Policía Autonómica Galega

A Policía Autonómica Galega é unha unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á comunidade autónoma galega.

Central Policía Autonómica Galicia
Xefatura da Policía Autonómica, Santiago de Compostela.

Organización e administración

Depende organicamente da Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia. En 1993 eran 264 axente e abríronse as catro sedes provinciais, ás que se sumou a de Vigo en 1997. No ano 2000 había 407 axentes, en 2007 eran 420 e en 2016 435 (61 mulleres e 374 homes) [1]. O comisario xefe en 2017 é Silverio Blanco Fernández, a xefatura está en Santiago de Compostela, conta con xefaturas provinciais na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense, e unha xefatura local en Vigo. O parque móbil está composto por 112 vehículos: 65 coches rotulados, 49 camuflados, 4 motos rotuladas e 4 camufladas [2].

Vehículo Policía Autonómica Galega
Vehículo da Policía Autonómica.

Notas

  1. Memoria UPA 2016 pp. 93-95
  2. Memoira UPA 2016 p. 178

Véxase tamén

Ligazóns externas

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Policía

A policía é unha forza de seguridade encargada de velar polo mantemento da orde pública e a seguridade dos cidadáns e sometida ás ordes das autoridades políticas. Chámase tamén policía a cada axente pertencente a dita organización.

A verba "policía" provén da lingua francesa e o seu uso data do século XVIII. Esta palabra provén indirectamente do latín politīa, e esta do grego πολιτεία, de πολις, "cidade", que se refire ao goberno ou á administración do Estado.

Desde 1991 o CNP (Corpo Nacional de Policía) ten unha sección adscrita a Galicia co nome de policía autonómica de Galicia, pero non ten nada que ver coas policias propiamente autonómicas de Euskadi, Navarra e Cataluña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.