Polígono industrial de Morás

O polígono industrial de Morás é unha zona industrial en construción situada na parroquia de Morás, concello de Arteixo, no cruzamento da AG-55 e a A-6. O polígono non ten actividade nin empresas.

Coordenadas: 43°18′10.8″N 08°29′05″O / 43.303000, -8.48472

Historia

Polígono de Morás Arteixo
Vista do polígono de Morás en 2018.

No ano 2005 a Xunta de Galicia, a través de Xestur[1], aprobou un proxecto para desenvolver en tres fases o que habería ser a maior bolsa de solo industrial do país, cuns 9.000.000 de metros cadrados de superficie. En 2008 comezaron as obras da primeira fase, nas que se debían urbanizar uns 1.500.000 m2, porén en maio de 2012, após un investimento final de 80.000.000 de euros (o que supoñía o triplo do presupostado), a Xunta sacou 375.497 m2 a un concurso público que rematou deserto.[2]

En 2013 padeceu outro revés ao declararen as administracións estatais o veciño polígono industrial de Vío como Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) vinculada ao porto exterior da Coruña, recoñecemento que inicialmente se esperaba para Morás dada a súa situación estratéxica, dimensións e capacidade de expansión[3].

En marzo de 2017 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba un investimento de 4.000.000 € para rematar as obras de urbanización da primeira fase e descontos no prezo das parcelas para lle dar un novo impulso á infraestrutura, así como a intención de mellorar a estrada de acceso, dependente da Deputación da Coruña.[4]

A finais de 2018 Estrella Galicia anunciou a compra de 500 mil metros cadrados no polígono de Morás para construír unha fábrica de cervexa.[5] Alumán mercou unha parcela de 100 mil metros cadrados.[6]

Accesos

Notas

  1. "PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA" (PDF). Instituto Galego de Vivenda e Solo. Consultado o 2017-05-07.
  2. La Opinión de A Coruña. "El desierto del polígono de Morás". Consultado o 2017-04-29.
  3. La Opinión de A Coruña. "Caramelo: Adiós al único oasis en el desierto de Vío". Consultado o 2017-04-29.
  4. Europa Press (2017-03-28). "Feijóo compromete una inversión de 4 millones para urbanizar el polígono de Morás". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-04-29.
  5. "Estrella Galicia construirá en Arteixo una de las mayores fábricas de cerveza de Europa".
  6. "Aluman prepara su desembarco en Morás explanando la mayor parcela".
Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Polígono industrial de Sabón

O Polígono Industrial de Sabón é unha zona industrial situada na parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo. Leva o nome da aldea de Sabón e foi posto en funcionamento en 1965, aínda que as primeiras empresas non se instalaron até a década de 1970.

Polígono industrial de Vío

O polígono industrial de Vío é unha zona industrial e loxística duns 680 000 metros cadrados situada no lugar de Vío, no concello da Coruña. Non ten actividade de ningún tipo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.