Polígrafo (autor)

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.[1]

Na literatura

Louis-Michel van Loo 001
Diderot por Louis-Michel van Loo, 1767.

O termo polígrafo aplícase a certos escritores da antigüidade clásica, como Aristóteles e Plutarco entre os gregos e Cicerón e Plinio o Vello entre os romanos. Voltaire e o enciclopedista Diderot son dous exemplos de polígrafos modernos.[2]

Autores polígrafos

Outros exemplos de autores polígrafos son:

Entre os galegos pódese citar a José Cornide Saavedra (1734-1803), Antonio Neira de Mosquera (1823-1854), Andrés Martínez Salazar (1846-1923), Arturo Vázquez Núñez (1852-1907), Antonio Couceiro Freijomil (1888-1955), Fermín Bouza-Brey (1901-1973), Xosé Filgueira Valverde (1906-1996) ou Isidoro Millán González-Pardo (1922- 2002).

Outros usos

O termo pode usarse en forma despectiva para referirse a alguén que escribe respecto a distintos asuntos sen ter os coñecementos suficientes.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polígrafo.
  2. Encyclopédie Larousse du XXe siècle, París, 1932.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.