Polígono industrial do Campiño

O Polígono Industrial do Campiño é unha área industrial situada entre as parroquias de Marcón (Pontevedra) e Tourón e Xustáns (Ponte Caldelas). Sitúase na aba do monte da Fracha, a 7,5 km da cidade de Pontevedra.

Coordenadas: 42°24′26″N 08°35′06″O / 42.40722, -8.58500

Accesos

Está a carón da estrada PO-532, que une Pontevedra e Ponte Caldelas. No lugar da Reigosa tómase a vía PO-0004, que leva á rúa Chan da Parafita, a arteria norte-sur do polígono.

Ampliación

Actualmente estase facendo unha grande ampliación do polígono, que vai limitar coa PO-0206 polo oeste e coa subida ao lugar de Baltar polo sur.

Empresas

Entre as empresas con sede no Campiño destaca Reyes Hermanos (distribuidora de fariña), A Devesa (panadería e repostería), Moldes (alimentación) ou Cristalería Pontevedresa.

En xuño de 2008, Telmo Martín, voceiro local do PPdG, propuxo levar ao Campiño (logo dunha grande ampliación) a Papeleira de Pontevedra, fábrica de pasta de papel que a empresa ENCE ten en Lourizán.

Segundo José Luís Valiñas, presidente da Asociación de Empresarios do Campiño, en xaneiro de 2009 traballaban no polígono máis de 1.500 persoas. Porén, en febreiro dese mesmo ano houbo un ERE na empresa Trèves, auxiliar da factoría de Citroën de Vigo, polo que a cifra descendeu en 300 persoas[1].

Notas

  1. "O alcalde e os empresarios do Campiño solicitarán unha axuda para reurbanizar o polígono pontevedrés", artigo no Diario de Pontevedra, 5 de marzo de 2009.
A Reigosa, Tourón, Ponte Caldelas

A Reigosa é un núcleo da parroquia de Tourón, no concello de Ponte Caldelas. Segundo o INE en 2008 tiña 200 habitantes, 3 máis ca en 2007.

No lugar está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. Neste lugar atópase a fábrica de Tafisa e as instalacións de Distribucións Arnoia e da conserveira Orbe entre outras empresas.

Na Reigosa hai un colexio de primaria, que dá servizo ás parroquias de Xustáns, Taboadelo e Tourón.

Baltar, Xustáns, Ponte Caldelas

Baltar é unha entidade de poboación situada na parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o INE no ano 2015 tiña 181 habitantes (85 homes e 96 mulleres). O que supón un aumento fronte a 2014, cando tiña 173 veciños.

Campiño

O topónimo galego Campiño pode referirse a:

Campiño, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo;

Campiño, lugar da parroquia de Castrelos, no concello de Vigo;

O Campiño, lugar da parroquia de Moneixas, no concello de Lalín;

O Campiño, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

O Campiño, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Melide;

O Campiño, lugar da parroquia da Penela, no concello de Monforte de Lemos;

O Campiño, lugar da parroquia de Cepeda, no concello de Pazos de Borbén;

O Campiño, lugar da parroquia do Xobre ou O Maño, no concello da Pobra do Caramiñal;

Polígono industrial do Campiño, en Marcón (Pontevedra).

Marcón, Pontevedra

San Miguel de Marcón é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal (INE) en 2017 tiña 2.105 habitantes (1.012 homes e 1.093 mulleres), 15 menos ca no ano anterior.

O Sobreiro, Xustáns, Ponte Caldelas

O Sobreiro é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Ten 112 habitantes (53 homes e 59 mulleres).

Chégase a través da PO-206 que comunica A Reigosa con Taboadelo e Ponte Sampaio.

PO-532

A PO-532 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Pontevedra e Ponte Caldelas. Ten 14,3 quilómetros de longo. É un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

Pintos, Marcón, Pontevedra

Pintos é un lugar da parroquia de Marcón no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Segundo o padrón municipal (INE 2011) ten 204 habitantes (98 homes e 106 mulleres). Chégase pola estrada PO-0004 que comunica o polígono industrial do Campiño co lugar de Pazos.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Tourón, Ponte Caldelas

Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xustáns, Ponte Caldelas

San Martiño de Xustáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o INE de 2017 tiña 571 habitantes (283 mulleres e 284 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 601 habitantes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.