Pombal (edificio)

Un pombal (do latín palumbalem, derivado á súa vez de palumbam, pomba) é unha construción rural para a cría de pombas. En xeral, é un raro complemento da vivenda rural, xa que por mor do seu custo e escaseza de rendibilidade, só aparece nas leiras pertencentes ós pazos, ás casas reitorais ou ás casas grandes de campesiños acomodados.

É unha construción que pode adoptar diversos xeitos: en Galiza na meirande parte dos casos é un corpo cilíndrico cun raio de preto de dous metros e unha altura aproximadamente igual ó seu diámetro. A súa cuberta pode ser cónica ou chan, a xeito de ferradura, e inclinada a unha auga. Adoita estar construído con cachotería vista ou revocada, con varia entradas para as pombas, unha cornixa para que estas alcen o voo e unha porta de acceso para as persoas. No seu interior dispóñense os niños formando parte do paramento do muro de pedra.

PombalSanPaioAranga
Interior dun pombal en ruínas

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de pombais de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.