Polígono industrial de Sabón

O Polígono Industrial de Sabón é unha zona industrial situada na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo. Leva o nome da aldea de Sabón e foi posto en funcionamento en 1965, aínda que as primeiras empresas non se instalaron até a década de 1970.[1]

Coordenadas: 43°19′07.2″N 08°30′04.4″O / 43.318667, -8.501222

Polígono industrial de Sabón, Oseiro, Arteixo
Planta de Ferroatlántica e a central de ciclo combinado de Gas Natural - Unión Fenosa

Historia e descrición

Foi promovido polo Deputación Provincial da Coruña[1]. Conta cunha superficie de 3.287.910 metros cadrados, sendo a destinada a parcelas de 2.403.580[1]. Sobre o seu solo teñen a súa sede ou delegación empresas como Inditex, Ferroatlántica, Bonilla a la Vista, Dielectro, Leyma, Teais, Horta Coslada ou o Grupo Voz.

Conta ademais con servizo de ITV e un encoro que da servizo á central de ciclo combinado que Gas Natural Fenosa ten instalada para fornecer de enerxía eléctrica á zona.

Ao norte do mesmo comezouse a construír, logo da catástrofe ecolóxica provocada polo afundimento do Prestige, o Porto Exterior da Coruña, que -ademais de servir como porto refuxio para grandes embarcacións- se espera que se complemente coa actividade industrial desenvolvida neste polígono.

En 1990 constituíuse a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo.[2]

Na actualidade está ao límite da súa capacidade[1] e a súa proximidade a núcleos urbanos en expansión fixo que se considerase a opción de construír un novo polígono na zona de Morás, o Polígono industrial de Morás a escasa distancia. Porén, a crise económica de 2008-2013 fixo que se adiara a estrea deste novo polígono[3], que se había de sumar ás sinerxías resultantes da construción no novo gran porto a carón da zona industrial de Sabón.

Accesos

Estradas e autoestradas

  • AC-415. Antiga estrada Coruña - Fisterra por Meicende.
  • AC-551. Conflúen as seguintes autoestradas:
  • AC-552, practicamente convertida nunha longa travesía urbana que o comunica coa capital municipal polo oeste e con Vilarrodís e a cidade da Coruña evitando o pago da peaxe da autoestrada.
  • DP-0514. Estrada Arteixo - Caión

Portuarios

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Polígono industrial de Sabón, Arteixo, ( A Coruña)". www.ingestin.com. Consultado o 2016-08-26.
  2. "CEPE-SI. Polígono de Sabón – A Asociación". poligonosabon.org. Consultado o 2017-05-04.
  3. Coruña, La Opinión de A. "La Xunta reactiva el polígono de Morás y el vial a Lorbé en su último año de mandato". Consultado o 2016-08-26.

Galería de imaxes

Dielectro Industrial Sabón Arteixo A Coruña wGL

Dielectro Industrial

Etiem Textil SL Sabón Arteixo wGL

Etiem Textil SL

Sede de inditex arteixo

Sede central de Inditex

Muiño de vento inditex arteixo

Aeroxerador de Inditex

La Voz de Galicia Sabón

Sede central do Grupo Voz

Patatas Bonilla a la Vista Sabón

Fábrica de patacas fritas e chocolates Bonilla a la Vista

Leyma Central de Sabón Arteixo

Factoría de lácteos Leyma

Teais Sabón Arteixo

Pinturas Teais

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-551

A AC-551 é unha estrada da rede primaria básica dependente da Xunta de Galicia. Une a A-6 e a AG-55 (saída 7) coa AC-552, a AC-415 e o polígono industrial de Sabón mediante 1,26 quilómetros de percorrido que se desenvolven na súa totalidade no concello de Arteixo.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Campo Municipal Ponte dos Brozos

O Campo Municipal Ponte dos Brozos é unha instalación deportiva dedicada á práctica do fútbol situada nunha área de equipamento deportivo e de educación do Polígono Industrial de Sabón, Arteixo. O seu propietario é o Concello de Arteixo e nel xoga os seus partidos como local o Atlético Arteixo.

Dispón dun terreo de xogo de herba natural de 100 x 62 metros; conta ademais cunha bancada cuberta con capacidade para unhas 2.000 persoas, aparcamento e outro campo anexo de herba artifical.

FerroAtlántica

FerroAtlántica é unha empresa galega con sede en Madrid, no edificio Torre Espacio. A empresa é o primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaliaxes co 15 % do mercado mundial. Ten 15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Suráfrica, unha en Venezuela e outra en China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano.

Industria

A industria é un proceso de transformación de materias primas en produtos elaborados. Por extensión, conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.

Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ó que comunmente se denomina artesanía, a diferenza fundamental entre ambas estriba principalmente en que mentres o artesán realiza por si mesmo todas as operacións necesarias para obter o produto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.

Para que o sistema así concibido funcione correctamente é necesaria a intercambiabilidade, é dicir, os produtos obtidos en cada etapa deben cumprir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte.

En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas na súa especie, a industria dedícase a clonar indefinidamente un determinado produto. A recente introdución da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara á fabricación de produtos á carta, de modo que o consumidor se figure que adquiriu un produto exclusivo.

Tamén se coñece como industria ó conxunto de actividades económicas clasificadas no sector secundario.

Industrias Motrices Españolas

Industrias Españolas Motrices SA curto IMESA, foi un fabricante galego de automóbiles.

Inspección Técnica de Vehículos

A Inspección Técnica de Vehículos (ITV) é un tipo de mantemento legal preventivo en que un vehículo é inspeccionado de forma periódica por un ente certificador, o cal verifica o cumprimento das normas de seguridade e emisións contaminantes que lle sexan aplicables. Nalgunhas lexislacións cómpre que un vehículo aprobe a ITV para poder ser matriculado ou para renovar a licenza ou patente. Dita aprobación acredítase mediante un certificado emitido pola entidade a cargo da inspección, e nalgúns casos adicionalmente adhírese un distintivo no parabrisas, na placa patente ou noutro lugar do vehículo onde resulte visible, a fin de facilitar a fiscalización. Nalgúns países a inspección realízase en talleres ambulantes en diferentes puntos das cidades.

Leyma

Leyma (Leche y Mantequilla) é unha empresa galega do sector lácteo. Ten as súas instalacións en Arteixo, e actualmente pertence ao grupo Leite Río.

Museo de Artes Gráficas do Grupo Voz

o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, anteriormente coñecido como Museo de Artes Gráficas do Grupo Voz é un museo adicado ao xornalismo do concello de Arteixo (situado na sede central da Corporación Voz de Galicia, no Polígono Industrial de Sabón), na área metropolitana da cidade da Coruña (Galiza).

Oseiro, Arteixo

San Tirso de Oseiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE de 2016 tiña 5.283 habitantes (2.681 homes e 2.602 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.792 habitantes.

En 1965 creouse o Polígono Industrial de Sabón.

Ramón Conde

Ramón Ángel Conde Bermúdez, nado en Ourense o 18 de decembro de 1951, é un escultor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.