Polbo á feira

O polbo á feira é un prato típico de Galicia e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.

Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

Polbo á feira
Polbo a feira
Prato de polbo á feira
NomePolbo á feira
TipoPeixe
Lugar de orixeGalicia Galicia
IngredientesPolbo, pemento picante, pemento doce, aceite de oliva, sal groso

Receita

Pota de Polbo a feira
Pota de polbo á feira.

Ingredientes

Polbo e empanada, Galiza
Polbo e empanada.

Preparación

  • Hai que mazar o polbo para que non estea duro, aínda que hoxe en día simplemente se conxela.
  • Unha vez mazado ou desconxelado, ponse a ferver auga abundante nunha pota de cobre. Cando estea fervendo, cóllese o polbo pola cabeza e mergúllase unhas can­tas veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel.
  • Déixase cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
  • Unha vez coci­do, escórrese e córtase cunhas tesoiras en anacos de 1 cm de groso.
  • Sérvese nun prato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pemento.
  • Dependendo do forte que o quei­ramos, engádese o pemento picante, doce ou mesturado.

O tradicional é comelo con escarvadentes. Acompáñase, ás veces, de patacas cocidas que se se cocen na propia auga do polbo adquiren unha coloración rosada.

A preparación do polbo nas feiras e romaxes facíana mulleres que se chamaban "polbeiras"[1]. Tamén se chaman "polbeiras" os locais especializados neste prato que se atopan nas vilas e cidades[1].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes sobre o polbo en Galicia.
Pulpeiras

Polbeiras de Ribadavia.

Polboafeira

Polbo á feira acompañado de pan e viño.

Lalin. Corpino. Galiza 36

Festa do Corpiño, Lalín.

Polbo á feira

O polbo na pota.

Notas

  1. 1,0 1,1 "polbeiro/a". Dicionario Real Academia Galega.

Véxase tamén

Outros artigos

Alimentación

A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos. A nutrición é o proceso mediante o cal os alimentos inxeridos se transforman e se asimilan, é dicir, incorpóranse ó organismo dos seres vivos, que deben comer san e observando a nutrición. Por extensión, chámase tamén alimentación á subministración de enerxía ou materia prima necesarias para o funcionamento de certas máquinas.

Arcos, O Carballiño

Santa María de Arcos é unha parroquia do Concello do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 209 habitantes (104 homes e 105 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 258 habitantes. Na actualidade a parroquia de Arcos está unida ó mesmo núcleo do Carballiño.

Buciños, Buciños, Carballedo

Buciños é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 23 habitantes (12 mulleres e 11 homes), catro mulleres menos ca en 2016. En 2018 eran 24 (14 mulleres e 10 homes).

Buciños, Carballedo

San Miguel de Buciños é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 163 habitantes (82 mulleres e 81 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes. En 2018 baixou a 156 (80 mulleres e 76 homes).

Cachelo

Cachelo é a denominación que en Galicia se dá a un anaco ou cacho de pataca. Non se trata de ningunha variedade de pataca específica con esta denominación.

Xeralmente o produto vén cortado en toradas e acompaña moitos pratos da gastronomía galega, cobrando especial relevancia no coñecido como polbo á feira, ou tamén as sardiñas.

Nalgunhas zonas denomínanse cachelos ás patacas cocidas con monda, sen engadir máis nada que auga e sal . Noutros casos é tamén o nome dos cachos de pataca con ollos que se emprega para semente.

Cefalópodos

A dos cefalópodos (Cephalopoda) é unha clase de invertebrados bilaterais, mariños, do filo dos moluscos.A súa característica máis rechamante é qjue o seu corpo está constituído por unha cabeza prominente e un conxunto de brazos ou tentáculos, que son modificacións do pé de moluscos primitivos.

Actualmente existen entre 700 e 800 especies de cefalópodos, todas elas pertencentes á subclase dos coleoideos, a excepción dos náutilos, que pertencen á subclase dos nautiloideos, e que reciben os nomes comúns de polbos, luras, potas, xibas (chamadas tamén chocos nalgunhas zonas de Galicia) e náutilos, aínda que o seu número se incrementa cada ano, quedando seguramentea algunhas especies vivas por descubrir. Estímase que o número de especies extintas rolda as 11 000.O estudo dos cefalópodos é unha rama da malacoloxía coñecida como teutoloxía.

Celanova

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Festa do polbo do Carballiño

A festa do polbo do Carballiño é unha festa gastronómica celebrada no concello ourensán do Carballiño o segundo domingo de agosto. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Aínda que a vila se atopa lonxe do mar, consómese polbo desde antigo, traendo polbo seco froito do intercambio comercial coas rexións costeiras de Galiza. Na actualidade o xeito máis común de preparalo é á feira. O labor das polbeiras do Carballiño é recoñecido en toda Galiza.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de Rábade

Galería de imaxes de Rábade na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia.

Galería de imaxes sobre o polbo en Galicia

Galería de imaxes sobre o polbo en Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Pan de Ousá

O pan de Ousá é un pan húmido e compacto feito con fariña do país, ten forma de bolo cun corte transversal característico e unha cor escura. Tradicionalmente facíase nas casas da parroquia de Ousá, en Friol (comarca de Lugo), con fariña do país e vendíase nas feiras unha vez ao mes. A fermentación da masa acádase cunha lévedo artesanal, a masa nai, coñecida na zona como requento.

Pemento (condimento)

O pemento é un condimento en po de cor vermella e sabor característico obtido a partir do secado e moedura de certas clases de pementos vermellos. É parte fundamental de certos pratos típicos galegos, como o chourizo ou o polbo á feira. Algunhas cociñas do mundo emprégano abundantemente, de maneira que a súa comida é moi coñecida polo emprego deste ingrediente, como é o caso da cociña húngara.

Polbo

Os polbos son moluscos mariños cefalópodos, formando a orde Octopoda, que significa "oito pés". Son animais mariños e carnívoros. Carecen de cuncha e a súa característica principal é unha coroa de oito tentáculos ou raxos na cabeza, arredor da boca, provistos de fortes ventosas. Como o resto dos cefalópodos, o polbo ten un corpo mol mais non ten esqueleto interno (como as luras) nin externo (como o náutilo). Como medio de defensa, o polbo posúe a capacidade de botar tinta (conseguida a través dos cromatóforos) e a autonomía dos seus tentáculos.

Santuario dos Remedios

O Santuario da nosa Señora dos Remedios é un santuario localizado na parroquia do mesmo nome, do concello de Mondoñedo na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No interior do santuario consérvase o máis fermoso conxunto barroco de Mondoñedo.

O Santuario da nosa Señora dos Remedios atópase á entrada da vila lucense. O Santuario está nun dos extremos do Campo dos Remedios, nun lugar que se coñece como Pena do Outeiro, en terreos mercados no ano 1558 ao cabido con doazóns dun grupo de mindonienses. As súas orixes remóntanse ao ano 1558, cando se constrúe unha pequena ermida e un albergue para os peregrinos. Pero esta construción sufriu varias reformas debido ao seu estado ruinoso polo ano 1643. A ermida, tal como se pode ver hoxe en día, é o resultado da obra co Bispo Sarmiento mandou construír en 1733. A súa planta é de cruz latina, aínda que as súas naves, cubertas por bóvedas de canón, parecen do mesmo tamaño.

Enfronte do santuario atópase a Alameda dos Remedios, que ten a peculiaridade de ser unha das máis antigas de España, plantada en 1594 polo rexedor Luís de Luaces, e é onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa (1569). Hai un monólito que o conmemora nun dos seus xardíns. O quiosco situado nun dos laterais da Alameda foi, nalgún tempo, un fermoso escenario para a banda municipal.

A Alameda é o marco ideal para as feiras e festas máis importantes de Mondoñedo, por exemplo, As San Lucas, As Quendas, ou as propias dos Remedios. Festas nas que a Alameda énchese con multitude de mindonienses, os postos dos feirantes e as polbeiras, onde se prepara o tradicional polbo á feira.

Á beira da alameda atópase o Hospital de San Paulo, construído tamén na mesma época co santuario. Por riba da porta destacan o escudo de Mondoñedo e o propio Frei Martín Sarmiento. Dise que Sarmiento tiña a "doenza da pedra" polas moitas construcións que fomentou e que quixo abrir unha canle polo río Masma para traer auga do mar ata Mondoñedo.

Dende a Alameda destaca a vista sobre o val do río Cesuras e sobre o Mosteiro dos Picos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.