Pombo torcaz

O pombo torcaz, pombo, torcaza ou turcacia (Columba palumbus) é unha ave da familia das pombas.

Pombo torcaz
En Inglaterra Canto do pombo torcaz (axuda · info)

En Inglaterra
Canto do pombo torcaz
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Xénero: ' Columba'
Especie: C. palumbus
Nome binomial
'Columba palumbus'
Linnaeus, 1758

Morfoloxía e hábitos

.............
as súas casas son brancas
e unhas pombas asomellan,
sobre un terreo pousadas
no tempo da sementeira.

É unha ave cunha lonxitude entre 38–43 cm, unha envergadura entre 68–77 cm e cun peso de 500 gramos. É meirande cá pomba brava e ten unha cola máis longa. É de cor azul pero destaca nela a mancha branca ó redor do pescozo. O peito e papo son dun ton vermello apagado. En voo chama a atención a presenza dunha raia branca vertical que cruza as ás.

Aliméntase de sementes, bagas e partes brandas das plantas. O seu hábitat son os parques, xardíns e masas forestais próximas ás cidades. En outono e inverno forma grandes grupos.

Reprodución

A cría realizase en Europa entre os meses de abril e setembro. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 16-17 días. Os polos permanecen no niño entre 28-29 días. Pode chegar a criar dúas ou tres veces ó ano. Nidifica nas árbores.

Distribución

Moi común en toda Europa, no extremo norte de África e en Turquía. No sur de Escandinavia e Rusia está presente só durante a cría. En Galicia esténdese por toda a xeografía sen excepcións.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Columba palumbus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do pombo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 123. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

Bibliografía

  • 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.