compludo · Compludo · Compostilla · Cuatrovientos · Espinoso · Flores del Sil · Lombillo de los Barrios · Manzanedo de Valdueza · La Placa · Ponferrada · Salas de los Barrios · Valdecañada · Villar de los Barrios
Lugares abandonados ou semiabandonados
Agadán · Ferradillo · Palacios de Compludo · San Adrián de Valdueza · San Cosme · Santa Lucía de Valdueza

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. 3,0 3,1 http://www.espaciolasmedulas.es/
  4. Nos primeiros documentos figura en masculino, posteriormente evoluciona cara ao feminino como Ponte Ferrata. No Codex Callixtinus de 1131 figura como Ponsferratus. Jesús García y García: "Pueblos y Ríos Bercianos. Significado e Historia de sus nombres" 1994
  5. http://estudiosbercianos.e.telefonica.net/bierzo/histo5.html
Amancio Prada

Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carucedo

Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Corullón

Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Estación da Rúa-Petín

A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de León

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Ponferrada

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Liña de alta velocidade subcantábrica

A L.A.V. Subcantábrica é unha liña de alta velocidade actualmente en proxecto que será unha galla da liña Palencia-León-Xixón. Será a saída central de Galicia de alta velocidade.

Segundo o Plan español de infraestruturas 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:

L.A.V. Venta de Baños-León-Xixón.

Eixe interior de Galicia.

Eixe Atlántico.

O Bierzo

O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

San Andrés del Rabanedo

San Andrés del Rabanedo é un municipio de Castela e León de 30.217 habitantes (2008) situado na provincia de León. É o terceiro municipio máis poboado da provincia tras León e Ponferrada.

Sociedad Deportiva Ponferradina

A Sociedad Deportiva Ponferradina é un club de fútbol español da cidade de Ponferrada. Foi fundado o 7 de xuño de 1922 e actualmente compite na Liga 1|2|3.

Toreno

Toreno é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 3.595 habitantes (INE 2012). Está situado a 108 quilómetros de León, a través de Bembibre e a 23 quilómetros de autovía (CL-631) de Ponferrada.

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Parcialmente galegofalantes
Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.