Político

Un político é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.

Identidade

Discurso funebre pericles
Pintura do século XIX de Philipp Foltz que representa ao político ateniense Pericles entregando a súa famosa oración funeraria diante da Asemblea.

Os políticos son persoas politicamente activas, especialmente na política de partidos ou que se interesa nos asuntos de goberno.[1] Os cargos van desde cargos locais ata os cargos executivos, lexislativos e xudiciais dos gobernos rexionais e nacionais.[2] [3] Algúns policías elixidos, como os shériffs, son considerados políticos.[4] [5]

Medios de comunicación e retórica

Os políticos son coñecidos pola súa retórica, como nos discursos ou anuncios de campaña. Son especialmente coñecidos por usar temas comúns que lles permiten desenvolver as súas posicións políticas en termos familiares para os electores.[6] Os políticos habitualmente necesitan converterse en usuarios expertos dos medios de comunicación.[7] Os políticos do século XIX fixeron uso intensivo de xornais, revistas e panfletos, así como carteis.[8] No século XX, sumáronse a radio e televisión, facendo que os anuncios de televisión foran a parte máis cara dunha campaña electoral.[9] No século XXI, fóronse implicando cada vez máis nas redes sociais da internet e os teléfonos intelixentes. [10]

Críticas

Moitos críticos atacan aos políticos por estar fóra de contacto co público. As críticas inclúen a forma na que falan os políticos, que se describiu como excesivamente formal e chea de moitas expresións eufemísticas e metafóricas e comunmente percibidas como un intento de "escurecer, enganar e confundir".[11]

Na imaxe popular, os políticos son a míudo percibidos como descoñecidos, egoístas, incompetentes e corruptos, recibindo diñeiro a cambio de bens ou servizos, en vez de traballar para o ben público en xeral.[12] Os políticos de moitos países son considerados os "profesionais máis odiados".[13]

Véxase tamén

Notas

  1. "Político no DRAG". www.academia.gal. Consultado o 24 de xullo de 2019.
  2. "politician". www.yourdictionary.com/ (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2019.
  3. "Politician en WordFind". www.wordfind.com (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2019.
  4. Gaines, Larry; Miller, Roger LeRoy (2012). Criminal Justice in Action (en inglés). Wadsworth. ISBN 978-1111835576.
  5. Grant, Donald Lee; Grant, Jonhathan (2001). The Way It Was in the South: The Black Experience in Georgia. University of Georgia Press. p. 449. ISBN 978-0820323299.
  6. Jonathan Charteris-Black, Politicians and rhetoric: The persuasive power of metaphor (Palgrave-MacMillan, 2005)
  7. Ofer Feldman, Beyond public speech and symbols: Explorations in the rhetoric of politicians and the media (2000).
  8. Robert J. Dinkin, Campaigning in America: A History of Election Practices (1989) online
  9. Kathleen Hall Jamieson and Keith Spillette, The Press Effect: Politicians, Journalists, and the Stories that Shape the Political World (2014)
  10. Nathaniel G. Pearlman, Margin of Victory: How Technologists Help Politicians Win Elections (2012) online
  11. Invitation to Critical Thinking - Page 319, Vincent E. Barry - 2007
  12. Arnold J. Heidenheimer and Michael Johnston, eds. Political corruption: Concepts and contexts (2011).
  13. Arnold J. Heidenheimer and Michael Johnston, eds. Political corruption: Concepts and contexts (2011).
1900

1900 foi o último ano do século XIX e o primeiro da década de 1900.

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

2006

O Ano internacional dos desertos e a desertificación, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O Ano Mozart, conmemorando o 250 aniversario do nacemento do compositor austríaco Wolfgang Amadeus Mozart.

O Ano Tesla, celebrando o 150 aniversario do nacemento do mundialmente coñecido inventor, físico e enxeñeiro eléctrico, Nikola Tesla.

O Ano Rembrandt, celebrando o 400 aniversario do nacemento do maior pintor do século XVII nos Países Baixos, Rembrandt Harmenszoon van Rijn.

Ano da Memoria Histórica, con motivo do 75º aniversario da proclamación da Segunda República Española, en recoñecemento de tódalas vítimas da guerra civil española e da represión franquista.

2007

2007 (MMVII) foi designado:

O Ano do porco, segundo o horóscopo chinés.

O Ano Iternacional da Heliofísica.

O Ano Polar Internacional.

O Centenario do Movemento Scout, tamén coñecido como escultismo.

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Biblioteca Nacional da Dieta

A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館, Kokuritsu Kokkai Toshokan) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Tokio e Kioto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país.

Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.